Sociedades Económicas de Amigos do País

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campomanes, impulsor das SEAP, por Francisco Bayeu (1777).

As Sociedades Económicas de Amigos do País (SEAP) son entidades que xurdiron en España e noutros países, como Irlanda e Suíza, a partir da segunda metade do século XVIII no marco das ideas da Ilustración.

As Sociedades Económicas naceron nos círculos culturais como organismos non estatais que tiñan como fin promover o desenvolvemento de España, estudando a situación económica de cada unha das provincias e buscando solucións aos problemas que nelas houbera. Encargáronse de impulsar a agricultura, o comercio e a industria, e de traducir e publicar as obras estranxeiras que apoiaban as ideas da fisiocracia e o liberalismo.

Moitas persoas, os pensadores liberais e os chamados afrancesados (administradores e pensadores influídos pola chegada da dinastía dos Borbóns, e despois termo despectivo para referirse aos partidarios da ocupación de España por Napoleón), percibiron que España tardaba en desenvolver a súa potencia económica. Lamentaban a falta de industria e a baixa produtividade, e buscaron difundir os avances e o pensamento da Ilustración.

As Sociedades Económicas contaban con licenza real para se constituíren e reuniren, e na súa fundación interviron os sectores máis dinámicos da sociedade: importantes figuras da nobreza e fidalguía e numerosos cargos públicos, da Igrexa, do mundo dos negocios e os artesáns. A primeira en constituírse foi a Sociedade Bascongada de Amigos do País, fundada polo conde de Peñaflorida en 1765.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira Sociedade Económica que se constituíu en España foi a Real Sociedade Bascongada de Amigos do País, fundada polo conde de Peñaflorida en 1765; dez anos despois constitúese, a iniciativa de Campomanes,[1] a Real Sociedad Económica de Madrid.[2]

A primeira en Galicia, e única que perdurou até o día de hoxe, foi a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, promovida por Antonio Páramo e Somoza, Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, Luís Marcelino Pereira, Benito Gil Lemus e Antonio Gil Lemus que lle presentaron ao Consello de Castela, o 13 de decembro de 1783, unha petición co obxectivo de que se lles concedese a licenza para establecer en Santiago unha Sociedade Patriótica de Amigos do País, baixo o título de Sociedade Económica do Reino de Galicia, e o 24 de decembro de 1783 o rei Carlos III expide a Real Cédula pola que aproba a constitución da Sociedade Económica de Santiago e non do Reino de Galicia (como se solicitara) por considerar que se podían fundar outras en Galicia, como así aconteceu, aínda que tiveron pouca duración, polo que a de Santiago é a única que existe hoxe en Galicia. Os fundadores da Sociedade remitíronlle á súa vez un oficio ao alcalde de Santiago, Pedro María de Cisneros, conde de Ximonde, o 2 de xaneiro de 1784, no que solicitaban que se lles proporcionase a peza suficiente para poder celebrar nela as súas xuntas, e que apoiase o establecemento da nova Sociedade.[3]

As mulleres non conseguiron ser aceptadas ata 1787 nas Reais Sociedades Económicas, e as intelectuais deste período eran denominadas despectivamente bachilleras.[4] [5] Entre elas Josefa Amar y Borbón que pertenceu á Real Sociedad Económica Aragonesa e á Junta de Damas de Honor y Mérito, Mari Carrillo da Sociedade Económica de Santiago de Compostela[4] e María Reguera, quen non foi admitida na Real Sociedade de Lugo, pero realizou a lectura dun discurso na defensa da educación en 1788.[5]

A principios do século XIX xa funcionaban 63 sociedades nas principais cidades de España e Indias.

Do mesmo modo que na Península, formáronse outras Sociedades de igual tipo nos territorios coloniais da América hispana como Chile,[6] Nova Granada [7] Guatemala, Cuba,[8] Porto Rico, Ecuador, México, Perú, Panamá e Venezuela. Nestes lugares, a misión de fomentar a industria chocaba cos ditames do mercantilismo, que enfatizaba a primacía da industria da metrópole: as colonias deberían comprar os produtos manufacturados en España. Ademais, na cultura máis conservadora da América española, a misión de propagar a Ilustración encontrou un camiño máis difícil, e a censura oficial.

