Saltar ao contido

Grande-Terre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGrande-Terre
Imaxe

Localización
Mapa
 16°19′03″N 61°25′43″O / 16.3175, -61.428611111111
EstadoFrancia
RexiónsGuadalupe Editar o valor en Wikidata
CapitalPointe-à-Pitre Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación197.000 (2006) Editar o valor en Wikidata (308,29 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie639 km² Editar o valor en Wikidata
Medición35,1 (ancho) × 39,9 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude130 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

As Illas Petite Terre aparecen a 10 km ao sueste da illa de Grande-Terre. Grande-Terre foi chamado así en contraste con estas dúas pequenas illas.

Grande-Terre (francés: île de Grande-Terre ou île de la Grande-Terre) é a segunda das dúas maiores illas do departamento de ultramar francés de Guadalupe. Malia que o seu nome significa literalmente en francés "Terra Grande" é menor que Basse-Terre. Isto débese a que o seu nome foi dado en contraste coas moito máis pequenas illas Petite Terre (Illas "Terra Pequena"), dúas pequenas illas situadas a uns 10 km ao sueste da Grande-Terre. Está separada da súa irmá máis vella, Basse-Terre, por unha estreita canle chamada Rivière Salée.

Características

[editar | editar a fonte]

A illa ten unha superficie de 586´68 km². No censo de 2006 a poboación de Grande-Terre era 197 603 habitantes que viven en 10 comunas (municipios). A densidade de poboación era de 337 habitantes por km². As comunas máis poboadas son, en orde descendente da poboación, Les Abymes (parte da área urbana de Pointe-à-Pitre), Le Gosier (parte da zona urbana de Pointe-à-Pitre), Pointe-à-Pitre (parte da zona urbana de Pointe-à-Pitre), Le Moule, Sainte-Anne e Morne-à-l'Eau.

Grande-Terre está rodeado de arrecifes de coral e a propia illa é unha meseta de pedra calcaria. A súa superficie é unha serie de outeiros, praias de area branca e cantís. As praias da illa compóñense de dous tipos de areas, brancas e negras, así como as praias de area dourada. Das dúas illas, Grande-Terre é o fogar da maioría das granxas e centros turísticos de guadalupe.

Pointe de la Grande Vigie, en Grande-Terre, é o punto máis setentrional de Guadalupe. Ao leste atópase La Désirade, e ao sur Marie-Galante

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Panorama da Pointe da Grande Vigie no norte de Grande-Terre, Guadalupe

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]