Sociedad Deportiva Ciudad de Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ciudad de Santiago")
Cidade de Santiago
Nome Sociedade Deportiva Cidade de
Santiago, S.A.D.
Fundación 1978 (como Club Atlético Fátima)
Estadio San Lázaro
Santiago de Compostela,
A Coruña, Galiza
Inauguración 1993
Capacidade 14.000
Presidente Flag of Galicia.svg José Suárez Alén
Adestrador Flag of Galicia.svg Luis Míguez
Liga Segunda B
2008-09 13º (2ª B)
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra
Partido entre o Cidade de Santiago e o Montañeros CF.

O Sociedade Deportiva Cidade de Santiago foi un club de fútbol galego, de Santiago de Compostela, que xogaba os seus partidos no estadio de San Lázaro. Foi fundado en 1978 como Club Atlético Fátima.

Xugou en Segunda División B durante a tempada 2008-09, pero descendeu a Terceira por impagos. Finalmente, o equipo desapareceu en 2010.

Historia[editar | editar a fonte]

O antecesor do club SD Cidade de Santiago foi o Club Atlético Fátima, fundado o 14 de xuño de 1978 por un grupo de amigos do barrio do Castiñeiriño para difundir a práctica do deporte. Afiliuouse na Federación Galega de Fútbol o 22 de xuño de 1978 co número 1193, e inscríbiuse no rexistro nacional de clubs co número 12.643. O club competiu varios anos en categorías locais, até que no ano 2004 comeza a militar na rexional preferente galega, xa no histórico campo de San Lázaro, en detrimento do campo de Santa Isabel.

A partir de setembro do ano 2005 o equipo transformouse en Sociedade Anónima Deportiva coa denominación de Sociedade Deportiva Cidade de Santiago, nun intento de medrar deportiva e socialmente. Nese mesmo ano tamén se creou o primeiro equipo feminino do club.

Na tempada 2006/2007 acadoa outro ascenso histórico á Terceira División, despois de vencer na promoción ó Verín CF; e na tempada seguinte ascende á Segunda División B, categoría na que militou un ano.

En agosto de 2009 o club sufriu un descenso administrativo, logo de non facer efectivos os dereitos para xogar en Segunda B. A súa última tempada pasouna en Terceira dentro do Grupo I, pero a falta de pagamentos aos xogadores sucedéronse e o equipo non se presentou a varios partidos da competición. Isto provocou que a RFEF eliminase ao equipo do campionato mediante un descenso a Preferente, o que provocou a súa desaparición definitiva.[1]

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta branca con raias verdes, pantalón e medias verdes.
  • Uniforme alternativo: Camiseta granate con detalles brancos, pantalón e medias granates.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 1
  • Tempadas en : 2
  • Tempadas en categorías rexionais: 29
  • Mellor posto na Liga: 13º (2ªB tempada 2008-09)

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
desde 78-79 Rexional
ata 05-06 Rexional
2006/07 Preferente Green Arrow Up.svg
2007/08 Green Arrow Up.svg
2008/09 2ªB 13º Red Arrow Down.svg
2009/10 Red Arrow Down.svg

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]