Naisten Liiga 2017-2018

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Naisten Liiga 2017-2018
Naisten Liiga 2017-2018
Liga Naisten Liiga
Deporte Hóckey sobre xeo
Duración de setembro a marzo
Liga regular
Anotador Finlandia Linda Välimäki (Ilves)
Play-offs
Campión Kärpät
Subcampión Ilves
Semifinais Team Kuortane
Naisten Liiga
← 2016–17 2018–19 →

A tempada 2017-2018 da Naisten Liiga foi a 36ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. A liga comezou o sábado 16 de setembro de 2017[1] e concluíu o 4 de marzo de 2018.[2] Pola súa banda os play-offs comezaron o 6 de marzo de 2018 e finalizaron o 4 de abril coa disputa do cuarto partido das finais.

Ao finalizar a tempada as Kärpät revalidaron o título conquistado a tempada precedente logo de derrotar nas finais (1-3) ao Ilves, proclamándonse campioas por terceira vez na súa historia. Pola súa banda o Team Kuortane fixo historia ao conseguir a súa primeira medalla logo de derrotar ás Blues en Espoo (0-5) no partido polo bronce.[3]

Nesta edición participaron un total de oito equipos e non se produciron descensos ao ampliarse a liga ata os dez equipos para a tempada 2018-19 ascendendo os dous mellores equipos da Mestis.

Movementos na liga[editar | editar a fonte]

Cambio de denominación[editar | editar a fonte]

O 21 de marzo de 2017 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo (Suomen Jääkiekkoliitto) anunciou que para a seguinte tempada "Naisten Liiga" pasaría a ser a denominación da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, co obxectivo de elevar o perfil das grandes ligas femininas, ao adoptar a mesma denominación que a liga profesional masculina, denominada simplemente Liiga. O novo nome, así como o logotipo da competición foron presentados en Helsinqui ese mesmo día.[4]

Regreso de Espoo Blues[editar | editar a fonte]

Logo de que o máximo responsable do Espoo United, Jussi Salonoja, anunciara que o club abandonaría todas as súas actividades en categoría feminina,[5] o futuro do equipo feminino de hóckey sobre xeo mantívose incerto e propuxéronse moias solucións posibles, incluída a adquisición do equipo por parte do HIFK[6] ou a fusión con Espoo Blues Juniorit (un club júnior con fortes vínculos coa franquía).[7]

Finalmente, a menos de dúas semanas para o inicio da competición a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunciou que outorgaría a praza do Espoo United a Ysikoppi ry, un equipo de hóckey sobre xeo feminino que pasou a competir na máxima categoría baixo a denominación de "Espoo Blues",[8] que xa fora empregada polo equipo representativo entre 1998 e 2016, así como polo equipo profesional masculino da cidade de Espoo que competiu na máxima categoría ata a súa disolución por motivos económicos en 2016.

Mudanzas nos corpos técnicos[editar | editar a fonte]

Equipo 2016–17 2017–18 Detalles
Pretempada
KJT Juho Outavaaraa Mikko Touronen A finais de abril de 2017 anunciábase que Juho Outavaaraa deixaría de ser o adestrador do KJT para a tempada 2017-18. Outavaaraa fora o adestrador xefe do equipo entre 2015 e 2017, o que o converteu no adestrador máis lonxevo do club. Mikko Touronen pasou a ocupar o posto a partir do primeiro de maio.[9] Touronen viña de dirixir distintos equipos júnior masculinos dos Karhu-Kissat de Helsinqui.[10]

O caso de María Chávez[editar | editar a fonte]

O 16 de xaneiro de 2018 o portal finlandés especializado en hóckey sobre xeo Jatkoaika.com informaba de que o Servizo Finlandés de Inmigración deportara a xogadora mexicana do KJT María Chávez logo de negarlle o permiso de residencia no país. O KJT ao mesmo tempo perdía a súa outra dianteira mexicana, Bertha González, cuxa solicitude do permiso de residencia aínda estaba en proceso no momento da deportación de Chávez pero que decidiu viaxar xunto coa súa compatriota. A decisión do Servizo Finlandés de Inmigración levou ao KJT a iniciar unha iniciativa cidadá para mudar a lei de inmigración do país e así facilitar que atletas de fóra de Europa puidesen xogar e adestrar sen precisar dun contrato de traballo durante a súa estadía no país nórdico.[11]

Estrutura da tempada[editar | editar a fonte]

O Tesoman jäähalli, no distrito de Tesoma (Tampere), foi o escenario do torneo de abertura da competición (avausturnaus).

A tempada 2017-18 comezou co "avausturnaus" (en galego "torneo de abertura") no Tesoman jäähalli de Tesoma (Tampere),[a] disputado durante o sábado 16 e o domingo 17 de setembro de 2017, e no que se reuniron todos os equipos participantes na liga, o que supuxo dous xogos adicionais ao calendario da liga. O torneo naceu para darlle unha maior visibilidade á liga para poder conseguir un público maior e maiores investimentos económicos que puideran mellorar as condicións das xogadoras, dentro da estratexia da dirección do hóckey feminino, creada na tempada precedente do campionato finlandés por representantes dos clubs e da federación, de facer a competición máis atractiva e competitiva, reunindo talento autóctono e foráneo.[12][13][14]

A liga constou dunha liga regular iniciada co "torneo de abertura" e finalizada o 4 de marzo de 2018, na que se xogaron un total de 30 partidos, o que supuxo que cada equipo enfrontouse contra o resto a cuádrupla volta, ademais dos dous partidos disputados na fin de semana inicial.[15][16]

Ao finalizar a liga regular os seis primeiros clasificados disputaron os play-offs. Os dous primeiros equipos da táboa clasificáronse directamente para as semifinais, mentres que os catro restantes tiveron que disputar os cuartos de final.[15] Todas as eliminatorias disputáronse ao mellor de cinco partidos, agás a loita pola medalla de bronce entre os equipos perdedores das semifinais, que se disputou a partido único.[16]

Os dous últimos clasificados non tiveron que disputar fase de permanencia, xa que a liga ampliou o número de equipos participantes ata os 10 para a tempada 2018-19 ascendendo aos dous mellores equipos da Mestis.[15][16]

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

Na primeira tempada baixo a denominación de Naisten Liiga tomaron parte na competición un total de oito equipos, que foron os mesmos protagonistas que na tempada precedente, cando a competición aínda era denominada Naisten SM-sarja.[17] Por rexións, a única que contou con máis dun representante foi a rexión de Uusimaa, con dous (Blues e KJT), o resto de equipos eran das rexións de Ostrobotnia do Sur, Ostrobotnia do Norte, Satakunta, Savonia do Norte, Tavastia Propia e Pirkanmaa. Cinco dos equipos participantes compartían os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (HPK, Ilves, KalPa, Kärpät e Lukko).

