Saltar ao contido

Verona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVerona
Verona (it)
Veròna (vec) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°26′19″N 10°59′34″L / 45.4386, 10.9928
PaísItalia
RexiónVéneto
ProvinciasProvincia de Verona Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación255.588 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.284,88 hab./km²)
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie198,92 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Adige Editar o valor en Wikidata
Altitude59 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creaciónc. 550 a. C. Editar o valor en Wikidata
Santo padrónZenão de Verona (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataDamiano Tommasi (2022–sen valor) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoVerona city council (en) Traducir Circunscrición: sen valor, (Escano: 36) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal37100 e 37121–37142 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico045 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT023091 Editar o valor en Wikidata
Código catastral italianoL781 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Serpukhov (pt) Traducir
Corfú
Zintan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 32+
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data2000 (24ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador797

Sitio webcomune.verona.it Editar o valor en Wikidata
BNE: XX456530

Verona é unha moi antiga cidade italiana, sita na rexión de Venecia (chaira do Po), na beiras do río Adige, e a uns 30 km do lago de Garda.

Fundada no século I a.C., a histórica cidade de Verona coñeceu un período de expansión nos séculos XIII e XIV e so a República de Venecia. Conserva un gran número de notábeis monumentos da Antigüidade, da época medieval e do Renacemento.

Plano con localización dos principais monumentos.

Época romana

[editar | editar a fonte]

Suponse que foi unha cidade celta, mais as primeiras referencias datan do século IV a.C.

Converteuse nun importante centro político e comercial durante o período romano. Verona posúe a colección de vestixios romanos máis rica de toda a Italia setentrional. Xustamente é famosa polo seu anfiteatro romano (ver Arena de Verona), denominado a Arena, con forma e usos que lembran o Coliseo de Roma. A súa Ponte della Pietra (Ponte de Pedra) sobreviviu intacto até a segunda guerra mundial (foi reconstruído completamente coas pedras caídas no río).

A Arena nun gravado de Enea Vico

A Arena é na actualidade un importante teatro lírico. Foi construído cara a metade do século I d.C., nun sitio que, naquela altura, estaba situado extramuros da cidade

Os xogos, ludi en latín, aquí celebrados tiñan grande sona, de xeito que acudían a Verona espectadores de bastante lonxe para desfroitalos. O anfiteatro podía acoller máis de 30.000 persoas. O espectáculo máis demandado era a loita de gladiadores. A fachada era orixinariamente de calcaria branca e rosa, proveniente de Valpolicella, mais ao longo da Idade Media, foi utilizada como unha canteira, que fornecía materiais de construción para outras edificacións. Esta utilización durou até o pasado século XX. Como consecuencia, a maior parte do muro exterior do anfiteatro desapareceu, mais as ás que fican aínda permíntennos facermos unha idea do aspecto e das dimensións do edificio.

Hai aínda outros monumentos romanos, como o teatro construído no século I a.C., e restaurado no século XVIII, grazas a Andrea Monga, un rico veronés, que mercou todas a casas que foran edificadas no mesmo teatro, facéndoas derrubar para salvar o monumento.

O arco de Gavio, dedicado á importante familia romana dos Gavios, foi erguido no século I, sendo famoso por ter gravado o nome do arquitecto, Lucio Vitruvio Cordo, o que era unha rareza na arquitectura da época. Derrocado polas tropas napoleónicas en 1805, foi reconstruído en 1932.

Nas proximidades do anterior está a Porta dei Borsari, unha porta arcada no final da rúa Corso Porta Borsari. Corresponde á fachada dun porta das murallas romanas. Ten unha inscrición datada no 245 d.C., na que se cita a cidade co nome de Colonia Verona Augusta. Era atravesada pola Via Sacra. Na actualidade atópase aliñada con varios pazos (palazzi) do Renacemento.

Foi sede dun ducado durante a época longobarda.

Relixiosos

[editar | editar a fonte]

A catedral de Santa Maria Matricolare iniciada en 1187, reúne elementos románicos e góticos. É famosa polo seu Pórtico de Nicolò, así como pola pintura "Asunsión da Virxe", obra de Tiziano.

