Saint-Barthélemy
Coordenadas: 17°54′N 62°50′O / 17.900, -62.833
San Bartolomé - Saint-Barthélemy | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Localización | |||||
Datos | |||||
Capital | Gustavia | ||||
País | Francia | ||||
Linguas | |||||
Poboación (2007) | 8.450 hab. | ||||
Superficie | 21 km² | ||||
Densidade | |||||
Coordenadas | 17°54′N 62°50′O / 17.900, -62.833 | ||||
Maior Altura |
Saint-Barthélemy é unha illa do mar Caribe situada a 175 km ao norte do arquipélago de Guadalupe. Administrativamente é unha colectividade territorial de Francia. A súa superficie é de 21 km² e a súa poboación de 8.450 habitantes (2007), que gaña o seu sustento fundamentalmente dos servizos turísticos.
Historia[editar | editar a fonte]
Os indios caribes chamábana Ouanalao. Na segunda viaxe de Cristóbal Colón chegou a ela, e deulle o nome do seu irmán, Bartolomé. O capitán francés Lonvilliers de Poincy ocupou a illa en 1648 e entre 1651 e 1665 foi propiedade da Orde de Malta. Máis tarde chegaron os primeiros colonos, principalmente normandos e bretóns. O clima seco e a xeografía rochosa non permitiron o cultivo da cana de azucre como noutras illas caribeñas, polo que non houbo un ingreso masivo de escravos. Si, en cambio, serviu de base para incursións piratas.
Foi posesión francesa desde aquel entón, coa excepción de case un século de dominio sueco entre 1785 e 1877, o que se reflicte no nome da súa principal localidade, Gustavia, chamada así en homenaxe a Gustavo III de Suecia. Gustavia foi convertida polos suecos en porto libre, o que asegurou a prosperidade da illa no século XIX. Os franceses cederan a illa a cambio de dereitos portuarios en Gotemburgo; recuperárona o 10 de agosto de 1877 mediante o pago de 80.000 francos.
O 6 de decembro de 2003 os seus habitantes votaron por converterse nun territorio separado de Guadalupe, xunto á parte francesa de San Martiño. O 22 de febreiro do 2007 a Illa de Saint-Barthélemy, xunto coa Parte Francesa da Illa de San Martiño convertéronse en Colectividade Territorial, segregándose do Departamento de Ultramar de Guadalupe
Comunicacións[editar | editar a fonte]
Dispón dun pequeno aeroporto ao que chegan voos chárter e aeroliñas rexionais (código IATA SBN).
O porto de Gustavia admite iates e outras embarcacións de pequeno calado.
|
|