Lago Titicaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Titicaca»)

Coordenadas: 15°49′30″S 69°19′30″O / -15.825, -69.325

Lago Titicaca
Lago Titicaca
ContinenteAmérica do Sur
Cota3821 msnm

O Lago Titicaca, con cerca de 8300 km², é o maior lago de América do Sur. Situandose a 3821 m por enriba do nivel do mar, é o máis alto lago comercialmente navegábel do mundo.

Localización e características[editar | editar a fonte]

Localizado no altiplano dos Andes, na fronteira do Perú e Bolivia, ten unha profundidade media de 140 a 180 m, e unha profundidade máxima de 280 m. A súa orixe débese á recesión dos glaciares e á formación no Plistoceno Inferior dunha fosa tectónica que ocupou o actual Titicaca.[1]

Máis de 25 ríos desaugan no lago Titicaca, e o lago ten 41 illas, algunhas densamente poboadas.

O Titicaca é interesante pola poboación que viven nos Uros, un conxunto de nove illas artificiais, que se converteron nunha grande atracción turística no Perú, traendo excursións desde a cidade de Puno, no Perú. Outra illa, Taquile, é outra grande atracción turística, presentando unha comunidade indíxena. Os habitantes de Taquile son coñecidos polos seus produtos téxtiles feitos á man, considerados entre as manufacturas de mellor cualidade do Perú.

O lago Titicaca é alimentado pola auga das chuvias e polo desxeo dos glaciares que rodean o altiplano. É fonte do río Desaguadero, que corre para o sur a través de Bolivia até o Lago Poopó; no entanto, este afluente é responsábel polo menos do cinco por cento da perda de auga, o resto evapórase debido aos ventos intensos e á exposición extrema á luz do Sol nesta altitude.

Toponimia[editar | editar a fonte]

A orixe do nome Titicaca é descoñecida; foi traducido como "Pedra do Puma", combinando palabras do quechua e do aimará. Localmente, o lago é coñecido con diversos nomes.

Como a parte sueste do lago está separada do resto do lago polo estreito de Tiquina, os bolivianos chaman esa pequena parte Lago Huinaymarca, e a parte maior Lago Chucuito. No Perú, esas partes pequena e grande coñécense como Lago Pequeño e Lago Grande, respectivamente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Claude Dejoux e André Iltis (1991). El Lago Titicaca: síntesis del conocimiento limnológico actual. IRD Editions, páxina 26.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]