Saltar ao contido

José Manuel Sande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Manuel Sande García»)
Modelo:BiografíaJosé Manuel Sande
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata

BUSC: sande-garcia-jose-manuel-1972

José Manuel Sande García, nado na Coruña en 1972, é un programador cultural, escritor cinematográfico e político galego.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Hispánica, acadou a Suficiencia Investigadora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e cursou un Mestrado en Teatro e Cine. A comezos de 2006 comezou traballar como persoal laboral no Centro Galego de Artes da Imaxe / Filmoteca de Galicia, na área de programación.

Posúe unha extensa traxectoria como escritor e xestor cultural, activista, docente e programador. Presente en publicacións especializadas e libros colectivos coas relacións entre arte-política ou cine-literatura como eixes, investigou sobre documental e a historia do cine español.

Foi guionista e produtor asociado do filme Arraianos e interveu en proxectos de investigación académicos co cine como motor. Xurado en máis de vinte festivais cinematográficos, ten participado asiduamente en comisións de subvencións e bolsas a profesionais.

Poñente galego no Foro de Culturas Ibéricas organizado pola Universidade de Oxford (2012), é membro da Asociación Española de Historiadores del Cine, asemade ten sido un dos fundadores de iniciativas de dinamización sociocultural como Galiza Ano Cero, o blog Acto de Primavera e a revista Luzes, de cuxo consello de redacción formou parte.

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

En 2015 pasou formar parte da corporación municipal da Coruña como membro das listas da Marea Atlántica. Foi designado Concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento logo do nomeamento de Xulio Ferreiro como alcalde.

Declaración de bens, Boletín Oficial de las Cortes Generales, 26/7/2019.

En marzo de 2017 foi investigado como responsábel de que o Concello utilizara un cartel deseñado por Alberto Guitián para as festas do entroido, que a Asociación de Viúvas de Lugo consideraba unha ofensa ao sentimento relixioso.[1] A finais de maio dese mesmo ano o xulgado de instrución número 3 da Coruña decidiu arquivar a causa.[2]

En xullo de 2020 foi un dos asinantes dunha "Carta aberta á REDE da Marea Atlántica" que sinalaba que na organización "non houbo autocrítica despois das eleccións municipais de 2019"[3]

O dez de febreiro de 2023 José Manuel Sande anuncia que será o cabeza de lista de Unidas Podemos para a alcaldía da Coruña nas eleccións municipais do 28 de maio de 2023.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]