Eugen Coșeriu
Eugen Coșeriu | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de xullo de 1921 |
Lugar de nacemento | Mihăileni |
Falecemento | 7 de setembro de 2002 |
Lugar de falecemento | Tubinga |
Nacionalidade | Romanía e Alemaña |
Etnia | Pobo romanés |
Alma máter | Universidade de Iași, Universidade de Roma La Sapienza e Universidade de Milán |
Ocupación | lingüista, filólogo, profesor universitario, romanista e filósofo da linguaxe |
Premios | Order of the Republic, doutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid, doutor honoris causa pola Universidade de Padua, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, doutor honoris causa pola Universidade de Vigo, doutor honoris causa pola Universidade de Salamanca, honorary doctorate of the University of Las Palmas, Gran Canaria, honorary doctorate of the Autonomous University of Madrid e honorary doctor of the Valahia University of Târgoviște |
Na rede | |
http://www.coseriu.de | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eugen Coșeriu ou Eugenio Coseriu,[1] nado en Mihăileni (na actualidade pertencente a Moldavia) o 27 de xullo de 1921 e finado en Tubinga (Alemaña) o 7 de setembro de 2002, foi un lingüista alemán de orixe romanesa. A súa contribución á historia da lingüística e revisión e interpretación de moitos conceptos tradicionais foi fundamental. É autor dunha importante obra teórica que afondou en moitos aspectos da linguaxe.
Doutor en filosofía e filoloxía, filólogo romanista. Cualificado por Mircea Borcilă (Universidade de Cluj) como:
O máis lúcido expoñente da cultura romanesa no plano universal do coñecemento humano.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De gran formación filosófica, histórica, lingüística e clasicista, en 1940 e xa iniciados os seus estudos universitarios, Coseriu trasladouse a Roma, onde os terminou; once anos despois e ata 1958 foi profesor na Universidade de Montevideo e, dende 1963 ata a súa morte, foino na de Tubinga (Alemaña). Na súa dilatada carreira publicou moitos estudos e artigos, algúns deles recompilados en obras como Teoría del lenguaje y lingüística general ou Tradición y novedad en la ciencia del lenguaje. A súa obra é moi extensa e orixinal, aínda que nunca chegou a publicar un manifesto ou manual que sistematizase o seu pensamento e presentase a súa teoría lingüística como unha unidade; porén, si que se interesou pola sistematización do léxico e o ámbito da creatividade lingüística.
Coseriu figura tamén entre os filósofos que se aproximaron á linguaxe dende a lóxica, tratando de delimitar o que hai de particular, xeral e universal na mesma; ambición que empeza incluso con Aristóteles, pero que se materializa na lingüística contemporánea con Humboldt, Saussure e os lingüistas posteriores a eles.
Obra[editar | editar a fonte]
- Sincronía, diacronía e historia. El problema del cambio lingüístico (1958).
- Teoría del lenguaje y lingüística general (1962).
- Sprache, Strukturen und Funktionen (A fala, estruturas e funcións, 1970).
- Tradición y novedad en la ciencia del lenguaje (1977).
- Principios de semántica estructural (1977).
- Estudos de lingüística románica (1977).
- Der Mensch und seine Sprache.
- Lecciones de lingüística general (1977).
- Gramática, semántica, universales. (1978).
- Textlinguistik. Eine Einführung (1980).
- Competencia lingüística (1992).
- Política, lengua y nación (publicado en 1995 xunto cos lingüistas españois Manuel Alvar e Fernando Lázaro Carreter)[3].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "COSERIU, Eugenio". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ www.academiaromana.ro
- ↑ Política, lengua y nación. Madrid: Fundación Friedrich Ebert. D.L. 1995. ISBN 9788486791193. OCLC 433820066.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Eugenio Coseriu". Enciclopedia Microsoft Encarta (DVD) (en castelán). Microsoft Corporation. 2009.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Lingüistas de Romanía
- Tradutores de Romanía
- Tradutores de Alemaña
- Tradutores do Uruguai
- Académicos da tradución
- Nados en Moldavia
- Doutores honoris causa pola Universidade de Vigo
- Doutores honoris causa pola Universidade Autónoma de Madrid
- Escritores en lingua castelá
- Escritores en lingua romanesa
- Profesores da Universidade da República