Saltar ao contido

Os Tilos, Teo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Tilos
Igrexa dos Tilos
ConcelloTeo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°50′28″N 8°32′33″O / 42.84123048, -8.54263442
Área0,42 km²
Poboación2.358 hab. (2024)
Densidade5.614,29 hab./km²
Entidades de poboación2[1]
[ editar datos en Wikidata ]

San Francisco de Asís dos Tilos[2][3] é unha parroquia eclesiástica que se localiza no noroeste do concello de Teo. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 2358 habitantes (1136 homes e 1222 mulleres), o que supón unha diminución en relación a 2018, cando tiña 2387 habitantes[2].

É a máis recente das parroquias do concello. Foi creada no ano 1993 por causa do aumento de poboación ocasionado pola construción da Urbanización Os Tilos cerca do concello de Santiago de Compostela[4]. A parroquia eclesiástica dos Tilos foi establecida polo Decreto do 6 de agosto de 1990 do arcebispado de Santiago[5].

Ao ser de creación recente, está parroquia non aparece no Nomenclátor de Galicia de 2003[6].

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares dos Tilos

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia dos Tilos no concello de Teo (A Coruña)

Montouto | Os Tilos

Parroquias de Teo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Teo

Bamonde (Santa María) | Cacheiras (San Simón de Ons) | Calo (San Xoán) | Lampai (Santa María) | Lucí (Santa Mariña) | Luou (Santa María) | Oza (Santa Baia) | Rarís (San Miguel) | Recesende (San Xoán) | Reis (San Cristovo) | Teo (Santa María) | Os Tilos (San Francisco de Asís) | Vilariño (San Tomé)

  1. 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. 1 2 "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-12-24.
  3. "Información Xeográfica de Galicia". mapas.xunta.gal. Consultado o 2025-12-24.
  4. "Historia de Teo Arquivado 07 de marzo de 2017 en Wayback Machine.". Páxina web oficial do Concello.
  5. Páxina oficial do concello de Teo Arquivado 11 de marzo de 2016 en Wayback Machine., parroquias do concello.
  6. "Busca directa - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2025-12-24.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]