Bandeira de Guadalupe
Aparencia
| Bandeira de Guadalupe | |
|---|---|
| Características | |
| Uso | |
| Proporción | 1:2 |
| Adopción | 30 de maio de 1990 |
| Cores | Azul Branco Vermello |
A bandeira de Guadalupe, un departamento de ultramar francés é a bandeira tricolor de Francia.

Existe unha bandeira, de uso non oficial que é un estandarte no que figuran os elementos do escudo de armas de Pointe-à-Pitre, unha das cidades máis importantes da illa, como símbolo que representa a toda a illa. Consiste nun pano de cor negra (en ocasións vermello) no que aparece representado o sol de cor dourada, acompañado por unha cana de azucre verde. Na parte superior figura unha franxa horizontal de cor azul que contén tres flores de lis.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]- Bandeira de Guadalupe. Uso non oficial.
- Bandeira non oficial. Variante vermella.
- Bandeira non oficial proposta pola UPLG.