Saltar ao contido

Lev Poprad

Este é un artigo bo da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lev Poprad
Fundación2010 (disolto e refundado en Praga en 2012)
Cidade Poprad,
Prešov
Eslovaquia Eslovaquia
EstadioPoprad Ice Stadium
(4.500 espectadores)[1]
LigaKontinental Hockey League
ConferenciaOeste
DivisiónBobrov
Afiliado(s)Tatranskí Vlci (MHL)
HK Poprad (Extraliga Eslovaca)
CoresLaranxa, branco e negro
                 
Na rede
http://www.hclev.eu/

O Hockey Club Lev Poprad,[2] máis coñecido como Lev Poprad,[3] foi un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Poprad (Eslovaquia) que competiu na División Bobrov da Kontinental Hockey League (KHL) durante a tempada 2011-12, para posteriormente disolverse e refundarse en Praga (República Checa) como HC Lev Praha no 2012. O Lev Poprad xogaba os seus partidos como local no Zimný štadión mesta Poprad, un pavillón con capacidade para 4 500 persoas. Na única tempada que o equipo eslovaco xogou na KHL non conseguiu a clasificación para os play-offs, finalizando na última posición da súa división e 21º clasificado ao final da liga cun total de 54 puntos noutros tantos partidos.

O eslovaco Ľuboš Bartečko foi o capitán do equipo e o máximo puntuador do equipo, mentres que o checo Tomáš Netík foi o máximo goleador e o tamén eslovaco Juraj Mikúš foi o máximo asistente. O equipo estivo dirixido polo adestrador checo Radim Rulík. O Lev Poprad estaba integrado principalmente por xogadores checos e eslovacos.

Fundación e admisión na KHL

[editar | editar a fonte]

O equipo era chamado orixinalmente Lev Hradec Králové e encontrábase na localidade de Hradec Králové, República Checa. Estivera interesado en participar na KHL na tempada 2010–11, para o que cumpriu tódalas condicións necesarias, se ben a Federación Checa de Hóckey sobre Xeo se negou a darlle permiso ao club.[4] Debido a isto, a directiva do Lev decidiu trasladar o equipo a Eslovaquia, co cal foi aceptado na liga na tempada 2010–11.[5] Porén, posteriormente a KHL excluíu o club para a tempada 2010–11 porque non formaba parte de ningunha federación nacional de hóckey sobre xeo.[6] Despois de moitos esforzos, incluída a adhesión a Federación Eslovaca de Hóckey sobre Xeo (SZĽH), o HC Lev foi admitido oficialmente na KHL en maio do 2011. Durante a tempada 2011–12, o equipo xogou na División Bobrov da KHL, mentres que o HK Poprad continuou competindo na Extraliga Eslovaca no mesmo estadio.[7]

Tempada 2011–12

[editar | editar a fonte]
Radim Rulík foi o adestrador xefe do Lev Poprad durante a tempada 2011-12 .

Tan só dous meses despois de ser oficialmente admitido na KHL, o Lev anunciou a fichaxe dos seus cinco primeiros xogadores o 30 de xuño de 2011.[8] No equipo definitivo, a meirande parte dos xogadores eran eslovacos e checos. O adestrador xefe foi Radim Rulík e o capitán do equipo Ľuboš Bartečko. Estaba previsto que o Lev comezase a liga regular o 10 de setembro de 2011 cun partido na casa fronte ao Avangard Omsk,[9] pero debido ao accidente aéreo do Lokomotiv Yaroslavl, o inicio da liga atrasouse e o Lev xogou o seu primeiro partido o 12 de setembro fronte ao Metallurg Magnitogorsk, que finalizou coa derrota do equipo eslovaco 2-4, e no que Ľuboš Bartečko anotou o primeiro gol na historia do equipo no Zimný štadión de Poprad.[10][11][12]

