La Désirade
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Francia | |||
Rexións | Guadalupe | |||
Comuna | La Désirade | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 21,42 km² | |||
Bañado por | Mar Caribe | |||
Altitude | 276 m | |||
Creación | 1933 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 97127 | |||
Fuso horario | ||||
A Désirade ou A Desexada é unha illa do Caribe pertencente á rexión francesa de ultramar e departamento de Guadalupe, nas Antillas Menores.
Ten unha superficie de 21,42 km² e unha poboación de 1.465 habitantes en 2016, cunha densidade de poboación de 68 habitantes por km² nese mesmo ano. A maioría dos residentes vive no asentamento de Beauséjour.
A illa foi bautizada por Cristovo Colón en 1493, ao desembarcar nela durante o seu segunda viaxe a América.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa está localizada ao redor de 8 quilómetros da costa de Grande-Terre, a metade oriental da illa de Guadalupe. As súas coordenadas son 16°18′N 61°4′O / 16.300, -61.067. A Désirade ten unha lonxitude de 11 quilómetros e un ancho de 2 quilómetros. O interior da illa está formada por unha meseta central.[1] Ten unha superficie de 20´64 km² e unha poboación de 1.510 no ano 2013, cunha densidad de poboación de 70 hab. por km² en 2013. A maioría dos residentes viven no asentamento de Beausejour (anteriormente coñecido como Grande-Anse).
Administración
[editar | editar a fonte]Administrativamente, a illa da Désirade é parte da comuna (municipalidade) de La Désirade que tamén inclúe as illas de Petite Terre (actualmente deshabitadas).
Principais asentamentos
[editar | editar a fonte]Beauséjour
[editar | editar a fonte]O principal asentamento na illa é a vila de Beauséjour, que ten unha oficina de correos, unha biblioteca, varias tendas de comestibles e restaurantes, tamén a igrexa da comunidade, que é famosa polo seu altar tallado en madeira de pereira cultivadas localmente. A praza central do pobo chámase ‘La Place du Maire mendiant’ (praza do alcalde mendigo), en memoria dunha amada figura local. O 'Maire mendiant' foi o alcumo dado a un exalcalde, Joseph Daney de Marcillac, que, logo dun terrible incendio que destruíra a maior parte da poboación en 1922, foi de porta en porta en Guadalupe pedindo fondos e materiais de construción co fin de reconstruír as dúas escolas primarias da localidade.[2]
Preto da praza, pódese atopar unha estatua do abolicionista francés Victor Schoelcher, como tamén un monumento en memoria dos pescadores que perderon a vida no mar e o concello, construído no estilo do arquitecto Ali Tur.
Anse de Galets
[editar | editar a fonte]Esta pequena baía está situado no extremo occidental da illa, fronte á Pointe des châteaux. Proporcionou o punto de partida para a colonización da illa, esta cala era tamén o fogar de todos os que se exiliaron no século XVIII.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Atopáronse evidencias arqueolóxicas amerindias desde o século III ao XVI.[4] La Désirade foi descuberta en 1493 por Cristovo Colón na súa segunda viaxe. A illa despois converteuse nun refuxio de piratas. Aínda máis tarde, converteuse no sitio dun lazareto de leprosos que finalmente pechou en 1958. O extremo occidental da illa utilizouse como lugar de desterro para os delincuentes de Grande-Terre e dalgúns nobres metropolitanos.
Tybalt Rosembraise naceu na Illa Désirade en 1798.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sullivan, Lynne M. Martinique, Guadeloupe, Dominica & St. Lucia, Hunter Publishing Inc., ISBN 1-55650-857-3, p. 345
- ↑ http://www.guadeloupe-fr.com/magazinedestinationguadeloupe/article=25771/
- ↑ Gwadloup Natures, Desirade Natures, ISSN 1627-0142.
- ↑ "Les dépendances". Guadeloupe Government webpage. Guadeloupe Government webpage. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 9 de abril de 2013.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Désirade |