Uro (animal)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uro
Ur-painting.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 EX gl.svg
Extinta
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Xénero: Bos
Nome científico
Bos taurus primigenius
Bojanus, 1827
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O uro (Bos primigenius) é un bovino extinto en 1627. Tratábase dun boi de grandes dimensións e comportamento indócil.

Historia[editar | editar a fonte]

O seu hábitat, en épocas prehistóricas, estendíase desde Galiza á Corea e da Siberia á India. Este animal tería sido cazado polos homes no sur e centro de Europa desde a prehistoria, como relatan as pinturas rupestres encontradas nestes lugares. Liñaxes mais dóciles terían sido seleccionadas polas poboacións locais, e terían dado orixe ao boi europeo (Bos taurus). O uro, con todo, xamais sería domesticado, e, após milenios sufrindo coa caza, o último individuo morreu en 1627, nos bosques de Jaktorowka, na Polonia.

Recentemente, tense discutido a separación do uro como variedade distinta do boi doméstico, visto que estudos xenéticos suxiren que pertenceron ambos á mesma especie (Bos taurus).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uro

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Mapa do hábitat orixinal do uro (cor marrón)