Karakol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKarakol
Каракол (ky) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 42°29′26″N 78°23′37″L / 42.4906, 78.3936Coordenadas: 42°29′26″N 78°23′37″L / 42.4906, 78.3936
EstadoKirguizistán
Subdivisões (pt) TraducirRexión de Isiq-Köl Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación85.588 (2022) Editar o valor em Wikidata (1.781,23 hab./km²)
Xeografía
Superficie48,05 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.690 m Editar o valor em Wikidata
Creación1 de xullo de 1869 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal722360 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
UTC+6 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webkarakol.com.kg Editar o valor em Wikidata
Entrada ao Museo Przewalski, en Karakol.

Karakol (en kirguiz Каракол, boneca negra) é unha cidade de Kirguizistán, situada cerca do extremo oriental do lago Issyk-Kul, a uns 150 km da fronteira con China e a 380 km da capital, Bixkek.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Localización de Karakol, na beira oriental do lago Issyk-Kul.
A catedral ortodoxa rusa de Karakol.

Situada a unha altitude de 1 690 msnm, ocupa unha superficie de 48,05 km2. No ano 2009 tiña unha poboación de 63 377 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 1 319 hab./km2.

A cidade é a capital administrativa da Rexión de Isiq-Köl.

Desde 1991, un distrito da cidade, a 12 km do centro, coñécese co nome de Pristan-Przewalsk (en ruso Пристань-Пржевальск),[1] na honra do xeógrafo, explorador e naturalista ruso Nikolai Przewalski, que faleceu alí o 1 de novembro de 1888.[2]

Poboación[editar | editar a fonte]

O poboamento kirguiz da cidade resultou da colectivización das terras e da sedentarización dos nómades nos anos 1930, aínda que a poboación ruse está ben representada. Karakol conta así mesmo cunha numrosa comundidade dugane.[3]

Censos ou estimacións da poboación dan a seguinte evolución:[4]

Serie de poboación histórica de Karakol
Ano19111933195919701979199920092013
Poboación1300018700325654226250830643226337767700

Historia[editar | editar a fonte]

Construída nunha rexión de poboamento antigo, con restos de varias aldeas medievais, algunhas delas absorbidas na cidade, que acolleran mosteiros cristiáns na Antigüidade e na Alta Idade Media, a cidade actual foi edificada polos rusos a partir do século XIX. A súa construción débese á decisión de colonizar a conca do Issyk Kul, tomada polo tsar Alexandre II,[5] despois das expedicións de recoñecemento dirixidas polo militar e explorador ruso Nikolai Mikháilovich Przewalski quen, mentres preparaba unha expedición para chegar ao Tíbet, morreu o 20 de outubro (1 de novembro, segundo o calendario gregoriano) de 1888 en Karakol. A cidade foi poboada orixinalmente por labregos rusos.

Durante a Gran Guerra Patriótica (1941-1945), a cidade de Karakol recibiu un afluencia de refuxiados e evacuados chegados do oeste da URSS.

Como quedou dito, en 1991, un barrio de Karakol foi rebautizado como Pristan-Przewalsk.

Karakol é hoxe un mercado de alimentos e gando, e a sede da administración rexional, e conta cunha pequena universidade. A cidade vive en parte da súa proximidade á mina de ouro Koumtor, que emprega a moitos traballadores da localidade.

Economía[editar | editar a fonte]

A cidade é un dos tres piares, con Bixkek e Osh, do principal eixe económico do país, beneficiándose en particular de investimentos do estranxeiro.[6]

Karakol é, por outra parte, un centro de produción de drogas, contando co laboratorios arteesanais.[7]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pristan-Przhevalsk Consultada o 19 de marzo de 2019
  2. Nikolai Mikhailovich Przhevalskii Consultada o 19 de marzo de 2019.
  3. Os duganes son un pobo chinés de relixión musulmá que vive como minoría en varios países da Asia Central; en 2009, a maior poboación, cerca de 60 000 individuos, vivía no Quirguistán.
  4. Censos de 1959, 1970 e 1979 Arquivado 09 de setembro de 2011 en Wayback Machine. — Censos e estimacións da poboación desde 1979.
  5. Guillaume de Dieuleveult, "La magie sauvage du Kirghizistan", Le Figaro Magazine, semana do 15 de setembro de 2017, páxinas 82-93.
  6. René Cagnat "Kirghizistan 2004" Le Courrier des Pays de l'Est, nº 1047, xaneiro-febreiro, 2005, páxinas 152-164.
  7. Sophie Hohmann: "Le narcotrafic en Asie central: enjeux géopolitiques et répercussions sociales" Revue internationale et stratégique, nº 64, ano 2006/4, páxinas 111-120.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]