Robra, Outeiro de Rei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Robra
CaneiroPiago2.jpg
Caneiro do Piago
ConcelloOuteiro de Rei
Poboación401 hab. (2015)
Entidades de poboación6

San Pedro Fiz de Robra é unha parroquia do concello lugués de Outeiro de Rei na comarca de Lugo. No ano 2015 contaba segundo o IGE[1] con 401 habitantes, deles 195 eran homes e 206 eran mulleres, o que supón un aumento de 7 habitantes en relación ao ano 2007.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Bañan as súas terras o rego Piñeiro e o río Miño. Dista 1,6 km da capital municipal. Ten unha altitude máxima de 400 m.

Historia[editar | editar a fonte]

Hai unha referencia a Robra na división de 11 condados da provincia de Lugo, feita polos suevos no ano 569: Ao establecer os límites do condado de Superata (Sobrada) dise que partiría da confluencia "do río Róbera" (Robra) co Miño. En 1112, nun voto real, a raíña Dona Urraca doou á igrexa de Lugo varias vilas, entre elas a de Robra.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Pedro Fiz de Robra só conserva da fábrica románica a porta principal e unha fiestra do frontis.

Na parroquia está o caneiro do Piago, orixinal paisaxe aproveitado como lugar de baño e descanso. Neste punto, as augas do río Miño son arrastradas por pequenas cascadas e pendentes. Na súa contorna hai unha minicentral eléctrica de máis de 60 anos.

Festas[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Robra[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Robra no concello de Outeiro de Rei (Lugo)

Alvite | Brandián | Francos | Penelas | Piago | Robra

Parroquias de Outeiro de Rei[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Outeiro de Rei

Arcos (San Pedro) | Aspai (San Cibrao) | Bonxe (San Mamede) | Caboi (San Martiño) | Candai (San Vicente) | Castelo de Rei (San Salvador) | Cela (Santa María) | Folgueira (San Nicolás) | Francos (Santiago) | Guillar (San Martiño) | Martul (San Pedro) | Matela (Santa Mª Madanela) | Mosteiro (San Salvador) | Outeiro de Rei (San Xoán) | Parada (San Xoán) | Robra (San Pedro Fiz) | San Clodio de Aguiar (San Clodio) | San Fiz de Paz (San Pedro Fiz) | San Lourenzo de Aguiar (San Lourenzo) | San Tomé de Gaioso (San Tomé) | Santa Mariña (Santa María) | Santiago de Gaioso (Santiago) | Silvarrei (San Xoán) | Sobrada de Aguiar (Sta. Mª Madanela) | Taboi (San Pedro) | Vicinte (Santa María) | Vilela (Santiago)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego).