Premio Sakharov

O Premio Sakharov para a Liberdade de Pensamento, máis coñecido sinxelamente como Premio Sakharov, honra a persoas ou organizacións que dedicaron as súas vidas ou accións á defensa dos dereitos humanos e a liberdade de pensamento.[1] Nomeado en homenaxe do científico e disidente soviético Andrei Sakharov, foi estabelecido en 1988 polo Parlamento Europeo.[1] Cada ano, a Comisión de Asuntos Exteriores e a Comisión de Desenvolvemento do Parlamento Europeo elaboran unha lista de candidatos. Os eurodeputados que conforman esas comisións elaboran unha lista de preseleccionados en setembro,[2] Despois diso, a elección final outórgaselle á Conferencia de Presidentes do Parlamento Europeo (Presidente e líderes dos grupos políticos) e o nome do galardoado anúnciase a finais de outubro. O premio é entregado nunha cerimonia do hemiciclo do Parlamento de Estrasburgo en decembro.[3][4] O galardón inclúe un premio en metálico de 50 000 euros.[3]
O primeiro premio foi entregado de forma conxunta ó surafricano Nelson Mandela e ó ruso Anatoly Marchenko. O premio de 1990 foille concedido a Aung San Suu Kyi, mais non puido recollelo até o ano 2013 por mor do seu encarceramento político en Myanmar.[5] O premio tamén lle foi entregado a organizacións, sendo a primeira as Nais de Praza de Maio arxentinas no ano 1992. Cinco dos galardoados Sakharov foron posteriormente premiados co Premio Nobel da Paz: Nelson Mandela, Aung San Suu Kyi, Malala Yousafzai, Denis Mukwege e Nadia Murad.[6]
Razan Zaitouneh (2011) foi secuestrada en 2013 e aínda segue desaparecida.[7] Nasrin Sotoudeh (2012) foi liberada da cadea en setembro de 2013,[8] mais aínda ten prohibido abandonar Irán, igual que o seu compañeiro galardoado en 2012 Jafar Panahi.[9] O premio de 2017 foille concedido á Oposición de Venezuela, co boicot de Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica.[10][11]
Galardoados[editar | editar a fonte]




Ano | Galardoado | Nationalidade | Notas | Referencia |
---|---|---|---|---|
1988 | Nelson Mandela | ![]() |
Activista anti-apartheid, posteriormente presidente de Suráfrica. | [12] |
Anatoly Marchenko (póstumo) | ![]() |
Disidente, autor e activista soviético polos dereitos humanos. | [12] | |
1989 | Alexander Dubček | ![]() |
Político eslocavo e impulsor da Primavera de Praga. | [12] |
1990 | Aung San Suu Kyi | ![]() |
Política opositora e antiga secretaria xeral da Liga Nacional para a Democracia. | [13] |
1991 | Adem Demaçi | ![]() |
Político kosovar e prisioneiro político. | [12] |
1992 | Nais de Praza de Maio | ![]() |
Asociación de nais arxentinas cuxos fillos desapareceron durante a Guerra Sucia. | [13] |
1993 | Oslobođenje | ![]() |
Xornal que defende Bosnia e Hercegovina como un estado multiétnico. | [13] |
1994 | Taslima Nasrin | ![]() |
Doutora e autora feminista. | [13] |
1995 | Leyla Zana | ![]() |
Escritora e política kurda encarcerada durante 15 anos por ser membro do PKK. | [12] |
1996 | Wei Jingsheng | ![]() |
Activista do movemento democrático da China. | [13] |
1997 | Salima Ghezali | ![]() |
Xornalista, escritora e activista polos dereitos da muller e a democracia en Alxeria. | [13] |
1998 | Ibrahim Rugova | ![]() |
Político e primeiro Presidente de Kosovo. | [12] |
1999 | Xanana Gusmão | ![]() |
Antigo militante e o primeiro presidente de Timor Leste. | [14] |
2000 | ¡Basta Ya! | ![]() |
Organización que uniu a individuos de diversas posicións políticas contra o terrorismo. | [15] |
2001 | Nurit Peled-Elhanan | ![]() |
Activista pola paz. | [12] |
Izzat Ghazzawi | ![]() |
Profesor e escritor palestino. | ||
Zacarias Kamwenho | ![]() |
Arcebispo e activista pola paz. | ||
2002 | Oswaldo Payá | ![]() |
Activista político e disidente. | [16] |
2003 | Kofi Annan | ![]() |
Premio Nobel da Paz e sétimo secretario xeral das Nacións Unidas. | [12] |
Nacións Unidas | (Internacional) | |||
2004 | Asociación Belarusa de Xornalistas | ![]() |
Organización non gobernamental que quere "garantir a liberdade de expresión e os dereitos de recibir e distribuir información e promover estándares profesionais de xornalismo". | [17] |
2005 | Damas de Branco | ![]() |
Movemento de oposición, familiares de disidentes encarcerados. | [18] |
Reporteiros Sen Fronteiras | (Internacional) | Organización non gobernamental que loita pola liberdade de prensa. | [18] | |
Hauwa Ibrahim | ![]() |
Avogada polos dereitos humanos. | [18] | |
2006 | Alaksandar Milinkievič | ![]() |
Político escollido polas Forzas Democráticas Unidas de Belarús como candidato conxunto da oposición nas eleccións presidenciais de 2006. | [19] |
2007 | Salih Mahmoud Osman | ![]() |
Activista defensor dos dereitos humanos. | [13] |
2008 | Hu Jia | ![]() |
Activista e disidente político. | [20] |
2009 | Memorial | ![]() |
Sociedade histórica a prol dos dereitos civís. | [21] |
2010 | Guillermo Fariñas | ![]() |
Doutor, xornalista e disidente político. | [22] |
2011 | Asmaa Mahfouz | ![]() |
Cinco representantes do pobo árabe, en recoñecemento do seu apoio á liberdade e ós dereitos humanos. | [23] |
Ahmed al-Senussi | ![]() | |||
Razan Zaitouneh | ![]() | |||
Ali Farzat | ||||
Mohamed Bouazizi (póstumo) | ![]() | |||
2012 | Jafar Panahi | ![]() |
Activistas iranianos, Sotoudeh é unha avogada e Panahi é director de cinema. | [24][25] |
Nasrin Sotoudeh | ||||
2013 | Malala Yousafzai | ![]() |
Activista dos dereitos civís das mulleres e da educación | [26] |
2014 | Denis Mukwege | ![]() |
Xinecólogo que trata as vítimas de violación en grupo. | [27] |
2015 | Raif Badawi | ![]() |
Escritor e activista saudita, e o creador da páxina web Free Saudi Liberals. | [28] |
2016 | Nadia Murad | ![]() |
Refuxiadas iézidis perseguidas polo Estado Islámico. | [29] |
Lamiya Aji Bashar | ||||
2017 | Oposición de Venezuela | ![]() |
Os membros da Asemblea Nacional do país (Juan Requesens, Julio Borges e outros) e tódolos prisioneiros políticos segundo o Foro Penal Venezolano representados por Leopoldo López, Antonio Ledezma, Daniel Ceballos, Yon Goicoechea, Lorent Saleh, Alfredo Ramos e Andrea González. | [30] |
2018 | Oleg Sentsov | ![]() |
Director de cinema, símbolo da loita pola liberación dos presos políticos detidos en Rusia e en todo o mundo. | [31] |
2019 | Ilham Tohti | ![]() |
Economista, estudoso e activista polos dereitos humanos uigur | [32] |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 BBC News, ed. (23 de decembro de 1986). "1986: Sakharov comes in from the cold". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2010. Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ "Sakharov Prize 2018: three finalists selected", News—European Parliament, 10 de setembro 2018
- ↑ 3,0 3,1 Parlamento Europeo (ed.). "Sakharov Prize". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ "Sakharov Prize 2018: three finalists selected", News—European Parliament, 10 de setembro de 2018.
