Meirás, Sada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Meirás
Pazo de Meirás 05.jpg
Concello Sada
Poboación 1.097 hab. (2013)
Entidades de poboación 19

San Martiño de Meirás é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Sada. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.097 habitantes (551 mulleres e 546 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 703 habitantes.

Orogaficamente, é a parroquia máis elevada do concello, se ben non chega a superar os 170 m en Muíño do Vento.

A súa poboación dedicouse tradicionalmente á agricultura, coma demostra o Catastro de Ensenada no 1752.

Historia[editar | editar a fonte]

No 1812, co nacemento do concello de Sada, incorporouse a el. Durante a II República existiu unha importante actividade sindical, coa creación da Asociación Agraria de Meirás e o Sindicato de Profesiones Varias de Meirás. Este último, de filiación cenetista, mantería un longo e intenso conflito cun propietario local, José Gayoso, polo control dunhas terras arrendadas a dúas familias campesiñas e ás que lles quería incrementar a renda. Os veciños tomarían a leira pola forza, sendo desaloxados en numerosas ocasións polos gardas de asalto e, algúns deles, encarcerados. Finalmente, o párroco Benigno Mayo, que favorecera coas súas actuacións a Gayoso, sería expulsado da parroquia e a casa reitoral tomada. Vencellada ao Sindicato, cabe destacar a creación no 1933 do Centro de Estudios Sociales Generación Consciente, unha agrupación cultural que tiña por finalidade xuntar unha biblioteca, realizar conferencias e artellar unha escola libre.

Coa sublevación militar do 1936 desataríase unha fera represión, sendo asasinados dous sindicalistas (Antonio Carballeira Muñiz e Manuel Prego Chas) e habéndose de agochar moitos outros por meses ou incluso anos. No 1937, Pedro Barrié de la Maza e outros empresarios constituirían unha Junta Pro Pazo del Caudillo, co obxecto de mercar as Torres de Meirás aos herdeiros da Condesa de Pardo Bazán e regalarllas ao ditador. Asemade, os fondos para a compra conseguiríanos mediante unha forzosa "subscrición popular", obrigando os veciños a pagar mediante a coacción. Para ampliar os terreos do pazo expropiaríanse, con ridículas indemnizacións ou sen elas, os terreos lindeiros ao mesmo, incluída unha vivenda. Logo, coa chegada de Franco, Meirás cobraría un protagonismo que, en todo caso, nunca supuxo beneficio algún para os seus habitantes.

No ano 1978, o rei Juan Carlos I concedeu á muller do ditador, Carmen Polo, o señorío de Meirás. Hoxe en día desatouse un importante movemento para a recuperación do inmoble e a súa devolución ao pobo, xa que a súa adquisición foi totalmente ilícita.[1]

Patrimonio arquitectónico[editar | editar a fonte]

  • Castro de Meirás
  • Torres ou Pazo de Meirás
  • Capela neogótica do convento de Meirás
  • Cruceiro de Meirás
  • Muíño de vento
  • Diversas mostras de arquitectura popular

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Meirás[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Meirás no concello de Sada (A Coruña)

As Agras | A Cañota | Cimás | O Cruceiro | A Encrucillada | Muíño do Vento | O Pé do Muíño | Peredo | Piñeiro | O Redondo | A Regueira | Senra | Souto da Igrexa | Os Tornos | Torrón | Tumbadoiro | A Valía | O Valo | Vilar

Parroquias de Sada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Sada

Carnoedo (Santo André) | Meirás (San Martiño) | Mondego (San Xián) | Mosteirón (San Nicolao) | Osedo (San Xián) | Sada (Santa María) | Soñeiro (San Xián) | Veigue (Santa Comba)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]