Chișinău (pronúnciase /ki.ʃi.'nəǔ/, quixinau) é a capital e a maior cidade da Moldova, antigamente coñecida como Kishinev. É tamén considerada unha das capitais máis arborizadas da Europa e é a máis grande da república. Localízase no centro xeográfico do país, ás marxes do río Bîc.
Economicamente, a cidade é o maior centro comercial e industrial da área, así como o maior nó de comunicacións. A cidade de Chisinau é un dos centros culturais de Moldova e é unha das capitais europeas con maior proporción de zonas verdes.
Cunha poboación de 756.900 habitantes (2023) que chega aos 976.000 coa súa area metropolitana, Chișinău é, despois de Bucarest, a segunda maior cidade de lingua romanesa do mundo.
Do total da súa poboación, cerca do 73% son de etnia moldova/romanesa, en canto que un 13% son rusos, un 8,5% de ucraínos e 1,2% de búlgaros. O restante está composto de diversos grupos étnicos, como os gagauz.
Durante a época soviética, Chișinău oficialmente chamábase Kishinev (Кишинёв) e así aínda é coñecida en moitos países, como un dos vestixios da era comunista.