Trofeo Teresa Herrera Feminino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Trofeo Teresa Herrera feminino»)
Trofeo Teresa Herrera Feminino
Fundación2013
RexiónGalicia Galicia
Número de equipos2
Actual campiónsGalicia Deportivo da Coruña
Club máis exitosoVictoria CF, Athletic Club e Deportivo da Coruña (2 títulos)
Páxina webPáxina oficial
Trofeo Teresa Herrera Feminino 2022

O Trofeo Teresa Herrera Feminino é un torneo de fútbol feminino de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Coruña, desde 2013.

Historia[editar | editar a fonte]

O torneo naceu en 2013, organizado polo Concello da Coruña, como a versión feminina do histórico Trofeo Teresa Herrera que levaba disputándose dende 1946.[1] A primeira edición enfrontou a dous equipos coruñeses, o Victoria CF e o Orzán SD, o 7 de outubro de 2013 no campo Rodrigo García Vizoso da Grela. Gañou por 3 goles a cero o Victoria,[2] que revalidou o título ao ano seguinte fronte ao Boavista FC portugués, xa en Riazor.[3]

En 2015 participou por primeira vez un equipo da Primeira División, o Rayo Vallecano, que goleou por 7-0 ao Victoria CF.[4] Ao ano seguinte a gran novidade foi o Deportivo da Coruña Feminino, unha sección do club que se acababa de recuperar despois de décadas de ausencia. As branquiazuis conseguiron o título despois de derrotar na quenda de penaltis ao Villarreal.[5] En 2017 e 2018 as vencedoras foron as xogadoras do Athletic de Bilbao, derrotando pola mínima nas dúas ocasións ao Deportivo, que caeu tamén en 2019 fronte ao UD Granadilla Tenerife (1-5).

En 2020 a pandemia de COVID-19 paralizou as competicións deportivas en case todo o mundo e cando estas regresaron fixérono a porta pechada ou con importantes restricións de capacidade. Con esta situación parecía que o ano remataría sen Teresa Herrera, pero en decembro anunciouse que, ao igual que o trofeo masculino, o feminino celebraríase o día 20, entre o Victoria CF e o Deportivo Feminino B, debido a que o primeiro equipo tiña partido de liga.[6][7] O triunfo foi para o filial branquiazul despois de empatar a un gol e chegar aos penaltis.[8]

Edicións[editar | editar a fonte]

Ano Campión Final[n 1] Subcampión
I 2013 Galicia Victoria CF 3−0 Galicia Orzán SD
II 2014 Galicia Victoria CF 2−1 Portugal Boavista FC
III 2015 España Rayo Vallecano 7−0 Galicia Victoria CF
IV 2016 Galicia Deportivo da Coruña 2−2 (4−3) España Villarreal
V 2017 España Athletic Club 1−0 Galicia Deportivo da Coruña
VI 2018 España Athletic Club 1−0 Galicia Deportivo da Coruña
VII 2019 España UD Granadilla Tenerife 5−1 Galicia Deportivo da Coruña
VIII 2020 Galicia Deportivo da Coruña B 1-1 (5−3) Galicia Victoria CF
XIX 2021 Portugal Valadares Gaia 0−0 (5−4) Galicia Deportivo da Coruña
X 2022 Galicia Deportivo da Coruña 2−2 (5−3) Portugal Famalicão
  1. En pequeno, resultado da quenda de penaltis.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Equipo Títulos Anos
Galicia Victoria CF 2 2013, 2014,
España Athletic Club 2 2017, 2018
Galicia Deportivo da Coruña 2 2016, 2022
España Rayo Vallecano 1 2015
España UD Granadilla Tenerife 1 2019
Galicia Deportivo da Coruña B 1 2020
Portugal Valadares Gaia 1 2021

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Victoria y Orzán se juegan el primer Teresa Herrera de fútbol femenino"". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 9 de marzo de 2021. 
  2. "El Victoria se adjudica el I Teresa Herrera de fútbol femenino al vencer al Orzán por 3-0" (en castelán). 9 de outubro de 2013. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  3. "Las chicas del Victoria conquistan el Teresa Herrera femenino ante el Boavista luso". Diario de Pontevedra (en castelán). 10 de agosto de 2014. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  4. "El Victoria cede el Teresa Herrera femenino al Rayo Vallecano". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de agosto de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  5. "Os penaltis dan o Trofeo Teresa Herrera ao Deportivo Feminino A". 9 de agosto de 2016. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  6. "Dépor ABANCA B y Victoria se enfrentarán en el Teresa Herrera Femenino" (en castelán). 15 de decembro de 2020. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  7. "O Teresa Herrera regresa ás súas orixes no seu 75 aniversario". Deportivo da Coruña. 14 de decembro de 2020. Consultado o 29 de decembro de 2020. 
  8. "O Dépor ABANCA B, vencedor do VIII Teresa Herrera Feminino". 20 de decembro de 2020. Consultado o 8 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]