Selección Xa!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Selección Xa! é un CD lanzado en 1997 por edicións Xerais e Cormorán Producións. Distribuído co primeiro número da revista Bravú, ten 9 temas de diversos grupos. O libreto, deseñado por María Luaces, inclúe fotos das gravacións e as letras dos temas.

Feito co propósito de reivindicar unha selección nacional galega, no disco colaboran futbolistas de primeira liña da época, como eran Fran e José Ramón do Dépor, Míchel Salgado do Celta e Nacho do Compostela.

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Galicia/Brasil, I" (Viña, Mercedes Peón e Manu Chao)
  2. "Lume de biqueira" (Fran + José Ramón + Os Diplomáticos de Monte-Alto)
  3. "Selección Ska" (Xenreira + Nacho)
  4. "Un cantar miudíño" (Siareiros Galegos)
  5. "Selección de Breogán" (Korosi Dansas + Míchel)
  6. "Galicia/Brasil, II" (Viña, Mercedes Peón e Manu Chao)
  7. "Arsenio is in da'house" (Sushi Loop)
  8. "Futbolistas de Galicia" (Coro dos Rozadores de Santa Cristina de Viso)
  9. "Non vai ser todo fútbol" (Pinto d'Herbón)