Vía Ártabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vía ártabra»)
A VG-1.3 forma parte da Vía Ártabra

A Vía Ártabra é un corredor para vehículos no Arco Ártabro dependente da Xunta de Galicia, concibido para canalizar cara á AP-9 o crecente tráfico xerado polas zonas rururbanas e barrios dormitorio de Oleiros, Sada e norte de Cambre, así como para desconxestionar a N-VI e as estradas das redes primaria complementaria, secundaria e provincial que integran a trama viaria deses concellos.

Consta dun tronco central, conformado pola AG-13 (parcialmente en servizo), a partir do cal xorden ramificacións para dotar de accesos e/ou circunvalar asentamentos de poboación e comerciais-industriais que conforman a área metropolitana da cidade da Coruña. As dúas principais ramificacións son a VG-1.3, xa en servizo e que da continuidade á AG-13 cara ao norte, e a vía de acceso e variante de Sada, pendente dos estudos informativos e de impacto ambiental desde febreiro de 2015[1] mais sobre o que xa se leva a traballar desde 2012[2].

Canda estas novas vías de alta capacidade, e como parte integrante do corredor, foron construídas dúas novas estradas pertencentes á rede primaria básica: a AC-526 (Acceso ao porto de Lorbé, considerado como o "treito III" da Vía Ártabra[3]) e a AC-527 (Variante de Oleiros). Asemade, fixéronse conexións coas estradas AC-163, DP-5815, AC-183 DP-7508, DP-5812, DP-1707, DP-5813 e N-VI, onde remata a AG-13 en espera da súa prolongación cara a AP-9.

Adicionalmente, os concellos da zona veñen reclamando desde hai anos que o proxecto se estenda até a A-6 para dotar de maior utilidade esta infraestrutura. O feito é que nos seus primeiros anos de posta en funcionamento, a Vía Ártabra vén amosando uns índices de tráfico por debaixo do agardado.[4][5] Se ben o proxecto inicial si tiña prevista esta conexión[6][7][8], en 2010 a Xunta de Galicia tomou a decisión de suprimir a continuación deste corredor de alta capacidade até a A-6, inicialmente prevista, por motivos económicos.[9] Porén en 2017, desde a Axencia Galega de Infraestruturas, volvían deixar aberta a posibilidade dunha futura conexión coa autovía do Noroeste.[10]

Tramos e denominacións[editar | editar a fonte]

Denominación Tramo Lonxitude (km) Estado
 AC-526  Porto de Lorbé -  VG-1.3  Veigue 1,1 En servizo desde abril de 2017[11]
 VG-1.3   AC-526  Veigue - Meirás 3,2 En servizo desde febreiro de 2012[12]
 VG-1.3  Meirás -  AG-13  3,0 En servizo desde setembro de 2013[6]
Acceso a Sada Porto de Fontán -  AG-13  5,6[13] En estudo informativo e impacto ambiental desde xullo de 2015[1]
 AG-13   VG-1.3  -  N-VI  2,0 En servizo desde setembro de 2013[6]
 AG-13   N-VI  -  AP-9  3,6 Exposición pública do proxecto construtivo desde febreiro de 2017[14]
 AC-527   AG-13  -  DP-1707  1,1 En servizo desde setembro de 2013[6]
 AC-527   DP-1707  -  DP-5813  0,7 En servizo desde xullo de 2012[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Romero, Daniel. "La Xunta hará un nuevo estudio para reducir el impacto de la Vía Ártabra en el castillo de Fontán". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 2017-08-10. 
  2. "Sada mantiene el túnel de Fontán para conectar el núcleo con la vía ártabra". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2017-08-10. 
  3. "A Xunta abre este luns ao tráfico a nova estrada de acceso ao Porto de Lorbé". Xunta de Galicia. 2017-04-01. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 2017-05-08. 
  4. Iván Aguiar (09.02.2015). "La vía ártabra es la carretera de la red principal de la Xunta que tuvo menos tráfico en 2014". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2017-08-10. 
  5. Aguiar, Iván. "Unos 3.000 coches utilizan la vía ártabra, un 80% menos de lo previsto por la Xunta". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2017-05-08. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Axencia EFE (06.09.2013). "Inaugurado el nuevo tramo de la vía Ártabra". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2017-08-10. 
  7. Europa Press (07.11.2008). "En el puerto de Lorbé se iniciará el primer tramo de la nueva vía Ártabra". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 2017-08-10. 
  8. "La Xunta invierte 71 millones en la construcción de un tramo de la Vía Artabra y otro de la Variante de Marín". Atlántico (en castelán). Consultado o 2017-08-10. 
  9. Juan Torreiro (2010-10-23). "«Cambre debe definir el trazado de la vía Ártabra en su territorio»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-08. 
  10. "A Xunta garante a conexión da AP-9 coa Vía Ártabra na Gándara como a alternativa de maior seguridade viaria e menor afección". Xunta de Galicia. 2017-04-06. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 2017-05-08. 
  11. La Opinión de A Coruña. "La Xunta abre al tráfico el acceso al puerto de Lorbé, que fue adjudicado en 2009". Consultado o 2017-05-08. 
  12. M. Villar. "Sin autoridades para el tramo de Lorbé". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2017-05-08. 
  13. "Plan MOVE 2009-2015" (PDF). Concello da Coruña. Consultado o 16.08.2017. 
  14. M. Villar (10.02.2017). "La vía ártabra conectará con la autopista en A Gándara y costará 37,7 millones". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2017-08-10. 
  15. S. Acosta (2012-07-01). "La Xunta inaugura 700 metros de la variante de Oleiros". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-10.