Casitérides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Europa segundo Estrabón coa localización das Casitérides.

Casitérides é o nome co que os gregos antigos denominaron os centros produtores de estaño (kassiteros) situados no Extremo Occidente. Plinio o Vello na súa Historia Natural[1] sinala que o primeiro grego que accedeu ás Casitérides foi Midácrito, personaxe do que non sabemos nada máis. Crese que os fenicios xa coñecían a ruta do estaño ou das Casitérides, unhas rutas que os cartaxineses manterían oculta até a época romana, pola súa importancia. A súa localización exacta non está clara, aínda que é moi probable que o topónimo se fose desprazando cara ó norte, desde Galicia á Bretaña Francesa e de aquí a Gran Bretaña, conforme ían sendo descubertos novos centros extractores de estaño.

O coñecemento dos xeógrafos antigos[editar | editar a fonte]

Heródoto (430 a.C.) xa chegara a coñecer algo sobre estas illas. Autores como Posidonio, Diodoro Siculo, Estrabón e outros defínenas como pequenas illas ó longo da costa nordés de Hispania nas que existían xacementos de estaño e, segundo Estrabón[2], tamén de chumbo. Segundo unha pasaxe de Diodoro o seu nome proviña da proximidade destas coa zona noroccidental de Hispania. Estas illas son nomeadas tamén por Tolomeo e Dionisio Periexeta: o primeiro refírese a 10 illotes na área noroccidental, lonxe das costas e que están dispostas de maneira simbólica en forma de anel; o segundo noméaas en relación coas illas Hespérides.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Plinio el Viejo, Historia Natural VII,197
  2. [Estrabón, Geografía, III.5.11, las llama "islas en el mar opuesto al norte de Hispania” y dos veces hace un excurso para enumerarlas separadamente de la Britania. (Geografía, II.5.30; III.5.11).]