Saltar ao contido

Economía de Moldova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Moldova
Moeda Leu moldovo (MDL)
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, GUAM, CEFTA
Datos estatísticos[1]
PIB 12,56 mil millóns (2012)
Posición do PIB 148ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 3% (2012)
PIB per cápita 3 500 (2012)
PIB por sector agricultura 16.2%; industria 20%; servizos 63.8% (2012)
Inflación 7.6% (2011)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 1.216 millóns[3] (2011)
Forza de traballo por sector agricultura 40.6%; industria 16%; servizos 43.3% (2005)
Desemprego 6.2%[3]% (2011)
Industrias {{{Industrias}}}
Parcerías comerciais[1]
Exportacións $2,56 mil millóns[1] (2012)
Produtos de exportación alimentos, téxtiles, máquinas
Principais mercados Rusia 23.77%, Italia 14.11%, Romanía 12.74%, Alemaña 6.92%, Turquía 6.08%, Belarús 5.38% (2009)
Importacións $5,39 mil millóns[1] (2012)
Principais produtos importados produtos minerais e combustibles, máquinas e equipamentos pesados para construción, produtos químicos, téxtiles
Principais mercados Ucraína 20.2%, Rusia 19.7%, Romanía 14.3%, Alemaña 7.9%, Italia 5%, Belarús 4.2% (2008) (2009)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa $5 167 millóns (31 de decembro de 2012)[1]
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

A economía de Moldova, tradicionalmente agrícola, comezou despois da caída da Unión Soviética en 1991, do mesmo xeito que a maioría dos territorios ex-soviéticos, un acelerado proceso de industrialización, especialmente alimentaria (viño e azucre refinado). A produción de refrixeradores, confección, materiais de construción e maquinaria agrícola é tamén significativa. O país é un dos países máis pobres da Europa, a pesar do recente crecemento da súa pequena economía.

A agricultura emprega máis de 1/3 da súa forza de traballo. Sendo aínda un importante motor económico, perdeu peso por mor da acelerada industrialización. Con todo, conseguiu florecer de novo ante a crise do seu sector industrial. Actualmente, un 40% da poboación activa da República de Moldova aínda se dedica á agricultura.

A produción agrícola moldova é variada: xirasol, tabaco, cereais, vide, hortalizas, remolacha azucreira e pataca. A gandaría é pouco significativa, e é principalmente bovina e porcina, ademais da cría de aves de curral.

PIB por sectores de Moldova

Existe en Moldova petróleo, aínda que en pouca cantidade, e extráese sal dalgunhas minas. É unha das ex repúblicas soviéticas máis pobres en recursos do subsolo explotados.

Como sucedeu no resto das antigas repúblicas que formaron a Unión Soviética, a economía moldova sufriu un forte retroceso tras a independencia. O conflito da República de Moldova coa zona rebelde de Trans-Dniéster ou Transnistria agravou aínda máis a situación.

Moldova mantén unha actividade comercial relativamente elevada con outros países europeos como Rusia, Ucraína, Italia, Alemaña ou Romanía.

Importacións e exportacións

[editar | editar a fonte]
Exportacións a Importacións de
País Porcentaxe País Porcentaxe
Rusia Rusia 32.9 % Ucraína Ucraína 20.9 %
Italia Italia 12.7 % Rusia Rusia 15.1 %
Ucraína Ucraína 9.5 % Romanía Romanía 13.1 %
Romanía Romanía 6.7 % Alemaña Alemaña 8.3 %
Alemaña Alemaña 4.5 % Italia Italia 6.6 %
Outros 33.7 % Outros 36 %
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2015. Consultado o 14 de marzo de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. 3,0 3,1 http://www.statistica.md/category.php?l=ro&idc=107&

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.