Kazakhstán
Қазақстан Республикасы (kk) Қазақстан (kk) ![]() | |||||
Himno | Meniñ Qazaqstanım ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «El meu Kazakhstan» «Менің Қазақстаным» ![]() | ||||
Epónimo | Pobo kazako ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Astana (1997–) ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Almati Aqmola (pt) ![]() Aqtöbe (pt) ![]() Astana Atyrau (pt) ![]() Baikonur Cazaquistão Ocidental (pt) ![]() Cazaquistão Oriental (pt) ![]() Cazaquistão do Norte (pt) ![]() Cazaquistão do Sul (pt) ![]() Jambyl (pt) ![]() Mangghystau (pt) ![]() Pavlodar (pt) ![]() Provincia de Almati Qaraghandy (pt) ![]() Qostanay (pt) ![]() Qyzylorda (pt) ![]() Shymkent (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 20.139.914 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | Lingua kazaka lingua rusa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.724.900 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Khan Tengri (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Karagiye (−132 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1991: causado por Disolución da Unión Soviética ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | presidencialismo ![]() | ||||
• Presidente ![]() | Kassym-Jomart Tokayev (2019–) ![]() | ||||
Órgano executivo | Goberno de Kazakhstán ![]() | ||||
• Primeiro ministro ![]() | Älihan Smaiylov (2022–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento de Kazakhstán , ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 197.112.255.361 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | tenge kazakh ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .kz e .қаз ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +7 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 101, 102 e 103 ![]() | ||||
Código de país | KZ ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | gov.kz ![]() | ||||
![]() |
Kazakhstán,[1][2] tamén chamado Kazakistán,[3] Casaquistán[4] ou Kazhakhstán,[5][6][7][8] é un país fundamentalmente asiático, aínda que tamén inclúa unha rexión relativamente pequena que, xeograficamente, pertence á Europa: a área situada ao oeste do río Ural, o punto máis oriental do continente europeo. Limita ao norte e oeste con Rusia (6.846 quilómetros de fronteira), ao leste coa China (1.533 km), a sur co Kirguizistán (1.051 km), o Uzbekistán (2.203 km) e Turkmenistán (379 km) e a oeste co Mar Caspio. É o noveno país máis grande do mundo por superficie, mais ten unha densidade de 6 hab./km².
Kazakhstán foi un dos países que se volveron independentes coa disolución da Unión Soviética, proclamando a súa independencia o 16 de decembro de 1991.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Kazakhstán.
Os kazakos, ou cabaleiros das estepas, descenden de tribos nómades de orixe turca e relixión islámica que, no século XVII, piden protección ao tsar ruso perante a ameaza de invasión mongol. O Imperio Ruso retira o poder dos xefes tribais e domina gradualmente Kazakhstán.
Coa abolición da servidume polo imperio, no 1861, millóns de labregos rusos e ucraínos instálanse nas terras kazakas doadas polo goberno central, provocando resentimentos entre os nativos. O exército tzarista reprime unha rebelión contra o poder ruso no 1916, matando 150.000 persoas.
Cambio de presidente, e do nome da capital
[editar | editar a fonte]Nursultan Nazarbayev, veterano ex-comunista, o único dirixente da antiga URSS no poder sen interrupcións desde a disolución do país en 1991, o político que máis tempo permaneceu no poder en todo o espazo post-soviético, anunciou por sorpresa, o 19 de marzo de 2019 a súa dimisión tras practicamente 30 anos á fronte de Kazakhstán. Nazarbáyev, de 78 anos de idade, fixo pública a súa decisión a través dunha alocución televisada polos principais canais do país. «Este ano cumpriranse 30 anos desde que ocupo o cargo máis alto. O pobo outorgoume a posibilidade de ser o primeiro presidente do Kazakhstán independente», dixo diante as cámaras despois de dar a coñecer a súa renuncia.[9][10]
Porén, o líder kazako non se apartará demasiado dos centros de poder. Segundo as súas palabras, manterse á fronte do Consello de Seguridade da república, do Consello Constitucional e do seu partido Nur Otan, o maioritario no Parlamento. Até que se celebren unhas novas eleccións, o presidente é Kassym-Jomart Tokayev, que ocupaba o cargo de presidente do Senado no momento da renuncia do xefe de Estado.[9][10]
A primeira medida adoptada polo Parlamento kazako, tras renunciar Nursultan Nazarbayev ao seu cargo de Xefe do Estado e tras tomar posesión o novo presidente interino, Kassym-Jomart Tokayev, non caeu ben entre algúns cidadáns de Astana,[11] a capital do país, cuxo nome foi cambiado ao do pai da Nación, Nur-Sultan.[10] Con todo, só tres anos despois, a cidade volveu cambiar de nome, recuperando a denominación de Astana.[12]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Kazakhstán é un país transcontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Central e unha menor (ao oeste do río Ural) en Europa. Cunha superficie de 2 724 900 km²,[13] é o noveno país máis grande do mundo, así como o estado sen litoral marítimo máis extenso do mundo (considerando o mar Caspio como un lago). Kazakhstán é un dos seis Estados túrquicos independentes, xunto a Turquía, Azerbaidján, Kirguizistán, Uzbekistán e Turkmenistán; comparte fronteiras cos tres últimos e con Rusia e a China, ao mesmo tempo que posúe costas no mar Caspio e no mar de Aral. A capital foi trasladada en 1997 de Almati, a cidade máis poboada de Kazakhstán, a Astana. Kazakhstán pertence á rexión natural denominada Asia Central, formada ademais, xunto con Tadjiikistán, por tres dos países xa citados, Kirguizistán, Uzbekistán e Turkmenistán.
