Río Louro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Louro
Ponte de Orbenlle, San Salvador de Budiño, O Porriño.jpg
Ponte de Orbelle sobre o río Louro no camiño de Santiago.
País Galicia Galicia
Lonxitude 30 km
Caudal medio 8,44 m³/s
Desembocadura Río Miño

O río Louro é un afluente do Miño, no seu tramo final, pola súa marxe dereita. Ten todo o seu percorrido na provincia de Pontevedra. Ao longo do seu percurso atravesa os concellos de Pazos de Borbén, Mos, Redondela, Porriño e Tui.

Topografía[editar | editar a fonte]

Nace a 400 metros de altitude, no concello de Pazos de Borbén, e desemboca no Miño en Pazos de Reis, xa no concello de Tui. A lonxitude total do río é de 30 km, e a súa conca cobre uns 174 km² de superficie.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

As características xeolóxicas do val explican a orixe da formación do ecosistema das gándaras de Budiño, formado por pequenas lagoas illadas, zonas inundables e bosques de ribeira. As gándaras teñen unha superficie de 834 hectáreas cun clima atlántico que favorece a variedade de especies de flora e de fauna. Pódense atopar aquí máis de 150 especies de vertebrados, 12 de réptiles e máis de 135 de aves. [Cómpre referencia]

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

O río Louro aproveita unha fractura N-S na Depresión Meridiana, dando lugar ó val da Louriña. Recolle os aportes de numerosos regos procedentes da serra do Galiñeiro. O subsolo do fondo do val está composto de arxilas e areas mal drenadas, o cal, unido a un relevo moi tendido, produce fenómenos de impregnación. [Cómpre referencia]

Medio ambiente[editar | editar a fonte]

Río Louro ao seu paso polo Porriño, baixo a ponte da PO-331; á dereita, albergue xacobeo do camiño portugués.

A zona da Louriña foi elixida para localizar o Plan de Desenvolvemento Vigo-Porriño, que é un dos factores causantes da contaminación do río, xunto con a explotación industrial de canteiras de granito. O louro convértese nun dos ríos máis contaminados de Galicia tras o seu paso polo polígono do Porriño.[1]

O acordo asinado en 1994 entre o Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño e a Xunta de Galicia prevía a realización de obras de saneamento na cunca do río Louro. Estas obras tiñan por obxecto a recollida dos vertidos urbanos e industriais dos núcleos máis importantes das cuncas do río Louro, do río Caselas e do río Miño entre as confluencias dos ríos Caselas e San Martiño para seren tratados na estación depuradora de Guillarei. No 2001 amplíase o acordo para acometer a interceptación de augas residuais no Porriño e nos ríos Caselas e Seixal. Considérase que estas infraestruturas contribuirán a facer posible o mantemento da vida piscícola do río Louro.[2]

Aproveitamento[editar | editar a fonte]

O réxime do Louro é de tipo pluvial. As precipitacións medias na súa conca atinxen os 1.783 mm anuais, e pode superar os 2.000 mm na súa zona suroccidental. Ten un caudal medio de 8,44 m³/s.

Notas[editar | editar a fonte]