Logo dun mal inicio no que o equipo eslovaco caeu no seu segundo partido na casa fronte ao Yugra Khanty-Mansiysk (1-3), e na súa visita ao SKA San Petersburgo (4-1), o Lev conseguiu o seu primeiro punto logo de perder nos shootouts na súa visita ao Atlant Moscow Oblast (4-3) o 21 de setembro logo de igualar o partido a tres goles no derradeiro terzo do encontro.[13]

O Lev tivo que agardar ata o seu sexto partido de liga para conseguir a súa primeira vitoria, cando logo dunha nova derrota en Moscova ante o CSKA Moscova (3-2), 26 de setembro no Arena Riga da capital letoa conseguiu bater o Dinamo Riga (0-2), anotados por Rastislav Špirko e Václav Nedorost, no partido no que o equipo eslovaco pechou a súa primeira xira fora da casa, na que xogou catro partidos consecutivos como visitante.[14][12] A esta primeira vitoria como visitante seguiulle a súa primeira vitoria como local no partido seguinte disputado catro días despois fronte o Dynamo Moscova (4-1).[15]

Con todo, o equipo non conseguiu completar unha boa tempada e ao final da liga regular, o Lev non logrou clasificarse para os playoffs, finalizando na sexta e última posición da División Bobrov e na 21º na clasificación xeral da liga, con 54 puntos en 54 partidos.[16] Ao longo da liga regular o Lev Poprad encadeou varias rachas negativas, sendo a máis longa a de sete derrotas consecutivas entre o 3 e o 17 de xaneiro de 2012, á que lle seguiu o mellor rexistro de vitorias consecutivas cun total de catro fronte a Neftekhimik Nizhnekamsk (3-1), CSKA Moscova (3-2), Dinamo Minsk (4-3), Vityaz Chekhov (3-0). O Lev finalizou a súa primeira e última participación na KHL o 26 de febreiro de 2012 en Moscova, onde caeu na súa visita o Dynamo Moscova (5-3), pechando unha nova racha de sete derrotas consecutivas.[12]

O máximo anotador do equipo foi Ľuboš Bartečko, con 30 puntos (16 goles e 14 asistencias).[17]

Novo equipo en Praga

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: HC Lev Praha.

A finais da tempada 2011–12, un troco de propietarios provocou a especulación sobre o traslado do equipo a Praga, República Checa. En marzo de 2012, Federación Checa de Hóckey sobre Xeo (ČSLH) deu o permiso para que un equipo da KHL xogase na República Checa,[18] e a finais de abril, creouse un novo equipo co mesmo nome, HC Lev, mais cunha organización diferente, solicitou oficialmente o seu ingreso na KHL xogando en Praga.[19] O HC Lev de Poprad non regresou á KHL despois da tempada do seu debut na que, a pesar do seu limitado éxito, demostrou contar cunha sólida base social. Na seguinte tempada o Slovan Bratislava da capital eslovaca substituíu o equipo de Poprad como representante eslovaco na KHL.[20]

Pavillón

[editar | editar a fonte]
O Zimný štadión mesta Poprad, fogar do Lev Poprad na única tempada que disputou na cidade eslovaca.
Artigo principal: Zimný štadión mesta Poprad.

O Lev Poprad xogaba os seus partidos como local no Zimný štadión mesta Poprad, un pavillón con capacidade para 4 500 persoas.[21] O estadio comezou a construírse en 1970 e foi inaugurado en 1973. Remodelado entre 2006 e 2008, o tamaño da súa pista reduciuse a 56 x 26 metros. Amais de acoller os partidos como local do Lev Poprad na súa única tempada, tamén é o fogar do HK Poprad, e nel dispútase anualmente o prestixioso torneo amigable da Tatranský pohár.[22]

O equipo eslovaco rexistrou un bo rexistro de asistencia na tempada que disputou na Continental Hockey League, cunha media de 4 314 persoas, unha cifra moi próxima á súa capacidade máxima.[23]

Equipos afiliados

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Tatranski Vlci.