Nome Cidade Estadio Adestrador/a Capitá
Blues Espoo Tapiola 2 Sami Haapanen[18] Minnamari Tuominen[19]
HPK Hämeenlinna HML hh Marko Rahikainen[20] Jutta Stoltenberg[21]
Ilves Tampere Tesoman jäähalli Mari Saarinen[22] Linda Välimäki[23]
KalPa Kuopio Niirala Marjo Voutilainen[18] Johanna Juutilainen[24]
KJT Kerava Keravan jäähalli Mikko Touronen[18] Johanna Kemppainen[25]
Kärpät Oulu Raksila Mira Kuisma[26] Isa Rahunen[27]
Lukko Rauma Rauma 1
Rauma 2
Hannu Roos[18] Tiia Koskinen[28]
Team Kuortane Kuortane Kuortaneen jäähalli Jari Risku[3] Sini Karjalainen[29]

Liga regular[editar | editar a fonte]

A tempada da Naisten Liiga comezou co torneo de abertura celebrado no Tesoman jäähalli de Tampere, que abriu de novo as súas portas logo de dous anos nos que foi demolido por problemas de humidades e reconstruído conn capacidade para unhas 1 500 persoas.[30][31] O partido inaugural enfrontou ás xogadoras locais do Ilves co HPK de Hämeenlinna, que se decidiu do lado das visitantes 2-4. O primeiro gol da liga coa súa nova denominación foi obra de Anniina Kaitala no minuto 12:51.[30]

O HPK foi o primeiro equipo en encabezar a competición logo de gañar os seus dous encontros do torneo de abertura, sendo o único equipo que foi quen de sumar tres puntos en cada un dos partidos do torneo.[32] Con todo, logo do parón internacional de outubro e da disputa dos seis primeiros encontros foron as xogadoras do Kärpät e do Ilves as que se fixeron co mando da liga regular,[33] que mantiveron logo de superar o ecuador da tempada, se ben o Ilves contaba cunha ampla vantaxe sobre as xogadoras de Oulu.[34][35]

Entre o 10 e o 22 de febreiro de 2018 tiveron lugar os Xogos Olímpicos de Inverno na cidade surcoreana de Pyeongchang, polo que 12 xogadoras se ausentaron da competición ligueira para xogar coa selección finlandesa,[36] que acabaría por colgarse a medalla de bronce,[37] aínda que moitas xogadoras uníronse aos seus equipos de inmediato para disputar os derradeiros enfrontamentos da liga regular.[38]

Logo de 28 partidos xogados o Ilves asegurouse a primeira posición da táboa na liga regular aproveitando tamén a derrota das Kärpät na casa fronte o Team Kuortane. Deste xeito as de Tampere entraron nas series polo título directamente nas semifinais.[38][39] Finalmente, á conclusión da liga regular a loita pola segunda posición entre as Espoo Blues e as Kärpät decantouse do lado das de Oulu. A clasificación final amosou unha clara distinción entre os equipos clasificados para as series e os dous últimos clasificados, xa que o sétimo clasificado (Lukko, que conseguiu o obxectivo de non finalizar na derradeira posición) tan só conseguiu 9 puntos, isto é 38 puntos menos que o equipo que o precedeu na táboa (KalPa), e o pechacancelas KJT conseguiu tan só 3 puntos, mentres que entre o primeiro e o sexto houbo unha diferenza de 28 puntos, que se reduciron a 9 con respecto do terceiro, 6 co cuarto, e 5 co quinto clasificado.[40][41]

Durante a liga regular Riikka Noronen converteuse na máxima puntuadora histórica do campionato feminino finlandés ao superar os 600 puntos,[42] mentres que Johanna Koivula superou a barreira dos 500 partidos xogados e os 200 goles anotados.[43]

Fonte: Leijonat.fi[44]

Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts
1 Ilves 30 21 5 2 2 139 41 +98 75
2 Kärpät 30 17 4 3 6 147 62 +85 62
3 Blues 30 16 2 4 8 125 74 +51 56
4 HPK 30 16 1 3 10 87 66 +21 53
5 Team Kuortane 30 17 0 1 12 102 73 +29 52
6 KalPa 30 14 2 1 13 112 92 +20 47
7 Lukko 30 3 0 0 27 34 155 -121 9
8 KJT 30 2 0 0 28 24 207 -183 6
Resultados
  1. "HPK vs Ilves (16 setembro)" (en finés). 
  2. "KJT vs Lukko (16 setembro)" (en finés). 
  3. "KalPa vs Kuortane (16 setembro)" (en finés). 
  4. "Blues vs Kärpät (16 setembro)" (en finés). 
  5. "Kärpät vs KalPa (17 setembro)" (en finés). 
  6. "Kuortane vs KJT (17 setembro)" (en finés). 
  7. "Ilves vs Blues (17 setembro)" (en finés). 
  8. "Lukko vs HPK (17 setembro)" (en finés). 
  9. "KJT vs Blues (22 setembro)" (en finés). 
  10. "Blues vs HPK (23 setembro)" (en finés). 
  11. "Ilves vs KalPa (23 setembro)" (en finés). 
  12. "Kärpät vs Kuortane (23 setembro)" (en finés). 
  13. "Lukko vs KJT (23 setembro)" (en finés). 
  14. "HPK vs Ilves (24 setembro)" (en finés). 
  15. "¨Team Kuortane vs Lukko (24 setembro)" (en finés). 
  16. "KalPa vs Kärpät (24 setembro)" (en finés). 
  17. "Ilves vs Lukko (30 setembro)" (en finés). 
  18. "KalPa vs KJT (30 setembro)" (en finés). 
  19. "Kuortane vs Blues (30 setembro)" (en finés). 
  20. "Kärpät vs HPK (30 setembro)" (en finés). 
  21. "KalPa vs HPK (1 outubro)" (en finés). 
  22. "Kärpät vs KJT (1 outubro)" (en finés). 
  23. "Lukko vs Blues (1 outubro)" (en finés). 
  24. "Team Kuortane vs Ilves (1 outubro)" (en finés). 
  25. "HPK vs Lukko (14 outubro)" (en finés). 
  26. "KJT vs Team Kuortane (14 outubro)" (en finés). 
  27. "Ilves vs Kärpät (14 outubro)" (en finés). 
  28. "Blues vs KalPa (14 outubro)" (en finés). 
  29. "Blues vs Lukko (15 outubro)" (en finés). 
  30. "Ilves vs HPK (15 outubro)" (en finés). 
  31. "KJT vs KalPa (15 outubro)" (en finés). 
  32. "Team Kuortane vs Kärpät (14 outubro)" (en finés). 
  33. "HPK vs Blues (21 outubro)" (en finés). 
  34. "KalPa vs Ilves (21 outubro)" (en finés). 
  35. "Kärpät vs Lukko (21 outubro)" (en finés). 
  36. "Blues vs Team Kuortane (22 outubro)" (en finés). 
  37. "KalPa vs Lukko (22 outubro)" (en finés). 
  38. "HPK vs KJT (22 outubro)" (en finés). 
  39. "Kärpät vs Ilves (22 outubro)" (en finés). 
  40. "Ilves vs Blues (18 novembro)" (en finés). 
  41. "HPK vs KalPa (18 novembro)" (en finés). 
  42. "Team Kuortane vs KJT (18 novembro)" (en finés). 
  43. "Lukko vs Kärpät (18 novembro)" (en finés). 
  44. "HPK vs Kärpät (19 novembro)" (en finés). 
  45. "Lukko vs KalPa (19 novembro)" (en finés). 
  46. "Ilves vs Team Kuortane (19 novembro)" (en finés). 
  47. "Blues vs KJT (22 novembro)" (en finés). 
  48. "KalPa vs Ilves (25 novembro)" (en finés). 
  49. "HPK vs Team Kuortane (25 novembro)" (en finés). 
  50. "Kärpät vs Blues (25 novembro)" (en finés). 
  51. "KJT vs Lukko (25 novembro)" (en finés). 
  52. "Kärpät vs Ilves (26 novembro)" (en finés). 
  53. "Lukko vs Team Kuortane (26 novembro)" (en finés). 
  54. "KalPa vs Blues (26 novembro)" (en finés). 
  55. "KJT vs HPK (26 novembro)" (en finés). 
  56. "Lukko vs Blues (2 decembro)" (en finés). 
  57. "HPK vs KalPa (2 decembro)" (en finés). 
  58. "Team Kuortane vs Ilves (2 decembro)" (en finés). 
  59. "KJT vs Kärpät (2 decembro)" (en finés). 
  60. "Blues vs Kärpät (3 decembro)" (en finés). 
  61. "Lukko vs KalPa (3 decembro)" (en finés). 
  62. "Ilves vs KJT (3 decembro)" (en finés). 
  63. "Team Kuortane vs HPK (3 decembro)" (en finés). 
  64. "Ilves< vs Kuortane (8 decembro)" (en finés). 
  65. "Kärpät vs HPK (9 decembro)" (en finés). 
  66. "Lukko vs KJT (9 decembro)" (en finés). 
  67. "Blues vs Team Kuortane (99 decembro)" (en finés). 
  68. "Blues vs Lukko (10 decembro)" (en finés). 
  69. "KalPa vs HPK (10 decembro)" (en finés). 
  70. "Blues vs Ilves (6 xaneiro)" (en finés). 
  71. "KJT vs Ilves (7 xeneiro)" (en finés). 
  72. "Blues vs KJT (13 xaneiro)" (en finés). 
  73. "Lukko vs Ilves (13 xaneiro)" (en finés). 
  74. "Lukko vs Kärpät (14 xaneiro)" (en finés). 
  75. "Ilves vs Blues (14 xaneiro)" (en finés). 
  76. "HPK vs Kärpät (19 xaneiro)" (en finés). 
  77. "Blues vs HPK (20 xaneiro)" (en finés). 
  78. "Lukko vs Team Kuortane (20 xaneiro)" (en finés). 
  79. "Ilves vs Kärpät (20 xaneiro)" (en finés). 
  80. "KJT vs KalPa (20 xaneiro)" (en finés). 
  81. "Blues vs KalPa (21 xaneiro)" (en finés). 
  82. "HPK vs Lukko (21 xaneiro)" (en finés). 
  83. "Ilves vs KJT (21 xaneiro)" (en finés). 
  84. "Team Kuortane vs Kärpät (21 xaneiro)" (en finés). 
  85. "Lukko vs Ilves (27 xaneiro)" (en finés). 
  86. "HPK vs KJT (27 xaneiro)" (en finés). 
  87. "Team Kuortane vs KalPa (27 xaneiro)" (en finés). 
  88. "Kärpät vs Blues (27 xaneiro)" (en finés). 
  89. "KalPa vs Blues (28 xaneiro)" (en finés). 
  90. "Lukko vs HPK (28 xaneiro)" (en finés). 
  91. "Team Kuortane vs KJT (28 xaneiro)" (en finés). 
  92. "HPK vs Ilves (2 febreiro)" (en finés). 
  93. "KalPa vs Team Kuortane (3 febreiro)" (en finés). 
  94. "KJT vs Lukko (3 febreiro)" (en finés). 
  95. "Lukko vs Kärpät (3 febreiro)" (en finés). 
  96. "Ilves vs Lukko (4 febreiro)" (en finés). 
  97. "KJT vs Kärpät (4 febreiro)" (en finés). 
  98. "Team Kuortane vs HPK (4 febreiro)" (en finés). 
  99. "HPK vs Blues (10 febreiro)" (en finés). 
  100. "Team Kuortane vs Lukko (10 febreiro)" (en finés). 
  101. "Kärpät vs KalPa (10 febreiro)" (en finés). 
  102. "Kerava vs Ilves (10 febreiro)" (en finés). 
  103. "Kärpät vs KalPa (11 febreiro)" (en finés). 
  104. "KJT vs Team Kuortane (11 febreiro)" (en finés). 
  105. "Team Kuortane vs KalPa (17 febreiro)" (en finés). 
  106. "KalPa vs Team Kuortane (18 febreiro)" (en finés). 
  107. "KJT vs Blues (23 febreiro)" (en finés). 
  108. "Ilves vs KalPa (24 febreiro)" (en finés). 
  109. "Kärpät vs Team Kuortane (24 febreiro)" (en finés). 
  110. "Lukko vs HPK (24 febreiro)" (en finés). 
  111. "KalPa vs Kärpät (25 febreiro)" (en finés). 
  112. "KJT vs HPK (25 febreiro)" (en finés). 
  113. "Ilves vs HPK (3 marzo)" (en finés). 
  114. "Kärpät vs KJT (3 marzo)" (en finés). 
  115. "Team Kuortane vs Blues (3 marzo)" (en finés). 
  116. "KalPa vs Lukko (3 marzo)" (en finés). 
  117. "Kärpät vs Lukko (4 marzo)" (en finés). 
  118. "HPK vs Team Kuortane (4 marzo)" (en finés). 
  119. "KalPa vs KJT (4 marzo)" (en finés). 
  120. "KalPa vs Lukko (4 marzo)" (en finés). 

