Saltar ao contido

Rapa das bestas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A rapa das bestas de Sabucedo.

A rapa das bestas é o nome da operación que consiste en cortar a crina dos cabalos que se realiza nos curros celebrados en varias localidades do territorio galego.

A máis coñecida é a rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, que dura tres días: o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. De feito, dálle nome á celebración e así fálase da rapa das bestas de Sabucedo, mentres que na maioría dos lugares fálase de curro -o nome do recinto pechado no que se recollen os cabalos.

Principais rapas das bestas

[editar | editar a fonte]
Lugar Concello data
Curro da Valga Oia 2º domingo de maio
Curro de Torroña Oia 1º domingo de xuño
Curro de Mougás Oia 2º domingo de xuño
Curro de Morgadáns
(monte Galiñeiro)
Gondomar 3º domingo de xuño
Curro de San Cibrán
(Donas)
Gondomar 4º domingo de xuño
Curro da Capelada Cedeira derradeiro domingo de xuño
Curro de Campo do Oso A Pastoriza e Mondoñedo derradeiro domingo de xuño
Curro de Paiosaco A Laracha 1 de xullo
Rapa das bestas de Sabucedo A Estrada 1º sábado de xullo e os dous días seguintes
Curro de Candaoso
(montes de Buio, Santo André de Boimente)
Viveiro 1º domingo de xullo distinto do día 1
Curro de Amil Moraña 2º domingo de xullo
Curro de Monte Castelo Cerdedo-Cotobade 2º domingo de xullo
Curro das Cañizadas A Pobra do Caramiñal 2º domingo de xullo / día 12 ou 19
O Galiñeiro Gondomar 2º domingo de xullo
Curro de San Tomé O Valadouro 1º domingo de agosto
Curro de Couselo Cuntis 1º domingo de agosto
Curro de Paradanta,
Luneda
A Cañiza 4º domingo de agosto
Curro da Escusa Armenteira finais de agosto ou comezos de setembro

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]