- ↑ Cook, Annabel (22 de outubro de 2013). Financial Times, ed. "Aung San Suu Kyi collects Sakharov prize 23 years on". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ Boshnaq, Mona; Chan, Sewell; Dremeaux, Lillie; Karasz, Palko; Kruhly, Madeleine. The New York Times, ed. "Nobel Peace Prize Winners Throughout History". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2017. Consultado o 19 de xullo de 2019.
- ↑ "Razan Zaitouneh". European Parliament. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ European Parliament (ed.). "Nasrin Sotoudeh". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ "Jafar Panahi". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ Schreuer, Milan (26 de outubro de 2017). The New York Times, ed. "Venezuelan Opposition Receives E.U.’s Sakharov Freedom Prize" (en inglés). ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 31 de outubro de 2017.
- ↑ "Left to boycott politicised Sakharov Prize ceremony - GUE/NGL - Another Europe is possible". www.guengl.eu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2018. Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 12,7 European Parliament, ed. (28 de outubro de 2008). "20 years of the Sakharov Prize: Human rights and reconciliation". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2010.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 13,6 Reporteiros Sen Fronteiras, ed. (15 de maio de 2009). "Sakharov Network calls for immediate release of Aung San Suu Kyi, Sakharov Prize laureate 1990". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 23 de outubro de 2010.
- ↑ BBC News, ed. (15 de decembro de 1999). "Gusmão receives EU Sakharov prize". Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ "Basque group wins peace prize". BBC News. 26 de outubro de 2000. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2007. Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ BBC News, ed. (17 de decembro de 2002). "Cuban dissident collects EU prize". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2004. Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ European Parliament, ed. (9 de novembro de 2004). "The Belarusian Association of Journalists - 2004, Belarus". Consultado o 18 de febreiro de 2015.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 Gibbs, Stephen (14 de decembro de 2005). BBC News, ed. "Cuba 'bars women from prize trip'". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2006. Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ BBC News, ed. (26 de outubro de 2006). "Belarussian takes EU rights award". Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ BBC News, ed. (17 de decembro de 2008). "China dissident wins rights prize". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2008. Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ BBC News, ed. (22 de outubro de 2009). "Russia rights group wins EU prize". Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ BBC News, ed. (21 de outubro de 2010). "Cuba dissident Farinas awarded Sakharov Prize by EU". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2010. Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ European Parliament (ed.). "Sakharov Prize for Freedom of Thought 2011". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2011. Consultado o 27 de outubro de 2011.
- ↑ Dehghan, Saeed Kamali (26 de outubro de 2012). The Guardian, ed. "Nasrin Sotoudeh and director Jafar Panahi share top human rights prize". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 26 de outubro de 2012.
- ↑ European Parliament (ed.). "Nasrin Sotoudeh and Jafar Panahi – winners of the 2012 Sakharov Prize" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de decembro de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2012.
- ↑ Jordan, Carol (10 de outubro de 2013). CNN, ed. "Malala wins Sakharov Prize for freedom of thought". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 10 de outubro de 2013.
- ↑ BBC News, ed. (21 de outubro de 2014). "DR Congo doctor Denis Mukwege wins Sakharov prize". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2014.
- ↑ The Guardian (ed.). "Raif Badawi wins Sakharov human rights prize". Bruxelas. Associated Press in. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015.
- ↑ BBC News, ed. (27 de outubro de 2016). "Sakharov prize: Yazidi women win EU freedom prize". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2016. Consultado o 27 de outubro de 2016.
- ↑ Parlamento Europeo, ed. (26 de outubro de 2017). "Parliament awards Sakharov Prize 2017 to Democratic Opposition in Venezuela". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ Parlamento Europeo (ed.). "Sakharov Prize 2018 goes to Oleg Sentsov". Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ "Ilham Tohti awarded the 2019 Sakharov Prize". European Parliament. 24 de outubro de 2019. Consultado o 24 de outubro de 2019.