Xacarandaina
Xacarandaina | |
---|---|
Tipo | Agrupación folclórica |
Campo de traballo | folclore |
Data de fundación | outubro de 1978 |
Director/a artístico | Henrique Peón |
Localización | |
Enderezo | Rúa Historiador Vedía nº3 - 15004. A Coruña |
En | A Coruña |
País | Galicia |
43°21′53″N 8°24′36″O / 43.364766, -8.410113 | |
Na rede | |
http://www.xacarandaina.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xacarandaina é unha asociación cultural, creada na Coruña no ano 1978, coa finalidade de recoller, conservar e transmitir o folclore popular galego.[1][2] A palabra que nomea a agrupación ten dous sentidos, é un sinónimo de festa ou foliada[3] e o nome dunhas antigas polainas empregadas para montar a cabalo.[4]
Foi Premio da Cultura Galega, modalidade Patrimonio Cultural en 2022.[5] Segundo a organización: é "referente da recuperación e catalogación dunha base importante do legado artístico tradicional galego".[6]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A asociación foi fundada en outubro de 1978 por diferentes persoas do ambiente folclórico coruñés. Os seus primeiros directores, Rosi Ares e Lino Rivas, procedían dos agrupación local dos Coros e danzas franquistas, e desa asociación importou Xacarandaina os seus primeiros bailes. Cando no ano 1982 a dirección do grupo pasou ao bailador Henrique Peón, a agrupación comezou a busca dun repertorio propio mediante un intenso traballo de recollas etnográficas.[7]
O primeiro destes traballos de campo tivo lugar en Moldes (Melide), continuando desde aquela até o presente, e desenvolvéndose con especial intensidade nas décadas de 1980 e 1990.[8] Froito deste labor Xacarandaina adquiriu un importante patrimonio de músicas, bailes, danzas, cancións, instrumentos e traxes autóctonos que foi levando aos escenarios, o longo do tempo, en actuacións por todo o mundo.[9] Con eles creou tamén unha unha serie de espectáculos etnográficos de grande formato[10]: Costumes e saberes dun pobo (1992),[11] Unha viaxe por noutrora (1996),[12] Ribeirana (1997),[13] Camiño do Sul (1999),[14] Atruto (2001),[15] Prestixio (2004),[16] Galicien Amerika Line (2012),[17] O poder do arcabuz (2016)[18].
No ano 2019, co gallo do seu 40 aniversario, a agrupación editou un disco con pezas obtidas nas recollidas,[19] e celebrou unha grande gala de celebración no Teatro Colón da Coruña.[20]
En xullo de 2022 a agrupación estreou un novo espectáculo: Endaterra. Un percorrido pola cultura tradicional do itinerario do Camiño Inglés e do Camiño Fisterra-Muxía.[21]
Actividades
[editar | editar a fonte]Escola
[editar | editar a fonte]Xacarandaina comezou ensaiando nunha sala cedida polo concello da Coruña, no edificio "La Terraza" da rúa Juan Flórez. Rematada a concesión adquiriu polos seus propios medios un local na rúa Historiador Vedía, onde realiza actualmente as súas actividades. Na súa escola ensínanse diversas materias relacionadas co folclore galego: baile tradicional, gaita, pandeireta, percusión etcétera.[22]
Grupo
[editar | editar a fonte]A agrupación conta cun grupo de música e baile duns 50 compoñentes, a maioría saídos da propia escola.[2] Por el foron pasando o longo dos anos moitos persoeiros da música galega contemporánea: Mercedes Peón, Pablo e Xabier Díaz, Bieito Romero, Sés, Xurxo Fernandes etc.[8]
O grupo conta con distintas seccións que actúan decote en solitario: unha charanga tradicional,[23] un grupo de cantos de taberna (Os do fondo da barra),[24][25] e un grupo de pandeireteiras[26]. Neste último caso foi Xacarandaina a agrupación folclórica pioneira na súa incorporación, sendo hoxe habitual en todos os grupos galegos, e quen as levou por primeira vez a un estudio de gravación.[27]
Na actualidade conta tamén cun coro propio, a imaxe dos tradicionais coros galegos de finais do século XIX.[28]
Calendario anual
[editar | editar a fonte]Dentro do calendario anual da asociación hai unha serie de actividades fixas:
- Concurso Interno de música e baile. No que actúa o alumnado da escola.
