Regato do Cepelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cepelo
Pequeno tramo do regato do Cepelo.
PaísGalicia Galicia
Nacementomonte de Bonxe
Lonxitude1 km.
Desembocadurarío Pequeno

O regato do Cepelo é un rego que transcorre polo concello de Outeiro de Rei, na provincia de Lugo. Desemboca no río Pequeno, un afluente do río Miño. Ten unha lonxitude aproximada de 1 quilómetro, e un caudal escaso e variable. Este regato serviu de inspiración a moitos escritores como Manuel María. O regato do Cepelo tamén é designado con outros nomes: Barciela, Monte, Portocepelo, Docepelo e Regas.

Características[editar | editar a fonte]

Nace e morre en Outeiro de Rei. Ten comezo no monte, concretamente no sur da parroquia de Bonxe. Decorre polas Regas, un pouco máis arriba do barrio do Cantón, chega ao río Robra e posteriormente desemboca no río Pequeno.

Estrada de Outeiro de Rei na zona do Regato do Cepelo.

Muíños[editar | editar a fonte]

No regato do Cepelo hai un muíño coñecido como roulón. Xusto na desembocadura do Cepelo había unha presa que atravesaba o Santa Marta[Cómpre clarificar] e tiña comporta, co obxectivo de que a auga fose pola canle cara ao muíño de Ansián. Chegando ao muíño había outra presa para regular a auga xa preto do muíño que facía funcións de aliviadoiro. Este muíño era de dúas pedras e moía todo o ano porque non só recibía auga do Cepelo, senón tamén do Robra.

O outro muíño está situado a poucos metros da desembocadura do regato, preto do barrio de Francos, na parroquia de Robra. Chámanlle o muíño de Pepe do Rato ou de Valentín.

Ademais de muíños, na contorna do regato hai varias fontes: a de Francos, a da Agüela ou Fonte de Penelas.

Madorras[editar | editar a fonte]

No catastro de Ensenada aparecen mencionadas varias madorras nas inmediacións do Cepelo. A máis rechamante é a chamada “Medorra Grande”.

No ano 1929, no boletín nº 205 da Real Academia Galega, aparece un artigo publicado por Ángel del Castillo no que di:

“Una de las comarcas más interesantes en el aspecto de la arqueología prehistórica es la de Otero de Rey, en la provincia de Lugo, en cuyos montes abundan tanto las mámoas, que llegan a construir verdaderas necrópolis. A docenas las hemos visto y anotado recorriendo aquellas tierras, siendo notable algunos grupos, como el del monte de Matela, en la parroquia de Santa Marina del Puente, en general de pequeñas proporciones, y el de las gándaras de Otero de Rey, interesante por lo numeroso y por levantarse entre ellas una de proporciones extraordinarias, pues mide más de 32 metros de diámetro”.

Nun inventario que hai no museo do Castro de Viladonga, realizado na década de 1990, aparecen mámoas no monte de Matela, no de Santa Mariña, no das Rozas, e tamén nas parroquias de Bonxe, Matela, Robra, Silvarrei, Outeiro de Rei e nas Agraceiras en Guillar.

Tamén se podían ver algúns castros.[cando?]

Poemas de Manuel María[editar | editar a fonte]

Manuel María pensou no Cepelo como exemplo de humildade. Serviulle de inspiración e aparece mencionado en moitos dos seus poemas.

O Regato do Cepelo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Álvarez, Fernán (2016). Regato do Cepelo. Guía de espazos naturais. 
  • Manuel María (1954): Terra Chá
  • Manuel María (1982): Escolma de poetas de Outeiro de Rei
  • Manuel María (1984): A luz resucitada
  • Manuel María (1986): Ritual para unha tribo capital de concello
  • Manuel María (1988): As lúcidas lúas do Outono
  • Manuel María (1993): Os lonxes do solpor

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]