Estatísticas das xogadoras[editar | editar a fonte]

Líderes de anotación

Ao final da liga regular Linda Välimäki (Ilves) liderou a táboa de puntuadoras da liga cun rexistro de 30 goles e 28 asistencias para un total de 58 puntos, catro máis que a súa compañeira de equipo Riikka Noronen e seis máis que Saija Tarkki (Kärpät), segunda e terceira máximas puntuadoras respectivamente. A seguintes dez xogadoras lideraron a liga regular en puntos:[45]

Xogadora Equipo PX G A Pts PIM
1 Linda Välimäki Ilves 25 30 28 58 8
2 Riikka Noronen Ilves 29 24 30 54 20
3 Saija Tarkki Kärpät 28 19 33 52 20
4 Niina Mäkinen Kärpät 29 23 24 47 22
5 Tanja Niskanen KalPa 24 20 24 44 37
6 Saila Saari Kärpät 26 18 26 44 4
7 Elisa Holopainen KalPa 28 17 25 42 6
8 Jenniina Nylund Team Kuortane 30 23 16 39 14
9 Matilda Nilsson KalPa 27 21 18 39 20
10 Anniina Kaitala HPK 30 17 20 37 20
Porteiras

Ao final da liga regular Vilma Vaattovaara (Ilves) foi a porteira coa mellor porcentaxe de paradas cun 94,5%. Vaattovaara foi a terceira porteira que máis tempo permaneceu no xeo por detrás de Jenna Silvonen (Blues) e Meeri Räisänen (HPK, que foi a segunda mellor porteira en porcentaxe cun 94,1%). Con todo, foi Jenna Silvonen a porteira que máis veces conseguiu finalizar un partido sen encaixar un gol (shutout) cun total de seis partidos, e a que máis partidos xogou cun total de 28. As seguintes dez porteiras lideraron a liga regular en porcentaxe de paradas:[46]

Xogadora Equipo PX TOI V D S GC SO S-% GAA
1 Vilma Vaattovaara Ilves 21 1232:19 15 1 494 29 5 94,5 1,41
2 Meeri Räisänen HPK 23 1366:24 12 10 780 49 4 94,1 2,15
3 Tiia Pajarinen Team Kuortane 14 807:57 7 5 391 28 5 93,3 2,08
4 Johanna Oksman Kärpät 13 733:46 8 4 305 22 4 93,3 1,80
5 Jenna Silvonen Blues 28 1634:11 14 8 815 62 6 92,9 2,28
6 Iina Kuusela KalPa 19 1047:18 8 7 648 53 2 92,4 3,04
7 Katriina Saarenmaa Lukko 11 590:41 1 8 470 46 1 91,1 4,67
8 Oona Mäki Team Kuortane 10 598:57 6 4 246 25 2 90,8 2,50
9 Tiina Ranne KalPa 15 761:18 7 7 372 38 2 90,7 2,99
10 Susanna Airaksinen Kärpät 12 724:21 7 3 273 28 4 90,7 2,32

Play-offs[editar | editar a fonte]

Fonte: Leijonat.fi[47]

Cuartos de final Semifinais Final
           
 1 - Ilves  3
 4 - HPK  0
 5 - Team Kuortane  1  
 5 - Team Kuortane  3  
   1 - Ilves  1
 
   2 - Kärpät  3
 3 - Blues  3
 3 - Blues  2  
 6 - KalPa  1  
 2 - Kärpät  3  

Cuartos de final[editar | editar a fonte]

HPK (4) vs Kuortane (5)[editar | editar a fonte]

O HPK, que finalizara a liga regular na cuarta posición, enfrontouse ao Team Kuortane, quinto clasificado da liga regular. As de Hämeenlinna superaron na clasificación ás de Ostrobotnia do Sur por un punto, e dos catro enfrontamentos previos ás series o HPK gañara tres (os dous primeiros e o derradeiro) e o Team Kuortane tan só un, sen conseguir gañar en Hämeenlinna. As xogadoras dirixidas por Jari Risku eliminaron pola vía rápida ás de Hämeenlinna logo de impoñerse en tres partidos (1-4, 3-0 e 1-4). Deste xeito o equipo de Kuortane conseguiu a clasificación para as semifinais por primeira vez na súa historia.[48][49]

6 de marzo de 2018
18:45
HPK 1 - 4
(0–1, 1–1, 0–2)
Team Kuortane Hämeenlinna
Asistencia: 60

8 de marzo de 2018
18:30
Team Kuortane 3 - 0
(1–0, 2–0, 0–0)
HPK Kuortane
Asistencia: 125

10 de marzo de 2018
14:00
HPK 1 - 4
(0–1, 1–2, 0–1)
Team Kuortane Hämeenlinna
Asistencia: 80
O Team Kuortane gaña a serie 3 - 0.

Blues (3) vs KalPa (6)[editar | editar a fonte]

As Blues non foron quen de superar ás Kärpät na clasificación da liga regular e finalizaron na terceira posición, o que lles fixo disputar as eliminatorias de cuartos de final fronte ás sextas clasificadas, as xogadoras de KalPa.[40] As eliminatorias comezaron o 6 de marzo coa vitoria das Blues en Espoo (6-1),[41] mais as de Kuopio conseguiron empatar a serie na casa.[50] Finalmente as Blues gañaron o terceiro e o cuarto encontro e clasificáronse para as semifinais fronte ás Kärpät, segundas clasificadas.[51]

6 de marzo de 2018
17:20
Blues 6 - 1
(1–1, 2–0, 3–0)
KalPa Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 85

8 de marzo de 2018
13:30
KalPa 4 - 1
(1–0, 1–0, 2–1)
Blues Niirala (Kuopio)
Asistencia: 80

10 de marzo de 2018
17:30
Blues 7 - 0
(3–0, 1–0, 3–0)
KalPa Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 111

1 de marzo de 2023
19:10
KalPa 0 - 3
(0–0, 0–2, 0–1)
Blues Niirala (Kuopio)
Asistencia: 108
As Blues gañan a serie 3 - 1.

