Saltar ao contido

Nerea Barros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNerea Barros

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de maio de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, directora de cinema Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0057776 Allocine: 247421 Allmovie: p407098
Twitter: barrosnerea Instagram: barrosnerea BNE: XX5043097 Editar o valor en Wikidata

Nerea Barros Noya, nada en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1981, é unha actriz galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi enfermeira de pediatría no CHUS, traballo que compaxinaba con pequenos papeis como actriz de cine e teatro.[2][3] Debutou no cine en 1997, no filme Nena, de Xavier Bermúdez, co que volveu traballar en 2008 no filme Rafael, nun papel polo que foi nomeada como mellor actriz na 8ª edición dos Premios Mestre Mateo. No ano 2009 obtivo o seu primeiro papel relevante na pequena pantalla, interpretando a Sandra na serie de éxito da TVG Matalobos. En 2013 interpretou xunto a Ernesto Chao o filme O ouro do tempo e deuse a coñecer fóra de Galicia ao aparecer en dúas series de Antena 3: El secreto de Puente Viejo e El tiempo entre costuras.

En 2014 interpretou a Rocío no filme La isla mínima, papel que lle valeu o Premio Goya á mellor actriz revelación.[4] A continuación participou nas series El Príncipe, Hospital Real e Apaches, así como no filme A estación violenta, de Anxos Fazáns, papel polo que recibiu o seu terceiro nomeamento aos Premios Mestre Mateo. En 2018 interpretou a Pamela na primeira tempada da serie O sabor das margaridas.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Filme Resultado
2014 Mellor actriz revelación La isla mínima Gañadora
Ano Categoría Filme Resultado
2009 Mellor actriz Rafael Nomeada
2014 Mellor actriz O ouro do tempo Nomeada
2017 Mellor actriz A estación violenta Nomeada
  1. "Nerea Barros". aaag.gal. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2019. Consultado o 2020-04-06. 
  2. "Nerea Barros, una madrina de cine para los niños del Clínico". El Correo Gallego (en castelán). 24 de xullo de 2019. Consultado o 23 de abril de 2020. 
  3. "Nerea Barros, Goya a la mejor actriz revelación: «la Enfermería me enseñó sobre la vida y el entendimiento del ser humano»" (en castelán). 7 de agosto de 2015. Consultado o 23 de abril de 2020. 
  4. "Os galegos Nerea Barros e Javier Gutiérrez triunfan nos Goya". 8 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de abril de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]