Cangas, Foz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cangas
Fotos Galicia II 057.jpg
Vista da igrexa parroquial
Concello Foz
Área 9,25 km²
Poboación 850 hab. (2012)
Densidade 91,89 hab./km²
Entidades de poboación 7

San Pedro de Cangas é unha parroquia do concello de Foz, na provincia de Lugo, cunha superficie de 9,25 km². Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2012 tiña 850 habitantes (437 mulleres e 413 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 877 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Cangas está situada no extremo noroccidental do concello de Foz, nunha zona limitada ao Sur pola parroquia de Cordido deste mesmo concello, ao leste pola parroquia de Nois (concello de Foz), ao Norte polo mar Cantábrico e ao oeste polo concello de Burela.

O territorio parroquial sitúase no val inferior do río Moucide, que cruza a parroquia en sentido norte-sur até a súa desembocadura no Cantábrico na zona denominada Riosmar. As maiores altitudes acádanse na zona occidental, no límite con Burela, onde se acadan alturas de até 460 m no denominado Pico do Pelobrinco, nunha zona onde os montes do Buio acadan a zona costeira á altura da praia da Areoura.

Economía[editar | editar a fonte]

Aínda que situada no concello de Foz, a vida socioeconómica da súa poboación está moi ligada á vila de Burela, no concello homónimo, da que dista tan só ao redor 3 quilómetros (8 km da capital municipal de Foz). As tradicionais ocupacións agrogandeiras deron paso nos últimos anos a unha base económica máis diversificada, estando moitos dos seus habitantes empregados no sector terciario (basicamente no comercio e nos equipamentos administrativos existentes nas próximas poboacións de Burela e Foz) ou no sector industrial, principalmente na fábrica de alumina e aluminio que a multinacional Alcoa ten en San Cibrao. Tamén é importante, aínda que cada vez menor, o número dos seus habitantes que está enrolado nos barcos pesqueiros con base no porto de Burela.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Foz.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cangas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cangas no concello de Foz (Lugo)

As Abelairas | Alamparte | As Lagas | A Ribela | Vilachá | Vilamor | Vilasindre

Parroquias de Foz[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Foz

Cangas (San Pedro) | Cordido (San Xiao) | Fazouro (Santiago) | Foz (Santiago) | Nois (San Xiao) | San Martiño de Mondoñedo (San Martiño) | Santa Cilla do Valadouro (Santa Cilla) | Santo Acisclo do Valadouro (Santo Acisclo) | Vilaronte (San Xoán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]