O Lev Poprad contou cun equipo afiliado na súa curta historia, o Tatranski Vlici, con sede na cidade de Spišská Nová Ves. O Tatranski Vlci foi fundado ao mesmo tempo que o equipo de Poprad e competiu unha tempada na Molodezhnaya Hokkeinaya Liga (MHL),[24] unha liga júnior integrada por equipos afiliados a equipos da KHL e da Vysshaya Hokkeinaya Liga (VHL),[25] así como na Junior Club World Cup.[26] Na súa única participación na liga júnior rusa finalizou na 16ª última posición da conferencia oeste cun total de 56 puntos en 60 partidos disputados, e finalizando na 30ª e antepenúltima posición de entre todos os equipos da competición.[27][28]

Personalidades

[editar | editar a fonte]

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro 2011-12

[editar | editar a fonte]

Na única tempada do Lev Poprad xogaron co equipo eslovaco un total de 33 xogadores adestrados por Radim Rulik. Con todo, o á eslovaco Ladislav Nagy foi traspasado ao Dinamo Minsk logo de xogar 30 partidos co equipo de Poprad. A continuación móstranse os datos de todos os xogadores que formaron parte do equipo durante a tempada 2011-12:[29][30]

# Nac Xogador/a Posición[nota 1] S/G[nota 2] Idade Adquirido/a Lugar de nacemento
23 Eslovaquia Bartečko, ĽubošĽuboš Bartečko (C) LW D 35 Kežmarok, Eslovaquia
71 República Checa Netík, TomášTomáš Netík F E 29 Praga, República Checa
33 Eslovaquia Mikúš, JurajJuraj Mikúš C D 24 Skalica, Eslovaquia
13 República Checa Nedorost, VáclavVáclav Nedorost C D 29 České Budějovice, República Checa
11 Eslovaquia Špirko, RastislavRastislav Špirko RW E 27 Martin, Eslovaquia
17 Eslovaquia Nagy, LadislavLadislav Nagy RW E 32 Košice, Eslovaquia
29 República Checa Pilař, KarelKarel Pilař (A) D D 33 Praga, República Checa
27 República Checa Kristek, JaroslavJaroslav Kristek RW E 31 Zlin, República Checa
51 Lundberg, EmilEmil Lundberg RW E 29 Luleå, Suecia
24 Eslovaquia Mezei, BranislavBranislav Mezei D E 30 Nitra, Eslovaquia
10 República Checa Novotny, StepanStepan Novotny C/RW D 20 Praga, República Checa
9 República Checa Hunkes, JiříJiří Hunkes D D 27 Brno, República Checa
64 República Checa Sekáč, JiříJiří Sekáč RW E 19 Kladno, República Checa
12 Fabricius, KarlKarl Fabricius RW E 28 Boden, Suecia
5 Sigalet, JonathanJonathan Sigalet D E 25 Vancouver, Canadá
14 República Checa Chabada, MartinMartin Chabada LW D 34 Kladno, República Checa
21 Eslovaquia Huna, RudolfRudolf Huna RW E 31 Liptovský Mikuláš, Eslovaquia
25 Lewis, GrantGrant Lewis D D 26 Pittsburgh, Estados Unidos
77 Eslovaquia Štrbák, MartinMartin Štrbák (A) D E 36 Prešov, Eslovaquia
56 Eslovaquia Mihálik, VladimírVladimír Mihálik D E 24 Prešov, Eslovaquia
60 República Checa Ježek, AlešAleš Ježek C E 21 Tábor, República Checa
72 República Checa Balán, StanislavStanislav Balán C E 25 Hodonín, República Checa
- Eslovaquia Mráz, RichardRichard Mráz LW D 18 Nové Zámky, Eslovaquia
26 DaSilva, DanDan DaSilva RW D 26 Saskatoon, Canadá
- República Checa Matai, JakubJakub Matai F/D E 18 Kadaň, República Checa
30 República Checa Duba, TomášTomáš Duba G E 30 Praga, República Checa
- Eslovaquia Csányi, KarolKarol Csányi LW E 20 Komárno, Eslovaquiia
16 Eslovaquia Ölvecký, PeterPeter Ölvecký C E 25 Nové Zámky, Eslovaquia
- República Checa Šaršok, JaroslavJaroslav Šaršok D/F D 21 Prachatice, República Checa
88 República Checa Jank, BohumilBohumil Jank D E 19 Milevsko, República Checa
22 República Checa Klouček, TomášTomáš Klouček D E 31 Praga, República Checa
7 Hellstrom, AlexanderAlexander Hellstrom D E 24 Falun, Suecia
50 Eslovaquia Laco, JánJán Laco G E 29 Liptovský Mikuláš, Eslovaquia

