Santa María de Santa Mariña é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 102 habitantes (49 homes e 53 mulleres), un máis ca no ano anterior.
A parroquia, xunto coa de Cela, está incluída na ruta das Insuas do Miño, que ao pé do río Miño percorre os concellos de Rábade e Outeiro de Rei. No ano 2002 foi declarada pola UNESCO Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Concentración de mámoas (14/15) no Monte de Santa Mariña. Achado dunha ara prerromana en Sinoga. Catro casas señoriais: o Pazo de Mirapeixe, orixe dunha das máis prestixiosos liñaxes lucenses, os Gaioso; a Casa do Rei, con escudo de armas e pombal; a casa de Garrido e a casa de Abelleira. Ponte sobre o Miño, construída no século XVIII sobre outra de orixe medieval.