Brigi Rafini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Brigi Rafini
Brigi Rafini 2014.jpg
Nacemento7 de abril de 1953
 Iférouane
NacionalidadeNíxer
Alma máterEscola Nacional de Administração
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Birgi Rafini é un político de Níxer nado o 7 de abril de 1953 en Iferouane, na actualidade (2011), primeiro ministro de Níxer.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alcade de Iférouane, en 2004 foi ademais elixido deputado pola rexión de Agadez en representación do Reagrupamento pola Democracia e o Progreso. En 2007, viviu na fronte a segunda revolta tuareg cando guerrilleiros tuareg e o exército regular do país se enfrontaron na zona norte do país, rica en xacementos de uranio. Foi reelixido nas eleccións presidenciais e lexislativas en 2011 como deputado de Agadez polo PNDS, o partido vencedor.

En 2011 foi escollido polo recentemente elixido presidente de Níxer Mahamadou Issoufou (tamén do PNDS) para presidir o goberno democrático de Níxer.