Desde o seu nacemento pode accederse desde el ao Dicionario da Real Academia Galega e mantén as seccións Palabra do día, Mira que din, Setestrelo, Palabras asinadas e Pregúntalle á Academia. Ó longo dos anos foi incorporando xogos, novas, ligazóns e descargas. En 2016 incorporou a sección Allos con bugallos.[3]
Tamén promoveu dende o 2014 a elección da Palabra do Ano, cunha votación popular[4].
O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega é o responsábel dos seus contidos.[5]