Capitáns

[editar | editar a fonte]
Ľuboš Bartečko coa camisola do HC Lev Praha. Bartečko foi o primeiro e único capitán do equipo eslovaco.

Debido á súa curta traxectoria, o equipo só tivo un capitán, o eslovaco Ľuboš Bartečko, mentres que o seu compatriota Martin Štrbák e o checo Karel Pilař foron os capitáns alternos do equipo durante a súa única tempada.[31]

Líderes históricos

[editar | editar a fonte]

Esta sección presenta as estatísticas dos xogadores do Lev Poprad que lideraron ao equipo na súa única tempada de existencia. O xogador que máis partidos disputou co equipo de Poprad foi o sueco Emil Lundberg, con 54 partidos, mentres que o xogador con máis puntos foi o capitán do equipo, Ľuboš Bartečko, con 30 puntos. O máximo goleador foi o checo Tomáš Netík con 17 goles, e os xogadores con máis asistencias foron o eslovaco Juraj Mikúš e o checo Karel Pilař, ambos con 16 asistencias.[32]

Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.
Lenda: Pos = Posición; PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; P/G = Puntos por partido

Líderes históricos do Lev Poprad
Puntos Goles Asistencias
Xogador Pos PX G A Pts P/P
Ľuboš Bartečko LW 53 16 14 30 0.57
Tomáš Netík LW 42 17 11 28 0.67
Juraj Mikúš C 44 12 16 28 0.64
Václav Nedorost LW 37 14 8 22 0.59
Ladislav Nagy LW 30 7 12 19 0.63
Rastislav Špirko LW 53 10 8 18 0.34
Karel Pilař D 31 1 16 17 0.55
Jaroslav Kristek RW 39 10 6 16 0.41
Emil Lundberg C 54 10 6 16 0.30
Branislav Mezei LW 53 3 11 14 0.26
Xogador Pos G
Tomáš Netík LW 17
Ľuboš Bartečko LW 16
Václav Nedorost LW 14
Juraj Mikúš C 12
Rastislav Špirko LW 10
Jaroslav Kristek RW 10
Emil Lundberg C 10
Ladislav Nagy LW 7
Stepan Novotny RW 5
Martin Chabada RW 4
Xogador Pos. A
Juraj Mikúš C 16
Karel Pilař D 16
Ľuboš Bartečko LW 14
Ladislav Nagy LW 12
Tomáš Netík LW 11
Branislav Mezei D 11
Jiri Hunkes D 10
Vaclav Nedorost LW 8
Rastislav Špirko RW 8
Jiří Sekáč C 8

Adestradores

[editar | editar a fonte]

Na súa curta historia o Lev Poprad foi adestrado polo checo Radim Rulík, mentres que o ruso Vladimir Kapulovsky e o eslovaco Robert Pukalovic foron os seus asistentes no banco de Poprad.[30] Logo da desaparición do equipo eslovaco pasou a adestrar na seguinte tempada o HC Košice da Extraliga Eslovaca, mais acabaría sendo substituído por Milan Stas.[33]

Estatística do equipo

[editar | editar a fonte]

Estatísticas da tempada

[editar | editar a fonte]

Lenda: PX = Partidos xogados, V = Vitorias, VTE = Vitorias no Tempo Extra , SOW = Vitorias Penalty Shootout, SOL = Derrotas Penalty Shootout, D = Derrotas, GF = Goles a favor, GC = Goles en contra, Pts = Puntos

