Parada, Outeiro de Rei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parada
Ponte colgante e refuxio de pescadores da Insua de Seivane.
ConcelloOuteiro de Rei[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°03′33″N 7°43′11″O / 43.0591185, -7.7197943Coordenadas: 43°03′33″N 7°43′11″O / 43.0591185, -7.7197943
Poboación80 hab. (2020)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Parada é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 95 habitantes, deles 51 eran homes e 44 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira mención da parroquia aparece no testamento maior de Odoario (ano 747), como Villa Parata cum ecclesia sancti Inhoanis constipata de familia mea pro suis terminis ab integro. Posteriormente cítase a súa igrexa en varios inventarios de bens da catedral de Lugo, así como nun privilexio de Afonso III (897), o chamado Caelicolae.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Conxunto de 10 mámoas localizadas no monte e un menhir gravado. Na canteira de pedra das Penas de Raposo, hoxe pechada, apareceu unha alabarda de sílex do período megalítico. Aquí localízanse os castros das Croas e Sampaio, e as casas señoriais de Gondai e Sampaio (do século XVII e reformada en 1856).

Na parroquia sitúase a Ponte Colgante de Parada que dá acceso á Insua de Seivane, tamén coñecida como Insua de Arriba, que conta cunha área recreativa e un refuxio de pescadores.

Festas[editar | editar a fonte]

  • San Xoán, no mes de xuño.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Parada[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Parada no concello de Outeiro de Rei (Lugo)

Gondai | As Latas | Parada | Pascuais | O Pazo | San Paio | Seivane | Trollos

Parroquias de Outeiro de Rei[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Outeiro de Rei

Arcos (San Pedro) | Aspai (San Cibrao) | Bonxe (San Mamede) | Caboi (San Martiño) | Candai (San Vicente) | Castelo de Rei (San Salvador) | Cela (Santa María) | Folgueira (San Nicolás) | Francos (Santiago) | Guillar (San Martiño) | Martul (San Pedro) | Matela (Santa María Madanela) | Mosteiro (San Salvador) | Outeiro de Rei (San Xoán) | Parada (San Xoán) | Robra (San Pedro Fiz) | San Clodio de Aguiar (San Clodio) | San Fiz de Paz (San Pedro Fiz) | San Lourenzo de Aguiar (San Lourenzo) | San Tomé de Gaioso (San Tomé) | Santa Mariña (Santa María) | Santiago de Gaioso (Santiago) | Silvarrei (San Xoán) | Sobrada de Aguiar (Sta. Mª Madanela) | Taboi (San Pedro) | Vicinte (Santa María) | Vilela (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]