Rexión de Osh
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Kirguizistán | ||||
| Capital | Osh | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.514.900 (2025) | ||||
| Lingua usada | Língua Dungan (pt) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 29.200 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 21 de novembro de 1939 | ||||
| ISO 3166-2 | KG-O | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Kíiv (2002–) | ||||
| Sitio web | osh.gov.kg | ||||
A Rexión de Osh (en kirguiz: Ош областы) é unha rexión de Kirguizistán. A súa capital é Osh. Ten fronteiras nacionais coa Rexión de Batken, Rexión de Jalal-Abad e a Rexión de Naryn, e internacionais con Tadjiikistán, Uzbekistán, Xinjiang e a China.
A cidade de Osh, aínda que é a capital da rexión, non forma parte desta, xa que é unha das dúas cidades autogobernadas xunto a Bixkek.
Demografía
[editar | editar a fonte]En 2009, a Rexión de Osh (excluíndo a cidade de Osh) comprendía tres cidades (Nookat, Uzgen, e Kara-Suu), 2 vilas e 474 aldeas. De acordo co Censo de 2009, a poboación total era de 999,576. Deles, 82,841 persoas vivían en zonas urbanas, e 916,735 en zonas rurais.
Máis da metade dos uzbekos que moran en Kirguizistán, o fan na rexión de Osh.
Composición étnica
[editar | editar a fonte]| Grupo étnico | Poboación | Proporción da poboación |
|---|---|---|
| Uzbekos | 758036 | 68.6% |
| Kirguiz | 308688 | 28.0% |
| Uigures | 11181 | 1% |
| Turcos | 10934 | 1% |
| Taxicos | 6711 | 0.6% |
| Azerís | 3224 | 0.3% |
| Rusos | 1552 | 0.1% |
| Tártaros | 1337 | 0.1% |
| Dungans | 793 | 0.1% |
| outros | 1792 | 0.2% |
Distritos
[editar | editar a fonte]A Rexión de Osh está dividida administrativamente en 7 distritos.[1]
| Distrito | Capital | Localización |
|---|---|---|
| Distrito de Uzgen | Uzgen | Norte |
| Distrito de Kara-Suu | Kara-Suu | Norte |
| Distrito de Aravan | Aravan | Norte |
| Distrito de Nookat | Eski-Nookat | Oeste |
| Distrito de Chong-Alay | Daroot-Korgon | Suroeste |
| Distrito de Alay | Gul'cha | Sueste |
| Distrito de Kara-Kulja | Kara-Kulja | Leste |
Enclaves e exclaves
[editar | editar a fonte]O único exclave kirguiz en Uzbekistán é administrado pola Rexión de Osh (Distrito de Kara-Suu). Situado no Val de Fergana, a vila de Barak (poboación 627) está na estrada de Osh a Khodjaabad (Uzbekistán), a 4 km ao noroeste da fronteira kirguiz-uzbeka en dirección Andijan.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kyrgyzstan - Джалал-Абадская область". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2009. Consultado o 16 de marzo de 2016.
- ↑ Map showing the location of the Kyrgyz exclave Barak.
| A Galipedia ten un portal sobre: Kirguizistán |

