Foz: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m →Poboación: corrixo problema de visualización en Modelo:Hab info |
||
Liña 141: | Liña 141: | ||
</timeline><center><small>Fonte: [http://www.ine.es/intercensal/intercensal.do?search=3&codigoProvincia=27&codigoMunicipio=19&btnBuscarCod=Consultar+selecci%F3n&L=1 INE Archivo]</small></center></center> |
</timeline><center><small>Fonte: [http://www.ine.es/intercensal/intercensal.do?search=3&codigoProvincia=27&codigoMunicipio=19&btnBuscarCod=Consultar+selecci%F3n&L=1 INE Archivo]</small></center></center> |
||
{{Hab info|6.514|7.824|8.216|8.795|9.619|9.970|9.968|9.978|9.966}} |
{{Hab info|6.514|7.824|8.216|8.795|9.619|9.970|9.968|9.978|9.966|||}} |
||
== Economía == |
== Economía == |
Revisión como estaba o 25 de febreiro de 2017 ás 17:05
Coordenadas: 43°33′N 7°18′O / 43.550, -7.300
Foz | |
---|---|
Vista de Foz. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | focego - focense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca da Mariña Central |
Poboación | 9.899 hab. (2014)[2][3] |
Área | 100,3 km²[3] |
Densidade | 98,69 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias[4] |
Política (2015) | |
Alcalde | Javier Jorge Castiñeira (PP) |
Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 3 Outros: FPF 3 |
Eleccións municipais en Foz | |
Uso do galego[5] (2011) | |
Galegofalantes | 67,08% |
Na rede | |
http://www.concellodefoz.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foz (do latín vulgar focem, que en latín literario era faucem 'gorxa, paso estreito, fauces'; un lugar por onde un río desemboca no mar, tamén é un paso estreito entre montañas) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central, sendo a súa cidade máis poboada. Segundo o IGE no 2014 tiña 9.899 habitantes (9.754 no 2006, 9.664 no 2005, 9.619 no 2004, 9.591 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «focego» ou «focense».
Xeografía
Limita cos concellos de Burela, Barreiros Lourenzá, Mondoñedo, Valadouro, Alfoz e Cervo. Está situado na foz do río Masma, de onde lle vén o topónimo.
Na súa costa hai diversos areais, como a praia da Rapadoira, Llas, Peizás, Pampillosa, Arealonga, As Pólas, Os Xuncos e Areoura, todas elas Bandeira Azul da UE. Outras praias do concello son Fondás e a dos Alemáns.
Historia
Existen restos da cultura castrexa nos castros de Fazouro e Pena do Altar. A zona estaba poboada polos ártabros.
Durante o século IX a zona viviu un pulo por mor do establecemento da sé episcopal en San Martiño de Mondoñedo.
Nos inicios da Idade Moderna Foz contaba cun importante peirao e cun dos tres estaleiros máis importantes de Galicia, dedicado especialmente á construción de embarcacións para a captura de baleas.
Patrimonio
- A basílica de San Martiño de Mondoñedo é un templo de orixe prerrománica, sé durante moitos anos do bispado de Mondoñedo, e que se atopa en bo estado de conservación.
- O castro de Fazouro é un poboado castrexo do século II a. C., situado á beira do mar, xunto a Arealonga.
- O pazo do Conde de Fontao, en Santa Cilla.
- O Pazo de Covas, pazo do século XVI no lugar de Trasmonte da parroquia de Nois.
- O Pazo do Lagar, pazo do século XVII no lugar da Ribela, na parroquia de Cangas.
- O Pazo de Vilachá, pazo do século XVII da familia Almuíña, no lugar de Vilachá, na parroquia de Cangas.
Festas de interese
Amais da feira celebrada os martes, destacan as festas da Virxe do Carme (16 de xullo, patroa dos mariñeiros) e de San Lourenzo (10 de agosto). O sábado anterior ao luns de Pentecostés celébrase a romaría do Santo.
Poboación
Censo total 2014 | 9.899 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.219 (12.31 %) |
Entre 15 e 64 anos | 6.361 (64.26 %) |
Maiores de 65 anos | 2.319 (23.43 %) |
Evolución da poboación de Foz Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6.514 | 7.824 | 8.216 | 8.795 | 9.619 | 9.970 | 9.968 | 9.978 | 9.966 | ||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Economía
Foz é unha vila de tradición mariñeira. A fertilidade da comarca permite a existencia de diversas explotacións gandeiras e forestais. Na actualidade unha das principais actividades económicas é o turismo, debido á calidade das diversas praias que hai ao longo da costa.
A continuación se mostra unha táboa onde se reflicte o paro rexistrado segundo sexo, idade e sector da actividade económica.
Sector | # |
---|---|
Agricultura | 35 |
Industria | 62 |
Construción | 115 |
Servizos | 474 |
Sen emprego anterior | 47 |
Total | 733 (349 homes e 384 mulleres) |
Foz na cultura popular
- Pra facer ben a costeira,
- mariñeiriños rinlegos,
- pra botar contas, no porto,
- mariñeiriños focegos.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Foz.
-
Rúa peonil e praza no centro de Foz.
-
Rúa comercial no centro da vila.
-
Castro de Fazouro.
-
Ábsida románica exterior San Martiño.
-
Interior de San Martiño.
Lugares de Foz
Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de Foz.
Parroquias
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Foz".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Estadisticas municipios
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Foz |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |