Bonxe, Outeiro de Rei
| Bonxe | |
|---|---|
Igrexa de San Mamede de Bonxe. | |
| Concello | Outeiro de Rei[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 43°06′15″N 7°35′14″O / 43.1042471, -7.5871852 |
| Poboación | 240 hab. (2024) |
| Entidades de poboación | 9[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Mamede de Bonxe é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. Segundo o IGE[2], en 2024 tiña 240 habitantes (113 homes e 127 mulleres).
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia está bañada polo arroio dos Tollos e o punto máis alto sitúase no Cordal de Penelas (566 m). Pola parroquia pasa o regato do Cepelo, que nace e morre en Outeiro de Rei e é símbolo de humildade na poesía de Manuel María. Está atravesada pola liña de ferrocarril A Coruña - Palencia.
Na parroquia sitúase o centro penitenciario de Bonxe.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A parroquia é coñecida pola súa cerámica, a olaría de Bonxe, fabricada de xeito tradicional. Aparece mencionada no poema "Barro" de Manuel María, incluído na obra Terra Cha (1954).
Festas
[editar | editar a fonte]- Virxe do Rosario, a finais de setembro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Bonxe
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Bonxe no concello de Outeiro de Rei (Lugo) | |
|---|---|
|
Bouzas | Caxigal | Eirexe | O Granxo | As Lombas | Restriz | A Subida | Veiga | Vigo |
Parroquias de Outeiro de Rei
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 4 de xullo de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bonxe na web do concello de Outeiro de Rei Arquivado 08 de xuño de 2009 en Wayback Machine.