Semifinais[editar | editar a fonte]

Ilves (1) vs Kuortane (5)[editar | editar a fonte]

Logo de facer historia e clasificarse por primeira vez para as semifinais, o Team Kuortane enfrontouse ao Ilves, primeiro clasificado da liga regular. A serie iniciouse cun partido moi disputado en Tampere, antes do cal Linda Välimäki recibiu o trofeo Marianne Ihalainen de mans da propia Ihalainen como máxima puntuadora da liga regular, así como o trofeo Tiia Reima á máxima goleadora da liga regular. No partido, as locais só puideron facerse coa vitoria nos shootouts logo de finalizar o tempo regulamentario con empate a un gol e non marcar ningún dos dous equipos na prórroga.[52][53] O Team Kuortane puido equilibrar a serie coa vitoria na casa no segundo partido, no que salientou especialmente a figura da local Jenniina Nylund, que anotou catro goles, os dous últimos, un deles o da vitoria, en menos de 20 segundos ao final do terceiro período.[54] No terceiro partido as xogadoras de Kuortane conseguiron remontar tres goles, mais acabaron cedendo novamente nos shootouts.[55] Finalmente as xogadoras do Ilves impuxéronse na súa visita a Kuortane no cuarto partido (2-3), no que as veteranas do Ilves asumiron a responsabilidade, e no que Linda Välimäki anotou o gol gañador ao final da superioridade do seu equipo logo de que as locais igualaran o marcador ata en dúas ocasións, e que buscaron sen éxito o gol sen porteira durante un minuto e medio. Deste xeito as de Tampere clasificábanse para as finais da liga por primeira vez dende 2012.[56][57]

17 de marzo de 2018
12:30
Ilves 2 - 1 (SO)
(0–0, 0–1, 1–0)
(OT: 0–0)
(SO: 1–0)
Team Kuortane Tesoman jäähalli (Tampere)
Asistencia: 160

18 de marzo de 2018
15:30
Team Kuortane 5 - 4
(1–2, 2–1, 2–1)
Ilves Kuortane
Asistencia: 130

22 de marzo de 2018
19:15
Ilves 4 - 3 (SO)
(1–0, 2–1, 0–2)
(OT: 0–0
(SO: 1–0)
Team Kuortane Tesoman jäähalli (Tampere)
Asistencia: 210

24 de marzo de 2018
15:30
Team Kuortane 2 - 3
(1–2, 1–0, 0–1)
Ilves Kuortane
Asistencia: 210
O Ilves gaña a serie 3 - 1.

Kärpät (2) vs Blues (3)[editar | editar a fonte]

As segundas semifinais enfrontaron ás Kärpät coas Blues na que foi a reedición da final da tempada precedente, na queu as xogadoras de Oulu alzaron a Aurora Borealis Malja.[51] Nestas semifinais o factor cancha foi determinante, xa que ningún dos dous equipos conseguiu a vitoria lonxe do seu estadio. Nos dous primeiros enfrontamentos non houbo moitos goles e estes non chegaron ata os segundos terzos. No segundo partido todos os goles das Blues chegaron no segundo terzo, mentres que o solitario gol das Kärpät non chegou ata o último período nun partido con grandes actuacións das porteiras: Jenna Silvonen (Blues, 42 paradas) e Johanna Oksman (Kärpät, 44 paradas).[54] Logo do segundo par de enfrontamentos a eliminatoria estaba empatada a dúas vitorias, polo que todo quedaba pendente do que pasara en Oulu. Se ben nos partidos anteriores da eliminatoria transcorreran moitos minutos sen goles, no cuarto partido as Kärpät axiña abriron o marcador aproveitando a superioridade cando aínda non pasaran catro minutos do pitido inicial, mais as de Espoo repuxéronse e empataron dúas veces o partido, que acabaron levándose a pesar de que as de Oulu procuraron o gol do empate durante case catro minutos sen porteira.[56][58] A pesar do gol inicial das Blues, os goles nos minutos iniciais do segundo período da capitá das Kärpät Isa Rahunen déronlle a iniciativa ás locais, e aínda que Tinja Haukijärvi conseguiu empatar para as Blues, un tanto de Niina Koukkula pouco antes da finalización do segundo terzo converteuse no gol da vitoria.[59][60] Deste xeito as Kärpät clasificábanse por segundo ano consecutivo para as finais, nas que poderían revalidar o título.

17 de marzo de 2018
16:00
Kärpät 3 - 2 (OT)
(0–0, 0–0, 2–2)
(OT: 3–2)
Blues Raksila (Oulu)
Asistencia: 275

18 de marzo de 2018
17:30
Blues 3 - 1
(0–0, 3–0, 0–1)
Kärpät Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 186

22 de marzo de 2018
19:00
Kärpät 5 - 2
(0–0, 3–1, 2–1)
Blues Raksila (Oulu)
Asistencia: 205

24 de marzo de 2018
15:30
Blues 4 - 3
(0–1, 2–1, 2–1)
Kärpät Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 149

25 de marzo de 2018
14:30
Kärpät 3 - 2
(0–1, 3–1, 0–0)
Blues Raksila (Oulu)
Asistencia: 174
As Kärpät gañan a serie 3 - 2.

Partido polo bronce[editar | editar a fonte]

O estadio de Tapiola en Espoo foi o escenario do partido pola medalla de bronce.

As Espoo Blues e o Team Kuortane enfrontáronse no partido pola medalla de bronce. As Blues, equipo máis laureado da competición, finalizaron a liga regular na terceira posición e caeron nas semifinais fronte ás Kärpät no quinto partido, mentres que as de Kuortane chegaron ás series como quintas clasificadas e caeran nas semifinais, ás que chegaron logo de eliminar ao HPK, fronte o Ilves, primeiro clasificado da liga regular. A final de consolación xogouse no estadio de Tapiola en Espoo, onde as xogadoras do Kuortane sorprenderon ás locais dende o inicio, cando tomaron vantaxe cun gol de Petra Nieminen, no segundo terzo outros dous goles de Linnea Melotindos e Jenniina Nylund ampliaron a vantaxe, e no último terzo dous goles máis do equipo colexial puxeron o 0-5 definitivo nun partido no que salientou a figura da porteira visitante Tiia Pajarinen, quen conseguiu manter a portería a cero con 36 paradas, garantindo a medalla de bronce.[61][62]

31 de marzo de 2018
16:00
Blues 0 - 5
(0–1, 0–2, 0–2)
Team Kuortane Tapiola (Espoo)
Asistencia: 290

Final[editar | editar a fonte]

