Transportes Urbanos de Santiago S. A.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Tussa")

Transportes Urbanos de Santiago S. A. (Tussa) é unha empresa de transportes compostelá, responsable do transporte público urbano nesa cidade, así como da xestión de varios aparcamentos públicos da cidade. A empresa ten en réxime de concesión un total de 22 liñas, que prestan servizo á cidade e áreas limítrofes, mesmo con zonas de concellos da Área metropolitana de Santiago de Compostela.

Liñas[editar | editar a fonte]

Liñas urbanas[editar | editar a fonte]

As liñas urbanas prestan servizo entre diferentes puntos da cidade. A frecuencia destas liñas vai desde os 12 minutos ata os 60, dependendo da liña, e son as seguintes:

  • 1 : Cemiterio de Boisaca - Hospital Clínico
  • 4 : Romaño - As Cancelas
  • 5 : Vite - A Rocha
  • 6 : San Marcos - Os Tilos
  • 7 : Rúa de Valle-Inclán - Aríns
  • 8 : Camiño dos Vilares - Vidán
  • 9 : Casas Novas - Cidade da Cultura
  • 12 : Os Tilos - Hospitais
  • 13 : Belvís - Xeneral Pardiñas
  • 15 : Campus Norte - Campus Sur

Liñas circulares[editar | editar a fonte]

Estas liñas conectan diferentes barrios cos hospitais e nós de comunicación:

  • C2 : Estación de autobuses - Fontiñas - Hospital Provincial - Hospital Clínico – Vite - Estación de autobuses
  • C4 : Estación de autobuses - Vite - Hospital Clínico - Hospital Provincial - Fontiñas - Estación de autobuses
  • C5 : Polígono Costa Vella - Amio - Praza de Galicia - Restollal - Amio - Polígono Costa Vella
  • C6 : Polígono Costa Vella - Amio - Restollal - Hórreo - Amio - Polígono Costa Vella
  • C11 : Circular de Fontiñas

Liñas interurbanas[editar | editar a fonte]

Estas liñas parten de distintos puntos da cidade e ofrecen servizos a zonas situadas fóra da cidade, pero que polo seu nivel de poboación, fan necesario que teñan un servizo de transporte que as comunique co centro da cidade:

  • P1 : Estación de autobuses - Folgoso
  • P2 : Estación de autobuses - Ortoño
  • P3 : Rúa de Valle-Inclán - A Susana
  • P4 : Praza de Galicia - A Sionlla
  • P6: Rúa da Rosa - Polígono do Tambre
  • P7 : Porta do Camiño - A Peregrina / Grixoa / Miramontes / Pardaces
  • P8 : Rúa de Valle-Inclán - Reborido

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]