Castelo de Vilalba
- Non confundir co Castelo de Andrade de Pontedeume, A Coruña.
- Non confundir co Torreón dos Andrade, tamén en Pontedeume.
Castelo de Vilalba | |
---|---|
ben de interese cultural e parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |
Concello | Vilalba |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 43°17′54″N 7°40′58″O / 43.2982, -7.68274 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | ? (século XVI) |
Estilo actual | ? (século XVIII) |
Estado actual | Parador Nacional |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Torre do Castelo dos Andrade ou Torre dos Andrade é o que queda do Castelo de Vilalba, construción que tivo as súas orixes na familia dos Castro no século XI. A imaxe actual é resultado da reconstrución feita no século XV polo conde de Vilalba Diego de Andrade.
Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949,[1] ratificado en normativa posterior.[2]
Situación
[editar | editar a fonte]Sitúase no casco urbano de Vilalba, a carón da praza e igrexa de Santa María.
Historia
[editar | editar a fonte]A elección do lugar para a súa construción baseouse no valor estratéxico da localización xa que no lugar confluían o Camiño do Norte e o antigo Camiño Real de Betanzos e A Coruña.
Durante unha boa parte da Idade Media a vila de Vilalba pertenceu a familia dos Castro. Durante a guerra civil entre Henrique II de Trastámara e Pedro I este dooulle a vila ao naquel momento o seu aliado Fernán Pérez de Andrade, O Boo. Fernán abandonou a causa petrista e puxo a salvo das forzas inimigas na fortaleza de La Rochele ao finalmente vitorioso Henrique II. Unha vez vitorioso o rei outorgou ao Andrade, entre outras moitas posesións, o señorío da vila.
No século XV os Irmandiños atacaron o castelo do señor de Vilalba Nuno Freire de Andrade, o Mao derrubándoo. O edificio non foi reconstruído ata que os Reis Católicos lle concederon o condado de Vilalba a Diego de Andrade.
Anos máis tarde o castelo retornou ao patrimonio dos Castro por mor do casamento entre Teresa de Andrade, neta de Diego de Andrade, e Fernando Ruiz de Castro Osorio da casa de Lemos.
No século XVIII foi obxecto de novas reformas.
Na década de 1960 foi habilitado para a súa explotación económica como Parador de turismo, sendo o máis pequeno de toda a rede. Inicialmente foi un parador de 3 estrelas con 6 habitacións. Recentemente ampliouse cun edificio anexo con 42 novas habitacións, mantendo o equilibrio coa contorna e adquirindo a categoría de 4 estrelas[3].
Descrición
[editar | editar a fonte]A estrutura do antigo castelo era de planta poligonal rodeada por unha muralla. A fortaleza tiña tres torreóns, un deles comunicado a través dunha ponte levadiza.
A actual torre é de planta octogonal. Trátase da antiga torre da homenaxe do castelo. Levántase en cachotaría de xisto e reservando o uso do granito para os remates e elementos decorativos (ameas e xambas de portas e ventás).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Decreto de 22 de abril de 1949 sobre protección de los castillos españoles" BOE n.º 125, 5/5/1949 (en castelán).
- ↑ "Relación de Bens de Interese Cultural de Galicia" Xunta de Galicia, 1/10/2012.
- ↑ Parador Nacional Condes de Vilalba en Proxecto ARGA: Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Vilalba |