Saltar ao contido

Capela da Misericordia de Viveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capela da Misericordia de Viveiro
Capela da Misericordia
PaísEspaña
LocalizaciónViveiro
Coordenadas43°39′53″N 7°36′06″O / 43.66473, -7.601792
DioceseDiocese de Mondoñedo-Ferrol
EstiloRenacemento
editar datos en Wikidata ]

A capela da Misericordia[1] ou capela da Nosa Señora da Misericordia é un templo relixioso situado en Viveiro. Está situada no barrio da Misericordia, nos arrabaldes do núcleo urbano, do outro lado da ría de Viveiro, sobre a cal pasa a ponte da Misericordia.

A construción da capela débese ao donativo de Rodrigo Alfonso Alfeirán, quen nunha escritura outorgada ante o escribán de Viveiro Miguel Galo, dispuxo o 29 de xullo de 1603:

Que a Honra y Gloria de Dios Todopoderoso, Santísima Trinidad, Padre, Hijo, Espíritu Santo, Trino y Personal y Uno en Esencia, y de la Santísima Virgen Nuestra Señora y para aumento del Culto Divino y Devoción de los fieles Cristianos y sufragio de los fieles difuntos, ordenaba de fundar y fundaba con dedicación perpetua una ermita o capilla con título y nombre de Santa María de la Misericordia, sita de la otra parte al cabo de la Puente de esta dicha Villa, en su propiedad, heredad y a su costa, teniéndolo por bien y aprobándolo su Señoría Reverndísima Don Diego González Samaniego, Obispo y Señor de Mondoñedo, del Consejo del Rey Nuestro Señor, debajo de cuya protección y amparo la ofrecía y dedicaba y consentimiento del Bachiller Alonso Fernández de Castro, Cura propio de la iglesia parroquial del Señor Santiago de esta Villa en cuyo distrito y feligresía está sita la dicha ermita y capilla…[2]

A capela é de estilo renacentista. Na fachada principal ten dúas portas e unha fiestra que remata nunha espadana. No ático da fachada ten un escudo acuartelado cos brasóns das familias Posada, Pallarés, Somoza e Alfeirán.

A planta é unha nave con bóveda de medio canón, dividida por dous arcos torais. Unha reixa separa a nave do altar, cuberto por unha cúpula decorada con frescos do pintor Camilo Díaz.

O altar maior foi proxectado polo escultor Juan Sarmiento, e está adicado á Ascensión da Nosa Señora. No altar do lado do evanxeo hai unha imaxe de Antonio de Padua, e no lado da epístola hai unha imaxe do Ecce Homo da Misericordia.

O Ecce-Homo da Misericordia

[editar | editar a fonte]

A imaxe do Ecce Homo situada no altar maior recibe culto en toda a comarca. Atribúenselle numerosas milagres, nas cales se fundou a devoción popular. O primeiro venres de marzo, coñecido como o "día das tres grazas", acoden os devotos axeonllados para pedirlle favores.

O vencello entre o Ecce-Homo e os mariñeiros de Celeiro é unha tradición secular en Viveiro. Na imaxe, o pesqueiro Ecce Homo Glorioso no porto de Celeiro.

Confraría da Misericordia

[editar | editar a fonte]

A capela foi sede da extinta Confraría da Nosa Señora. Na actualidade existe a Confraría da Misericordia, que desde o 2007 participa na Semana Santa de Viveiro coa súa imaxe titular, o Ecce-Homo da Misericordia.

  1. Historia de Vivero y su Concejo, Donapétry Iribarnegaray, Juan.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Donapétry Iribarnegaray, Juan. Historia de Vivero y su Concejo.