Na final víronse as caras os dous mellores equipos da liga regular, o Ilves e as Kärpät. A eliminatoria prevíase moi igualada, xa que dos catro partidos nos que se enfrontaran na liga regular cada un gañara dous.[59] No partido inaugural da serie as de Oulu fixéronse coa vitoria, gañando o factor cancha logo de adiantarse no marcador a menos de tres minutos para a conclusión do primeiro período e ampliar a diferenza ao 0-2 cando aínda non pasaran cinco minutos do segundo terzo, e aínda que Jenna Lehtiniemi reduciu as diferenzas, Saila Saari anotou o 1-3 definitivo cando as locais xogaban sen porteira buscando o empate.[63][64] O Ilves empatou a serie coa súa vitoria en Oulu no segundo partido (1-2) logo dos shootouts, se ben as de Tampere adiantáronse no marcador logo dun forte inicio de partido no que Ida Karjalainen abriu o marcador, aínda que Saila Saari se encargaría de igualar a contenda. Nos shootouts Vilma Vaattovaara detivo todos os lanzamentos das Kärpät, mentres que Riikka Noronen asinou o gol da vitoria das linces.[65] Tamén se decidiu nos shootouts o terceiro choque, no que a pesar de que as locais dominaron o marcador 2-0 no terceiro tempo, os goles de Niina Koukkula e Saila Saari con 29 segundos de diferenza levaron o partido á prórroga, onde ningún dos equipos encontrou o camiño do gol ata que, xa nos shootouts, Isa Rahunen anotou o primeiro lanzamento e posteriormente ningunha outra xogadora foi quen de levar o disco ao fondo da rede.[66] Finalmente o campionato decidiuse en Oulu logo da vitoria das locais no cuarto encontro por 5 goles a 1, rompendo así a dinámica dos encontros entre ambos equipos na tempada, xa que todos os partidos ata o momento se decidiran a favor do equipo visitante. A porteira das Kärpät Johanna Oksman tivo un papel destacado ao deter 27 lanzamentos e levouse o premio á mellor xogadora dos play-offs.[67][68][69]

30 de marzo de 2018
15:00
Ilves 1 - 3
(0–1, 1–1, 0–1)
Kärpät Tesoman jäähalli (Tampere)
Asistencia: 470

1 de abril de 2018
16:00
Kärpät 1 - 2 (SO)
(0–1, 1–0, 0–0)
(OT: 0–0)
(SO: 0–1)
Ilves Raksila (Oulu)
Asistencia: 758

7 de abril de 2018
16:30
Ilves 2 - 3 (SO)
(1–0, 0–0, 1–2)
(OT: 0–0
(SO: 0–1)
Kärpät Tesoman jäähalli (Tampere)
Asistencia: 462

8 de abril de 2018
17:00
Kärpät 5 - 1
(1–0, 2–1, 2–0)
Ilves Raksila (Oulu)
Asistencia: 925
As Kärpät gañan a serie 3 - 1.

Estatísticas das series[editar | editar a fonte]

Xogadoras
  • Fonte: Leijonat.fi[70]
Xogadora Equipo PX G A Pts
1 Jenniina Nylund Team Kuortane 7 8 7 15
2 Petra Nieminen Team Kuortane 8 7 8 15
3 Saila Saari Kärpät 9 7 6 13
3 Linda Leppänen Ilves 8 5 8 13
Porteiras

Fonte: Leijonat.fi[71]

Xogadora Equipo PX TOI V D S GC SO S-% GAA
1 Tiia Pajarinen Team Kuortane 8 518:29 5 1 241 13 2 94,9 1,50
2 Johanna Oksman Kärpät 9 591:00 5 2 319 18 0 94,7 1,83
3 Jenna Silvonen K-Espoo 10 613:50 5 5 318 22 2 93,5 2,15

Equipo campión[editar | editar a fonte]

O equipo das Kärpät que conquistou o primeiro campionato finlandés feminino baixo a denominación de "Naisten Liiga" estivo integrado polas seguintes xogadoras:[72]

Campión feminino de Finlandia
Oulun Kärpät

Porteiras: Johanna Oksman, Susanna Airaksinen, Anni Keisala

Patinadoras: Saija Tarkki, Niina Mäkinen, Saila Saari, Isa Rahunen, Sari Wäänänen, Suvi Käyhkö, Jonna Yli-Mäenpää, Nelli Salomäki, Niina Koukkula, Alexia Remes, Reetta Lindholm, Aino Kaijankoski, Janette Jokikokko, Camilla Reinikainen, Jasmin Hulanmäki, Kristiina Meriläinen, Vilma Wik, Mira Jalosuo, Eveliina Huttula, Monica Sarkkinen, Maria Heinonen, Ella Välikangas, Veera Huotari, Marianna Rajala, Ada Ukkola, Sofia Harju, Lilli Antinmäki

Premios[editar | editar a fonte]

Linda Välimäki, do Ilves recibiu os premios á mellor xogadora da liga e máxima goleadora e puntuadora da liga regular, amais de ser nomeada no primeiro equipo das estrelas e xogadora do mes de outubro.

Equipos das estrelas[editar | editar a fonte]

1º equipo das estrelas[74]
Posición Xogadora Equipo
Porteira Meeri Räisänen HPK
Defensa Isa Rahunen Kärpät
Defensa Minnamari Tuominen Blues
Á Riikka Noronen Ilves
Centro Linda Välimäki Ilves
Á Petra Nieminen Team Kuortane
2º equipo das estrelas[74]
Posición Xogadora Equipo
Porteira Jenna Silvonen Blues
Defensa Eve Savander Team Kuortane
Defensa Ella Viitasuo Blues
Á Matilda Nilsson KalPa
Centro Saija Tarkki Kärpät
Á Elisa Holopainen KalPa