Porén, certos membros das Sociedades atrevéronse a traer varios libros prohibidos desde Europa, incluso da mesma España onde, por exemplo, podíase comprar a Enciclopedia de Diderot, lbros que se compartiron entre os membros das Sociedades.

Certo é que que varias das Sociedades de América nunca foron máis que o proxecto dalgún aristócrata afeccionado, ou unha imitación dunha novidade metropolitana. Pero, con todo, varias Sociedades destacaron nas súas actividades, publicando ensaios sobre novos desenvolvementos no mundo agropecuario, avogando polo libre comercio (cando os comerciantes españois metropolitanos conservaban o seu monopolio). A de Antigua, Guatemala foi pechada varias veces por orde do Intendente, por actividades supostamente políticas. E a da Habana aínda existe hoxe en día.[8] De maneira que se pode ver no traballo destas Sociedades un antecedente importante do proxecto de emancipación que naceu despois do cativerio en Francia do rei Fernando en 1810.

En España, e no novo mundo, as Sociedades foron berces de novas formas de sociabilidade onde os seus membros se reunían en público para debater os temas do día. Nestas reunións participaban persoas de distintas clases sociais. As Sociedades adoitaban organizarse formalmente, conservando rexistros das actividades de cada reunión, elixindo persoeiros (presidente, secretario etc.) para as funcións oficiais do grupo.

Distintas Sociedades Económicas[editar | editar a fonte]

