Les Saintes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Les Saintes
Vista do arquipélago
Situación
País Francia
Departamento de ultramarGuadalupe
ArquipélagoAntillas Menores
MarMar Caribe
Coordenadas15°51.40′N 61°36.35′O / 15.85667, -61.60583Coordenadas: 15°51.40′N 61°36.35′O / 15.85667, -61.60583
Xeografía
Superficie14´30 km²
Punto máis alto309 m. Morne du Chameau
Demografía
CapitalFond-du-Curé
Poboación2 619 hab. (2016)
Densidade183´15 hab./km²
Lingua propiaFrancés, Crioulo antillano

As Îles des Saintes (en galego Illas dos Santos) ou tamén chamadas simplemente Les Saintes son un grupo de illas situadas no mar Caribe que pertencen ao Departamento de Ultramar francés de Guadalupe, estando localizadas ao suroeste desta última, e pertencen xeograficamente ás pequenas antillas, ocupando unha superficie aproximada de 14´3 km² e cunha poboación estimada en 2016 en 2.619 habitantes.

As Illas recibiron o nome de "Illa dos Santos" (traducido logo ao Francés Îles des Saintes) do navegante Cristovo Colón posto que arribou alí o 1 de novembro de 1493, chegando os primeiros colonizadores franceses en 1648, estes últimos disputaron o seu control cos Británicos, estando baixo o definitivo control francés a partir de 1816.

Administrativamente esta divida en dúas comunas: Terre-de-Bas de 6.8 km² con 1.053 habitantes, e Terre-de-Haut de 6.0 km² con 1.566 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Les Saintes é un arquipélago volcánico totalmente rodeado por arrecifes pouco profundos. Xurdiu a partir do recente cinto volcánico das Antillas Menores da época do Plioceno . Componse de rochas aparecidas no Terciario entre fai 4´7 a 2 millóns de anos.[1] Por procedencia, éra unha única illa que os terremotos tectónicos e volcánicos separaron para crear un arquipélago debido á zona de subducción entre a placa de América do Sur, a placa de América do Norte e a placa do Caribe.

Les Saintes componse de dúas illas habitadas moi montañosas, a illa Terre-de-Haut e a illa Terre-de-Bas, con outros sete illotes deshabitados:

A superficie total é de 12´80 km². O arquipélago ten aproximadamente 22 km de costa e o seu outeiro máis alto, Chameau ("Camelo"), alcanza aproximadamente 309 m.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]