Mahamadou Issoufou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMahamadou Issoufou

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ha) Mahamadu Isufu
(fr) Mahamadou Issoufou Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1952 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Dandadji (África Occidental Francesa) Editar o valor em Wikidata
Presidente de Níxer
7 de abril de 2011 – 2 de abril de 2021
← Salou Djibo (pt) TraducirMohamed Bazoum →
Primeiro ministro de Níxer
17 de abril de 1993 – 28 de setembro de 1994
← Amadou Cheiffou (pt) TraducirSouley Abdoulaye (en) Traducir →
Nomeado por: Mahamane Ousmane (pt) Traducir
Membro da Asemblea Nacional de Níxer
1993 – 2009
Circunscrición electoral: Tahoua (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNíxer Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoHauçás (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónEcole Nationale Supérieure des Mines de Saint-Etienne (pt) Traducir
Universidade Pierre e Marie Curie Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido para a Democracia e o Socialismo de Níxer Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
17 de xaneiro de 2017World Economic Forum Annual Meeting 2017 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLalla Malika Issoufou (pt) Traducir
Aïssata Issoufou Mahamadou (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm8864885 Facebook: MahamadouIssoufoupresid Twitter: IssoufouMhm Editar o valor em Wikidata

Mahamadou Issoufou, nado en Dandadji o 21 de agosto de 1952, é un político nixerino, que foi Presidente de Níxer entre 2011 e 2021. Anteriormente fora dirixente da oposición ao presidente Mamadou Tandja, primeiro ministro entre 1993 e 1994 e presidente da Asemblea entre 1995 e 1996. Candidato presidencial en 1993, chegou á segunda volta nas eleccións de 1999 e 2004, volvéndose presentar nas eleccións de 2011, cando gañou. É recoñecido como un político humilde, valente e honesto, dándoselle o nome de Zaki (león, en lingua hausa).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mahamadou Issoufou naceu nunha aldea da rexión de Tahoua. Director Nacional do Ministerio de Minas e Enerxía desde 1980 até 1985 e logo director de Operacións de Minas Arlit, entón chamado Liga de Minas de Aire, onde estivo até 1991, cando se preocupa pola política.

En 1990, unha época de relativa democracia no país, logrou formar canda os seus antigos compañeiros da Universidade e o Liceo o Partido Nixerino Para a Democracia e o Socialismo, de corte socialista.

Polo seu partido, participou en todas as eleccións democráticas multipartidistas celebradas no país desde a Conferencia Nacional Soberana, 1992. Nas eleccións dese ano preséntase e queda en terceiro lugar, despois de Tandja Mamadou e Mahamane Ousmane. O seu partido aliouse co CDS e o ANDP, formando un grupo chamado Alianza da Forza do Cambio, que permitiu a elección de Ousmane en 1994.

Nomeado Primeiro ministro, a alianza co CDS e o ANDP crebou en 1995 e Issoufou tivo que dimitir. As novas eleccións levárono a tomar o cargo de Presidente da Asemblea en 1995, até xaneiro de 1996 coa chegada da ditadura militar dirixida por Ibrahim Baré Mainassara.

Preséntase novamente ás eleccións democráticas celebradas en 1999, chegando á segunda volta, gañando Mamadou Tandja. Tras converterse en opositor de Tandja, toma o poder da asemblea Nacional até 2009. Tras ter decidido Tandja permanecer no poder, Issoufou únese ao movemento contra o plan Tazartche de Tandja.

Presentouse ás eleccións presidenciais de 2011, nas cales resultou vencedor en segunda volta co 58% dos votos. Tras a entrega do poder por parte da Xunta Militar encabezada por Salou Djibo, o cal derrocara a Mamadou Tandja logo de 10 anos no poder, asume o cargo de Presidente de Níxer o 7 de abril de 2011.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]