  • Economic Society of Friends de Dublín, fundada en 1762
  • Wirtschaftliche Gesellschaft von Freunden de Berna, fundada en 1762
  • Real Sociedad Bascongada de Amigos del País, fundada en 1765 [9]
  • Real Sociedad Tudelana de los Deseosos del Bien Público, fundada en 1773 [10]
  • Sociedad Económica Sevillana de Amigos del País, fundada en 1775
  • Real Sociedad Económica Matritense de Amigos del País, fundada en 1775 [11]
  • Real Sociedad Económica de Amigos del País de Vera (Almería), fundada en 1775
  • Real Sociedad Económica Aragonesa de Amigos del País, fundada en 1776
  • Real Sociedad Económica de Amigos del País de Las Palmas de Gran Canaria, fundada en 1776 [12]
  • Real Sociedad Económica de Amigos del País de Valencia, fundada en 1776 [13]
  • Real Sociedad Económica de Amigos del País de Tenerife, fundada en La Laguna (Tenerife) en 1777
  • Sociedad de Amigos del País del Reino de Mallorca, fundada en 1778
  • Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Provincia de Segovia, fundada en 1780[14]
  • Real Sociedad Económica de Amigos del País de Sanlúcar de Barrameda, fundada en 1781 [15]
  • Real Sociedad Económica de Amigos del País de Manila, fundada en 1781
  • Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Jaca y sus Montañas, fundada 1783, separándose da Aragonesa.[16]
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Valladolid, fundada en 1783
  • Sociedad Económica de Cosecheros del País de La Rioja, fundada en 1783
  • Real Sociedad Patriótica de la muy Ilustre Villa de Puerto Real, fundada en 1783 [15]
Real Cédula de S.M. en que se aprueban los estatutos de la Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. 1787.
  • Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, fundada en 1784
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Santa Cruz de Mompox, fundada en 1784
  • Real Sociedad Caritativo Económica de la villa de Alaejos, fundada en 1785
  • Real Sociedad Económica de la Ciudad de Medina-Sidonia, fundada en 1786 [15]
  • Real Sociedad Patriótica de la muy Noble y muy Leal Ciudad de Jerez de la Frontera, fundada en 1786 [15]
  • Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad y Reino de Jaén, fundada en 1786 [17]
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Cuba, fundada en 1787
  • Real Sociedad Patriótica de la muy Noble y muy Leal Ciudad y Gran Puerto de Santa María, fundada en 1788 [15]
  • Real Sociedad Patriótica de la muy Ilustre Villa de Alcalá de los Gazules, fundada en 1788[15]
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Málaga, fundada en 1789
  • Sociedad Académica de Amantes del País de Lima, fundada en 1790
  • Real Sociedad Económica de Amigos del País de Vejer de la Frontera, fundada en 1791 [15]
  • Sociedad Económica Amigos del País de La Habana, fundada en 1792
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Quito, fundada en 1792
  • Real Sociedad Económica de Amantes de la Patria de Guatemala, fundada en 1795 e refundada en 1966
  • Sociedad Económica de Amigos del País de México, fundada en 1799
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Santa Fé (Bogotá), baixo o nome de Sociedad Patriótica de Amigos del País, fundada en 1801
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Cartagena de Indias, fundada en 1812
  • Real Sociedad Económica de Amigos del País de Porto Rico, fundada en 1813
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Chile, fundada en 1813
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Cádiz, fundada en 1814 [15]
  • Real Sociedad Económica de Amigos del País de Badajoz, fundada en 1816 [18]
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Chiapas, fundada en 1819
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Lima, fundada en 1822
  • Societat Econòmica Barcelonesa D'Amics del Pais, fundada en 1822 [19]
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Guayaquil, fundada en 1825
  • Real Sociedad Económica de Amigos del País de Cartagena, fundada en 1833 [20]
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Teruel, solicitou a súa creación en 1803, pero por falta de membros non puido formarse até 1834
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Caracas, fundada en 1829
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Matanzas (Cuba), fundada en 1830
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Panamá, fundada en 1834
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Santa Marta, fundada en 1835
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Liébana, fundada en 1839
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Valencia (Venezuela), fundada en 1841
  • Sociedad de Amigos del País de Los Ángeles (Estados Unidos de América), fundada e disolta en 1844 [21]
  • Sociedad Económica de Amigos del País de Colombia, fundada en 1956 en Bogotá, conta con varios capítulos noutras cidades colombianas.[22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pedro R. Campomanes. Discurso sobre el fomento de la industria popular e Discurso sobre la educación poular de los artesanos, ed. John Reeder, Instituto de Estudios Fiscales, Ministerio de Hacienda, 1975, ISBN 84-7196-140-7
  2. Olegario Negrín Fajardo, Educación popular en la España de la segunda mitad del siglo XVIII, UNED, Madrid, 1987, ISBN 84-362-2264-4
  3. "RSEAP de Santiago. A Institución". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2012. Consultado o 09 de maio de 2012. 
  4. 4,0 4,1 Lires, María Mercedes Álvarez (2007). "As mulleres galegas, sabias e laboriosas, na obra de Sarmiento (1695-1772)". Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobas da península: actas VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Barcelona, 28 ó 31 de maio de 2003, Vol. 2, 2007 (CD-ROM: Comunicacións), ISBN 978-84-8485-266-7, págs. 457-470 (Ediciós do Castro): 457–470. ISBN 978-84-8485-266-7. 
  5. 5,0 5,1 "María Reguera | Álbum de mulleres | culturagalega.org". culturagalega.gal. Consultado o 2022-01-06. 
  6. Aurora de Chile
  7. Sociedad Económica de Amigos del País. Colombia Arquivado 08 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. (Colombia),
  8. 8,0 8,1 "Guaracabuya". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2012. Consultado o 09 de maio de 2012. 
  9. Bascongada
  10. Universidad de Navarra. Cátedra de Patrimonio y Arte Navarro
  11. "Real Sociedad Económica Matritense de Amigos del País". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  12. RSEAPGC
  13. Real Sociedad Económica de Amigos del País de Valencia
  14. "Real Sociedad Económica de los Amigos del País de la Provincia de Segovia". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2004. Consultado o 09 de maio de 2012. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 15,7 Franco Rubio, Gloria A. (2002). "Hacia una re-construcción de la sociabilidad ilustrada: las Sociedades gaditanas de Amigos del País" (PDF) (Cuadernos de Historia Moderna Anejos ed.). Madrid, España: Universidad Complutense. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14/12/2011. Consultado o 29/5/2012. 
  16. "GEA. Real Sociedad Económica de Jaca y sus Montañas". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2012. Consultado o 09 de maio de 2012. 
  17. Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad y reino de Jaén
  18. Real Sociedad Económica Extremeña de Amigos del País
  19. SEBAP
  20. "Fundación Universitaria Isidoriana. Real Sociedad Económica de Cartagena". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2015. Consultado o 07 de setembro de 2018. 
  21. Ríos-Bustamante, Antonio (1991): Los Ángeles, pueblo y región, 1781-1850: continuidad y adaptaciónen la periferia del norte mexicano. México: Instituto Nacional de Antropología e Historia, p. 205. ISBN 968-29-3486-9.
  22. "Sociedad Económica de Amigos del País". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2012. Consultado o 09 de maio de 2012.