- Concurso de Baile e Música tradicional. Ao que asisten músicos e grupos de todo o país.[29]
- Foliada e Romaría do Lecer. Clausura anual de actividades da asociación, ten lugar no parque de Santa Margarida e consiste nunha foliada nocturna e nunha romaría, no día seguinte, no que actúan tódolos grupos da escola.
- Día da Muiñeira. Celébrase nas rúas da Coruña. Os grupos bailan xuntos tres muiñeiras, de cinco voltas e catro puntos. Suspendeuse a súa celebración na década de 2010.[30]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CanleXacarandaina (2010). Que é Xacarandaina (Youtube).
- ↑ 2,0 2,1 "Historia". Asociación Cultural Xacarandaina. Consultado o 2022-04-08.
- ↑ "Xacarandaina". Dicionario de dicionarios. Consultado o 2022-04-08.
- ↑ Dopico, Montse (2019-07-12). "Entrevista "Quique Peón"". Praza Pública. Consultado o 2022-04-08.
- ↑ Galicia, Xunta de (2022-10-04). "Os premios da Cultura Galega 2022 recaen en Marica Campo, María Victoria Carballo-Calero, Melania Cruz, Música en Compostela, Xosé Manuel Gayoso, Manuel González, Xacarandaina e o programa ConCiencia". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-04.
- ↑ Diario, Nós (2022-10-04). "Os Premios da Cultura Galega recoñecen, entre outros, a Marica Campo, Gayoso e Melania Cruz". Nós Diario. Consultado o 2022-10-05.
- ↑ CanleXacarandaina (2010). Alala Recollidas (Youtube).
- ↑ 8,0 8,1 Salgado, Daniel (06-05-2019). "O museo vivo de Xacarandaina". Nós Diario.
- ↑ Manu (2019). GB Xacarandaina, BG Invernía y BG Forcarei - Le Grand Spectacle - Festival Interceltique Lorient (Youtube).
- ↑ "Os grandes espectáculos consolídanse como xeito de presentar a música tradicional". culturagalega.org. 2008-07-10. Consultado o 2022-04-08.
- ↑ "Costumes e Saberes dun Pobo (1992)". Asociación Cultural Xacarandaina. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "Unha Viaxe por Noutrora (1996-1997)". Asociación Cultural Xacarandaina. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "Ribeirana (1996-1997)". Asociación Cultural Xacarandaina. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "Camiño do Sul (1999-2000)". Asociación Cultural Xacarandaina. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "Atruto (2001-2003)". Asociación Cultural Xacarandaina. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "Prestixio (2004-2008)". Asociación Cultural Xacarandaina. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "Galizien Amerika Linie (2012 - 2015)". Asociación Cultural Xacarandaina. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "O Poder do Arcabuz". Asociación Cultural Xacarandaina. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "40 anos Xacarandaina (2019)". culturagalega.gal. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "Gala 40 Anos de Música Tradicional Xacarandaina". Teatro Colón. Consultado o 2022-04-06.
- ↑ "Xacarandaina estrea espectáculo con 80 artistas en escena". Praza Pública. 2022-07-22. Consultado o 2022-07-22.
- ↑ "Escola". Asociación Cultural Xacarandaina. Consultado o 2022-04-04.
- ↑ Manu (2019). Charanga de Xacarandaina no programa Luar (Youtube).
- ↑ "A recuperación do canto de taberna conta con cada vez máis adeptos no país". culturagalega.org. 2012-03-12. Consultado o 2022-04-08.
- ↑ Manu (2021). Os do Fondo da Barra no programa Luar (Youtube).
- ↑ CanleXacarandaina (2021). Pandeireteiras Xacarandaina (Respira Cultura) (Youtube).
- ↑ "Xacarandaina: A evolución do patrimonio sonoro". culturagalega.gal. 2019-04-11.
- ↑ CanleXacarandaina (2020). Himno Xacarandaina (Gala 40 Anos) (Youtube).
- ↑ "Información (Concursos)". Asociación Cultural Xacarandaina. Consultado o 2022-04-08.
- ↑ "XXVII Día da muiñeira na Coruña". gaiteirosgalegos.gal. Consultado o 2022-04-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xacarandaina - TVG (Alalá nº 47 - 2007).
- Os 40 anos de Xacarandaina - Radio Galega (Diario Cultural - 03/04-2019).