A Basílica de San Zenón considérase unha das grandes obras da arquitectura románica. O edificio actual é o terceiro que se edificou neste mesmo sitio, sendo levantado entre 1123-1135, xusto encima do santuario, datado no século IV, do patrón da cidade de Verona, San Zenón (en italiano San Zeno), morto en 380. A espléndida fachada domina a praza sita endiante, e está flanqueada pola torre das campás, de 72 metros de altura, citada por Dante (Divina Comedia, Purgatorio, canto 18). A grande rosácea desa fachada está decorada como unha Roda da Fortuna. Os linteis sobre do pórtico mostran relevos dos meses do ano. Cada lateral da portada está decorado con dezoito paneis de baixo-relevos con escenas bíblicas. As portas internas, de bronce, posúen tamén paneis con escenas bíblicas e relevos historiados con pasaxes da vida de San Zenón. O significado dalgunhas das escenas é hoxe ignorado, pero a forza do seu estilo, un tanto primitivo, permanece e revela o influxo da arte otoniana.
O interior do templo divídese entre a igrexa inferior, que ocupa 2/3 da estrutura, e a igrexa superior, que cobre o 1/3 restante. As paredes van decoradas con frescos dos séculos XII e XIV. O teito da nave é un magnífico exemplo de cuberta a maneira de casco de barco. Dentro da igrexa está o sepulcro do rei italiano Pipino (777-810). A cripta, abovedada, contén a tumba de San Zenón e doutros santos. No lado norte da igrexa sitúase un magnífico claustro. Na igrexa ha algunhas obras do célebre pintor renacentista Andrea Mantegna.

A pequena Basilica de San Lourenzo é unha das máis belas e importantes da cidade. Data de arredor de 1177, e foi erguida sobre unha igrexa paleocristiá, da que fican aínda restos. Como en San Zenón, utilizouse na construción fiadas alternantes de ladrillo e pedra. Posúe dúas torres, con escaleiras en espiral, que conducen até a chamada "galería das mulleres". O interior ten unha atmosfera severa, pero ao tempo é silenciosa e tranquila.

Santa Maria Antica (Sta. María a Antiga) é unha grande igrexa románica, que era a parroquial do clan dos Scaligeri, varios dos membros do cal están aquín sepultados. Xusto na entrada está a tumba de Cangrande I (m. 1329). A base forma o poche e encima figura un canopeo gótico con perfil de tellado en pirámide; a estatua ecuestre dese "señor da guerra" coroa o conxunto. Encima da cerca da igrexa están as tumbas de Mastino II e Cansignorio, con espléndidos pináculos góticos. Tumbas máis sinxelas acollen outros familiares no interior, como as de Mastino I, Bartolomeo (m. 1304) e Giovanni (m. 1359).

Sant'Anastasia, construída entre 1290-1481, polos frades dominicos, e unha igrexa grande, capaz de albergar as masas de fieis que acudían a escoitar os seus sermóns. É un exemplo das igrexas góticas do Norte de Italia. O pórtico conserva frescos e relevos do século XV, con escenas da vida de San Pedro Mártir. A fachada, porén, ficou inacabada. No interior a Capela Pellegrini acolle o famoso fresco de "San Xorxe e a Princesa de Trebisonda", cuxo autor foi Pisanello, así como a non menos famosa sepultura de Wilhelm von Bibra, primixeniamente embutida no chan, e que foi colocada na parede en 1804.

A igrexa de San Fermo Maggiore foi comezada en 1065 polos monxes beneditinos, e foi completadas no ano 1138. A fachada contén á vez elementos románicos e góticos. .

Castelvechio

Monumentos da Idade Moderna

[editar | editar a fonte]

Palazzo Bevilacqua. Hai dous pazos da familia Bevilacqua. O máis importante é o situado no Corso Cavour. Encarregado ao célebre arquitecto veronés Michele Sammicheli, en torno a 1530. É un dos pazos máis suntuosos da cidade. Ten albergado as obras do conde Marco Bevilacqua, que comprende obras, entre outras, do artista veronés Orbetto, e do, máis famoso, Tintoretto.

O Palazzo Canossa é outro pazo privado veronés e unha obra mestra arquitectónica. Foi edificado para a familia dos marqueseses Di Canossa polo arquitecto Michele Sammicheli, no 1527, tamén no Corso Cavour, cerca do Arco dei Gavi e do Castelvecchi. É de claro estilo maneirista. Non presenta a súa entrada directamente á rúa, senón que está algo retirada, cun magnífico pórtico.

Prazas da cidade

[editar | editar a fonte]

A Piazza Bra é a máis importante de Verona, é unha das maiores de Europa, arrodeada de varios espléndidos pazos aristocráticos, sendo numerosos os bares e restaurantes emprazados nela e proximidades. No medio da praza érguese a estatua impoñente de Vittorio Emanuele II, rei de Italia. Entre os sonados monumentos radicados na praza salientan a Arena, O Pazo Municipal ou palazzo Barbieri, dito así polo nome do arquitecto que o planeou e máis a Gran Guardia Vecchia, antigo depósito de armas austríaco, agora sede de exposicións e conferencias. A Via Mazzini une esta praza coa dell'Erbe.

A Piazza dell'Erbe (Praza das herbas), foi o mercado tradicional de verduras e froitas e segue como de mercado tradicional. Na actualidade é tamén unha praza para mostras de pintores. Cerca dela érguese a torre dei Lamberti.

Vista panorámica da cidade desde Castel San Pietro

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]