Xogadoras do mes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Principalmente no Tesoman jäähalli 1, aínda que cada día disputouse un partido na segunda pista, denominada Tesoman jäähalli 2.
Fichas dos partidos
Referencias
  1. "Näin pelataan Naisten Liiga kaudella 2017-18" (en finés). Leijonat.fi. 4 de setembro de 2017. Consultado o 4 de outubro de 2022. 
  2. "Naisten Liigan runkosarja päätökseen - Puolivälieräparit selvillä!" (en finés). Leijonat.fi. 5 de marzo de 2018. Consultado o 4 de outubro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Karjalainen, Timo (31 de marzo de 2018). "Team Kuortane selätti Bluesin pronssiottelussa". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 9 de novembro de 2022. 
  4. "Naisten SM-sarja historiaan - Ensi kaudella pelataan Naisten Liigaa" (en finés). Leijonat.fi. 21 de marzo de 2017. Consultado o 4 de outubro de 2022. 
  5. "Espoo United Cuts Women's Basketball & Ice Hockey Teams". News Now Finland (en inglés). 15 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2019. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  6. Tammilehto, Teemu; Leinonen, Simu (15 de agosto de 2017). "HIFK on kiinnostunut Salonojan hylkäämästä Espoo Unitedin naisjoukkueesta". Yle.fi (en finés). Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  7. Oivio, Janne; Lempinen, Marko (15 de agosto de 2017). "Jussi Salonojalta raju ratkaisu: Espoo United hylkää naisjoukkueet". Ilta-Sanomat (en finés). Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  8. "Espoo Unitedin sarjapaikka Naisten Liigassa Ysikoppi ry:lle" (en finés). Leijonat.fi. 4 de setembro de 2017. Consultado o 4 de outubro de 2022. 
  9. "Mikko Touronen seuraa Juho Outavaaraa KJT:n Liiga-naisten luotsina". Keski-Uusimaa (en finés). 27 de abril de 2017. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  10. "Mikko Touronen" (en finés). eliteprospects.com. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  11. Viljanen, Markus (16 de xaneiro de 2018 dataacceso=18 de maio de 2023). "Harvinaislaatuinen tilanne Suomi-kiekossa: maahanmuuttovirasto ajaa ulkomaalaisvahvistuksen pois maasta" (en finés). 
  12. "Naisten sarjatoiminnan kehittäminen tukee myös Naisleijonia - MM-kisat Suomessa 2019 - ”Edessä tärkeä ajanjakso”" (en finés). Leijonat.fi. 21 de marzo de 2017. Consultado o 9 de novembro de 2021. 
  13. "Naisten Liiga käynnistyy syyskuussa Tampereella - Tuote esitellään avausturnauksessa" (en finés). Leijonat.fi. 21 de marzo de 2017. Consultado o 9 de novembro de 2021. 
  14. "Naisten Liiga käyntiin ryminällä – Turnausviikonloppu aloittaa kauden" (en finés). Leijonat.fi. 14 de decembro de 2017. Consultado o 9 de novembro de 2021. 
  15. 15,0 15,1 15,2 Nyholm, Taru (2 de marzo de 2018). "Naisten Liigan runkosarja viikonloppuna päätökseen - Asetelmat pudotuspeleihin ratkotaan nyt!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 9 de novembro de 2021. 
  16. 16,0 16,1 16,2 "Naisten kiekossa iso yhteistyön mahdollisuus – Naisten Liigan ja Mestiksen pelaamistapa julkistettu" (en finés). Leijonat.fi. 19 de xuño de 2017. Consultado o 7 de maio de 2023. 
  17. Nyholm, Taru (16 de setembro de 2016). "Naisten SM-sarjassa HPK otti kauden avausvoittonsa Ilveksen kustannuksella - KalPa jatkaa voittoputkessa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 7 de maio de 2023. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 Karjalainen, Timo (12 de outubro de 2017). "Naisten Liiga: Häme peesaa hallitsevan mestarin kannoilla". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 10 de novembro de 2022. 
  19. "Kiekko-Espoo - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 30 de novembro de 2022. 
  20. "HPK - Team Staff History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 30 de novembro de 2022. 
  21. "HPK - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 30 de novembro de 2022. 
  22. Karjalainen, Timo (6 de xaneiro de 2018). "Naisten Liiga: Ilves karkumatkalla". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 10 de novembro de 2022. 
  23. Mennander, Pasi (25 de marzo de 2018). "Ilveksen kokenut kaarti iski finaalipaikan arvoiset maalit - Team Kuortane taipui kotonaan" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 10 de novembro de 2022. 
  24. "KalPa - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 30 de novembro de 2022. 
  25. "KJT Haukat - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 30 de novembro de 2022. 
  26. Nyholm, Taru (17 de decembro de 2017). "Naisten Liigassa Kärppien päävalmentaja Mira Kuisma - ”Voittaminen on yksi arvoistamme”" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 9 de novembro de 2021. 
  27. Mennander, Pasi (7 de abril de 2018). "Kapteeni Rahunen laukoi ratkaisun voittomaalikisassa - Kärpät haki vierasvoiton Tampereelta - Naisten Liigan finaalisarja katkolla sunnuntaina" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 9 de novembro de 2021. 
  28. "Lukko - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 30 de novembro de 2022. 
  29. "Team Kuortane - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 30 de novembro de 2022. 
  30. 30,0 30,1 Mennander, Pasi (16 de setembro de 2017). "HPK:n Anniina Kaitala kirjoitti nimensä historiankirjoihin - Naisten Liigan ensimmäinen maalintekijä!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 7 de maio de 2023. 
  31. "TESOMAN JÄÄHALLI" (en finés). IlvesNaiset.fi. Consultado o 7 de maio de 2023. 
  32. Nyholm, Taru (17 de setembro de 2017). "Tältä näyttää Naisten Liigan sarjataulukko avausturnauksen jälkeen - HPK kärkipaikalla!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 18 de maio de 2023. 
  33. Karjalainen, Timo (12 de outubro de 2017). "Naisten Liiga: Häme peesaa hallitsevan mestarin kannoilla" (en finés). Jatkoaika.com. Consultado o 18 de maio de 2023. 
  34. Mennander, Pasi (19 de xaneiro de 2018). "Sarjataulukkokatsaus: Näistä asetelmista Naisten Liigan viikonloppuun" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 18 de maio de 2023. 
  35. Karjalainen, Timo (6 de xaneiro de 2018). "Naisten Liiga: Ilves karkumatkalla" (en finés). Jatkoaika.com. Consultado o 18 de maio de 2023. 
  36. "Suomi julkisti naisten jääkiekkojoukkueen olympialaisiin" (en finés). Jatkoaika.com. 22 de xaneiro de 2018. Consultado o 18 de maio de 2023. 
  37. Tammilehto, Teemu (22 de febreiro de 2018). "Olympiapronssi toi kyyneleet suomalaisnaisten silmiin, mutta ensi vuoden MM-kotikisoista voi tulla kaikkien aikojen turnaus – "Nyt on ainutlaatuinen tilaisuus"". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 18 de maio de 2023. 
  38. 38,0 38,1 Nyholm, Taru (24 de febreiro de 2018). "Olympiapronssimitalisteja heti vauhdissa Naisten Liigan lauantain kierroksella!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 18 de maio de 2023. 