Season PX V VTE SOW SOL OTL D GF GC Pts Clasificación Playoffs
2011–12 54 13 0 3 5 4 29 125 162 54 6º da División Bobrov (21º da liga) non se clasificou
Partido Data Detalles
Primeiro partido na KHL (na casa) 12 de setembro de 2011 2–4 derrota fronte ao Metallurg Magnitogorsk
Primeiro punto na KHL 21 de setembro de 2011 3–4 SO derrota fronte ao Atlant Moscow Oblast
Primeira vitoria na KHL 26 de setembro de 2011 2–0 vitoria fornte ao Dinamo Riga
Primeiro shutout na KHL 26 de setembro de 2011 2–0 vitoria fronte ao Dinamo Riga
Primeira vitoria na casa 30 de setembro de 2011 4–1 vitoria fronte ao Dynamo Moscova
  1. As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
    *G: Goalie (porteiro)
    *C: Center (central)
    *W: Winger (Aleiro -dereito sinalado con "R" e esquerdo sinalado con "L"-)
    *D: Defenceman (defensa).
  2. As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
Referencias
  1. Aréna Poprad, por HC LEV Arquivado 30 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en eslovaco)
  2. "About Us, en HCLev.eu". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 18 de setembro de 2012. 
  3. "Transfer tales – new frontiers, en khl.ru". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2014. Consultado o 18 de setembro de 2012. 
  4. "HC Lev will not play in 2010-11 KHL Championship" (en inglés). khl.ru. 9 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2010. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  5. "HC Lev to join KHL". khl.ru. 19 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2010. Consultado o 18 de setembro de 2012. 
  6. ""Лев" не сыграет в ближайшем сезоне" (en ruso). khl.ru. 28 de xullo de 2010. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  7. "Back to 24, en khl.ru". Arquivado dende o orixinal o 05/04/2012. Consultado o 18/09/2012. 
  8. HC LEV predstavuje prvých hráčov, en hclev.eu Arquivado 20 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
  9. Kontinental Hockey League Championship – Russian Ice Hockey Championship Season 2011/2012 Calendar, en khl.ru
  10. "KHL delays games, but season will go on for Lokomotiv". National Post (en inglés). 8 de setembro de 2011. Archived from the original on 05 de xuño de 2012. Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  11. "Lev Poprad zaknihoval v KHL prvú prehru". pluska.sk (en eslovaco). 12 de setembro de 2011. Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "2011-12 Poprad Lev Results and Schedule" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  13. "Atlant Moscow Oblast - HC Lev Poprad" (en inglés). sofascore.com. 21 de setembro de 2011. Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  14. "LEV wins!, en hclev.eu". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 18 de setembro de 2012. 
  15. "Lev vyhral nad Dynamom". poprad.dnes24.sk (en eslovaco). 30 de setembro de 2011. Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  16. "2011-12 Kontinental Hockey League Standings" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 27 de abril de 2019. 
  17. "2011-2012 SKATER STATS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  18. "Permission granted". khl.ru. 30 de marzo de 2012. 
  19. "Lev, drugs and healthy nutrition, en khl.ru". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2012. Consultado o 18 de setembro de 2012. 
  20. Gazzale, James (30 de xuño de 2012). "Kontinental Hockey League Welcomes New Faces, Releases Schedule" (en inglés). thehockeywriters.com. Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  21. "HC LEV Praha" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  22. "Zimný štadión" (en eslovaco). poprad.sk. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2019. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  23. "Poprad Lev Yearly Attendance Graph" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  24. "Tatranski Vlci" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  25. "About League" (en inglés). Junior Hockey League. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  26. "Tatranskí Vlci" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  27. "MHL Chevrolet Championship – Junior Russian Competition. Season 2011-2012. Overall Standings" (en inglés). Junior Hockey League. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2020. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  28. "MHL - 2011-2012" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  29. "2011-12 Poprad Lev roster and statistics" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  30. 30,0 30,1 "Lev Poprad" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  31. "Lev Poprad - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  32. "Lev Poprad" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  33. "Radim Rulik" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 31 de outubro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]