A maior parte do territorio está cuberta por deserto, semi-deserto e estepa, aínda que ao norte o país atinxa a zona da taiga. O clima é continental, con veráns quentes e invernos fríos.
Organización político-administrativa
[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Subdivisións de Kazakhstán.
Kazakhstán está formado por 14 provincias (oblystar; en singular: oblys) e tres cidades (qala; en singular: qalasy). Á súa vez, as provincias divídense en distritos.
Provincia | Capital | Área (km²) | Poboación |
---|---|---|---|
Akmola | Kokshetau | 121,400 | 829,000 |
Aktobe | Aktobe | 300,600 | 661,000 |
Almaty(1) | Almaty | 324.8 | 1,226,300 |
Provincia de Almati | Taldykorgan | 224,000 | 860,000 |
Astana(1) | Astana | 710.2 | 600,200 |
Atyrau | Atyrau | 118,600 | 380,000 |
Baiconur(2) | Baikonur | 57 | 70,000 |
Kazakhstán oriental | Oskemen | 283,300 | 897,000 |
Karagandy | Karagandy | 428,000 | 1,287,000 |
Kostanay | Kostanay | 196,000 | 975,000 |
Kyzylorda | Kyzylorda | 226,000 | 590,000 |
Mangystau | Aktau | 165,600 | 316,847 |
Kazakhstán setentrional | Petropavl | 123,200 | 586,000 |
Pavlodar | Pavlodar | 124,800 | 851,000 |
Kazakhstán meridional | Shymkent | 118,600 | 1,644,000 |
Kazakhstán occidental | Oral | 151,300 | 599,000 |
Zhambyl | Taraz | 144,000 | 962,000 |
Notas:[13]
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Kazakhstán.
Mapas e imaxes
[editar | editar a fonte]-
Mapa
-
Imaxe satélite
-
Mapa político
-
Mapa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Real Academia Galega (2016). Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente (PDF). Portal das Palabras. Real Academia Galega.
- ↑ "Kazakh". Digalego. Consultado o 24/12/2024.
- ↑ González González, Manuel (ed.). "Kazako". Tergal. Consultado o 25/12/2024.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura (2004). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 116. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Diciopedia do século 21.
- ↑ Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. (2012). Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8.
- ↑ Castro Figueiras, Eva María; Rodríguez Ricart, María Cristina (2019). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Na universidade onde queiras pero en galego (PDF). ISBN 978-84-8158-827-9.
- ↑ 9,0 9,1 El presidente kazajo y último líder soviético, renuncia tras 30 años en el poder. La Voz de Galicia, 20-03-2019.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Nazarbayev dimite por sorpresa como presidente de Kazajstán tras tres décadas en el poder. ABC, 19-03-2019.
- ↑ "La cacicada de poner a la capital el nombre de Nazarbáyev provoca protestas en Kazajstán". abc (en castelán). 2019-03-21. Consultado o 2019-07-12.
- ↑ "Kazakhstan changes capital's name from Nur-Sultan back to Astana" (en inglés). 18 de setembro de 2022. Consultado o 26 de setembro de 2022.
- ↑ 13,0 13,1 Kazajistán. Geografía (Oratlas. Tradución ao castelán do World Factbook da CIA)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kazakhstán ![]() |
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |