Saltar ao contido

Serra do Courel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSerra do Courel
Imaxe
Tipocordilleira
montaña Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaProvincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°35′00″N 7°10′00″O / 42.58333, -7.16667
Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós, no concello de Quiroga na serra do Courel.

A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo que se estende polos concellos de Folgoso do Courel e Quiroga, na Comarca de Quiroga.

Topónimo

[editar | editar a fonte]

A etimoloxía é descoñecida aínda que semella ter unha orixe galaica. Algúns relaciónano co latín: quadru, quadra a partir do diminutivo quadrellu, quadrella que dá o portugués courelo: ‘nesga de terra de cultivo’. Mais está documentado o topónimo Courel dende o ano 1000. Por iso considérase que podería ser unha voz prerromana ligada á orografía.[1]

Localización e características

[editar | editar a fonte]

Ten unha extensión de 21.020 ha con fortes variacións de altitude, que van dende os 400–500 m no val do río Lor a máis de 1600 m nos puntos máis altos como monte Montouto, monte Formigueiros (1643 m) ou o pico de Pía Paxaro (1610 m). O río Lor e os seus afluentes forman ricos vales con diversos ecosistemas que fan que esta serra sexa a reserva botánica máis importante de Galiza. A poboación da zona é escasa e está moi esparexida, de xeito que os núcleos de poboación son moi numerosos e pequenos.Tamén ten importancia a nivel faunístico sendo unha das áreas do país onde se pode atopar ao oso pardo[2].

A Serra do Courel xunto coa veciña Serra dos Ancares forma parte da Rede Natura 2000 (Ancares-Courel) e atópase protexida por diversas figuras como LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) e ZEC (Zona de Especial Conservación). Amais, no seu interior atópase o Monumento Natural do Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós.

Nunha sima desta serra atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan de Galiza (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de uro (Bos primigenius) achados en todo o país[3].

Estas terras foron un gran referente nas obras de Uxío Novoneyra, poeta e escritor natural de Parada de Moreda.

"Terra de Caurel, aspra e forte, de inxente beleza... Terra brava de lobos e águias; terra outa de fragas e devesas." Á lus do candil, Ánxel Fole.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Artigo Arquivado 28 de agosto de 2018 en Wayback Machine. sobre O Courel no Portal das Palabras da RAG.
  2. SL, POMBAPRESS. "El oso pardo vuelve a repoblar los montes callegos, con casi una docena de ejmeplales en Os Ancares y O Courel". GaliciaPress (en castelán). Consultado o 2024-05-15. 
  3. Descobren no Courel os restos humanos máis antigos de Galicia, La Voz de Galicia, 12 de marzo de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]