Lago Chad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lago Chad
Lac Tchad
ShrinkingLakeChad-1973-1997-EO.jpg
Localización administrativa
EstadoChad Chad
Camerún Camerún
Níxer Níxer
Nixeria Nixeria
Localización xeográfica
ContinenteÁfrica Central
CuncaEndorreica
Xeografía
AfluentesChari (1.200 km), Logone (950 km) e Komadugu Yobe-Hadejia (1.200)
Características
Superficie900 km² (2006)
(chegou a ter 26.000 km²)
Profundiade máxima2 m
Profundidade media7 m
Altitude280 m
Outros datos
área drenada2.381.635 km²
(activa 967 000 km²)
Mapa
Lake Chad 1973.jpg

Mapa do lago en 1973
Lake Chad.jpg

Evolución do lago

O lago Chad (francés "lac Tchad") é un lago endoréico que se atopada situado no límite entre Chad, Níxer, Nixeria e Camerún, na África Central. A súa capacidade vén diminuíndo co paso do tempo debido, sobre todo, á desertificación provocada pola proximidade do deserto do Sahara e pola captura de auga para cultivos de irrigación. Segundo a Base de Datos Global de Información de Recursos do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, esta reduciuse nun 95% entre 1963 e 1998, pero "unha imaxe de 2007 (satélite) mostra unha mellora significativa en comparación con anos anteriores".[1]

Xeografía e hidroloxía[editar | editar a fonte]

O seu maior tributario é o río Chari, o cal lle fornece o 90% das súas augas. Por mor da súa escasa profundidade, de só 7 metros no seu punto máis profundo, a área é particularmente sensible a cambios na profundidade media, e mostra fluctuacións de tamaño segundo a época do ano. Aparentemente as augas non teñen saída, aínda que as súas augas fíltranse nas depresións de Soro e Bodele. Existen numerosas illas e bancos de limo, e nas súas beiras abundan as zonas pantanosas.

Historia[editar | editar a fonte]

Extensión máxima durante o Holoceno do "Mega lago Chad" (zona verde-azul limitada por unha liña de puntos azul)

O lago Chad deu o seu nome ao país de Chad. O nome Chad é unha palabra local que significa "gran extensión de auga", noutras palabras, un "lago"[2]

Existen evidencias científicas sobre a existencia dun lago moito maior que cubría unha área de algo menos de 400.000 km² en dous pulsos húmidos do Holoceno.[3] Os seus cambios radicais de extensión teñen que ver coa súa pouca profundidade. Cando foi descuberto polos europeos en 1823 era un dos maiores lagos do mundo, pero reduciuse considerablemente desde entón. A demanda crecente de auga do lago acelerou a súa dexeneración no últimos corenta anos.[4]

Nos anos 1960 a área cuberta polas súas augas era de 26.000 km², unha extensión similar á superficie da illa de Sicilia, o cal o convertía no cuarto maior lago de África. En 2000 a súa extensión reduciuse a menos de 1.500 km², e en 2006 era de tan só 900 km²; as causas son a redución das precipitacións xunto ao aumento da extracción de auga para regadíos e outros usos, tanto do mesmo lago como dos ríos tributarios. Os prognósticos indican que o lago continuará reducíndose e mesmo acabará secándose ao longo do século xxi.[4]

Períodos de seca[editar | editar a fonte]

O lago estivo practicamente seco en 1908 e novamente en 1984 con só 1,5 m de profundidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. United Nations 2007.
  2. Room 1994.
  3. Schuster, Mathieu; et al. (2005). "Holocene Lake Mega-Chad palaeoshorelines from space". Quaternary Science Reviews 24 (16-17). ISSN 0277-3791. doi:10.1016/j.quascirev.2005.02.001. . Unha reconstrución da extensión do lago Mega Chad é visible aquí.
  4. 4,0 4,1 El gran lago Chad corre el riesgo de desaparecer en dos décadas - elperiodico.com (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]