  39. Nyholm, Taru (19 de febreiro de 2018). "Naisten Liigassa Kuortaneella kuuden pisteen viikonloppu" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 18 de maio de 2023. 
  40. 40,0 40,1 Nyholm, Taru (5 de marzo de 2018). "Naisten Liigan runkosarja päätökseen - Puolivälieräparit selvillä!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 18 de maio de 2023. 
  41. 41,0 41,1 Karjalainen, Timo (8 de marzo de 2018). "Ilves vei runkosarjan näytöstyyliin, Naisten Liigan pudotuspelit käyntiin". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 18 de maio de 2023. 
  42. Nyholm, Taru (16 de novembro de 2017). "Tältä näyttää Naisten Liigan sarjataulukko avausturnauksen jälkeen - HPK kärkipaikalla!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 18 de maio de 2023. 
  43. Nyholm, Taru (3 de novembro de 2017). "Naisten Liigassa Ilveksen Johanna Koivula oli viikonlopun nimi - 500 pääsarjaottelua ja 200 tehtyä maalia täyteen!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 18 de maio de 2023. 
  44. Nyholm, Taru (5 de marzo de 2018). "Naisten Liigassa Ilveksen Riikka Noronen saavutti 600 pisteen rajapyykin" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  45. "Pistepörssi (2017-18)" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 11 de xaneiro de 2023. 
  46. "Maalivahtitilastot (2017-18)" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 11 de xaneiro de 2023. 
  47. "Naisten Liigan pudotuspelit" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  48. "Team Kuortane varmisti paikkansa Naisten Liigan välierissä" (en finés). 11 de marzo de 2018. Consultado o 8 de abril de 2023. 
  49. "Kuortane teki historiaa ja marssi Naisten Liigan välieriin ensimmäistä kertaa". Jatkoaika.com (en finés). 10 de marzo de 2018. Consultado o 8 de abril de 2023. 
  50. "Kuortane teki historiaa ja marssi Naisten Liigan välieriin ensimmäistä kertaa". Jatkoaika.com (en finés). 10 de marzo de 2018. Consultado o 18 de maio de 2023. 
  51. 51,0 51,1 Nyholm, Taru (12 de marzo de 2018). "Naisten Liigan välieräparit selvillä!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 18 de maio de 2023. 
  52. 52,0 52,1 52,2 Mennander, Pasi (19 de marzo de 2018). "Marianne Ihalainen jakoi nimikkopalkintonsa Linda Välimäelle" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  53. Hämäläinen, Arno (18 de marzo de 2018). "Ilvekselle makea ensimmäinen kiinnitys finaalipaikkaan − Team Kuortane taipui voittomaalikilpailussa". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 6 de xuño de 2023. 
  54. 54,0 54,1 Nyholm, Taru (19 de marzo de 2018). "Naisten Liigan välierissä tiukkaa kamppailua - Ottelusarjat tasan!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  55. Hämäläinen, Arno (23 de marzo de 2018). "Ilves jälleen Team Kuortanetta parempi voittomaalikilpailussa − välieräsarja lauantaina katkolla tupsukorville". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  56. 56,0 56,1 "Ilves Naisten Liigan finaaliin, Team Kuortane pelaa pronssista". Jatkoaika.com (en finés). 24 de marzo de 2018. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  57. Mennander, Pasi (25 de marzo de 2018). "Ilveksen kokenut kaarti iski finaalipaikan arvoiset maalit - Team Kuortane taipui kotonaan" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  58. Mennander, Pasi (25 de marzo de 2018). "Blues ja Kärpät viidenteen osaotteluun - Naisten Liigan finaalipaikka ratkaistaan sunnuntaina" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  59. 59,0 59,1 Nyholm, Taru (25 de marzo de 2018). "Naisten Liigan finaalipari on Ilves - Kärpät - ”Kaikki on mahdollista, kun tarpeeksi haluaa”" (en fii). Leijonat.fi. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  60. "Kärpät sysäsi Bluesin pronssiotteluun". Jatkoaika.com (en finés). 25 de marzo de 2018. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  61. Karjalainen, Timo (31 de marzo de 2018). "Team Kuortane selätti Bluesin pronssiottelussa". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 9 de abril de 2023. 
  62. Tiskonlahti, Kirsi (24 de marzo de 2018). "Team Kuortane saavutti ensimmäisen mitalinsa Naisten Liigassa – Pajarinen torjui nollapelin". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 9 de abril de 2023. 
  63. Mennander, Pasi (30 de marzo de 2018). "Kärpät kaatoi Ilveksen Naisten Liigan finaalisarjan avausottelussa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  64. Hämäläinen, Arno (30 de marzo de 2028). "Kärpät vei kotiedun Ilvekseltä Naisten Liigan finaaliavauksessa". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  65. Nyholm, Taru (1 de abril de 2018). "Ilves tasoitti finaalisarjan Naisten Liigassa - Ratkaisu vasta voittomaalikilpailussa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  66. Mennander, Pasi (7 de abril de 2018). "Kapteeni Rahunen laukoi ratkaisun voittomaalikisassa - Kärpät haki vierasvoiton Tampereelta - Naisten Liigan finaalisarja katkolla sunnuntaina" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  67. Mennander, Pasi (9 de abril de 2018). "Kärpät naisten Suomen mestariksi kotiyleisönsä edessä - Erikoinen vierasvoittojen putki katkesi neljännessä finaaliottelussa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  68. Hämäläinen, Arno (8 de abril de 2018). "Vierastaika piti jälleen − Kärpät voiton päässä Naisten Liigan mestaruudesta". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  69. Mennander, Pasi (10 de abril de 2018). "Karoliina Rantamäki -palkinto Johanna Oksmanille - Naisten Liigan pudotuspelien paras pelaaja" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  70. "Pistepörssi. Naisten SM playoff" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 15 de outubro de 2023. 
  71. "Maalivahtitilastot. Naisten SM playoff" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 15 de outubro de 2023. 
  72. "2018 Kärpät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 9 de xuño de 2023. 
  73. Seppänen, Antti (2 de maio de 2018). "Liiga palkitsi kauden 2017–18 parhaat – tässä palkittujen lista" (en finés). Liiga. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  74. 74,00 74,01 74,02 74,03 74,04 74,05 74,06 74,07 74,08 74,09 74,10 74,11 74,12 74,13 74,14 74,15 Mennander, Pasi (8 de marzo de 2018). "Naisten Liigan kauden 2017-18 palkitut pelaajat, erotuomarit ja tähtikentät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  75. Mennander, Pasi (19 de marzo de 2018). "Parhaan maalivahdin Tuula Puputti -palkinto Meeri Räisäselle" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  76. 76,0 76,1 76,2 76,3 76,4 Mennander, Pasi (2 de marzo de 2018). "Team Kuortaneen Jenniina Nylund Naisten Liigan helmikuun kuukauden pelaaja" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 9 de novembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]