Saltar ao contido

Castro Urdiales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCastro Urdiales
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°23′04″N 3°12′54″O / 43.384444444444, -3.215
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor en Wikidata
CapitalCastro-Urdiales Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación33.225 (2023) Editar o valor en Wikidata (343,52 hab./km²)
Xeografía
Superficie96,72 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Altitude19 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Castro Urdiales (en) Traducir Editar o valor en WikidataIván González Barquín Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39700 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE39020 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcastro-urdiales.net Editar o valor en Wikidata
Vista da praia de Brazomar en Castro Urdiales.

Castro Urdiales é un concello costeiro situado no extremo oriental de Cantabria. No ano 2010 tiña 32.258 habitantes, sendo a terceira maior vila de Cantabria.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello está situado á beira do mar Cantábrico, na Comarca da Costa Oriental. Limita ao leste coa provincia de Biscaia, ao oeste con Liendo e ao sur con Guriezo. Está a 75 km de Santander e a 35 de Bilbao.

Está atravesado polo río Agüera, que desemboca na ría de Oriñón e forma o val de Guriezo, conformando o espazo natural LIC Río Agüera. Outros cursos fluviais secundarios son o Mioño e o Sámano, que desembocan no anterior, e mailo Sabiote, na parte máis oriental.

Malia estar situado na costa, o concello ten diversos cumios, como Pico Cerredo (643 m) ao leste ou Peña de Santullán ao oeste. As maiores altitudes están no límite sur con Biscaia: Pico Betayo (720 m) e Pico Ventoso (731 m).

Litoral de Castro Urdiales.

O concello ten preto de 20 km de litoral. Ten diversos areais, como as praias de Oriñón, Arenillas, Ostende, Brazomar, Dícido (Mioño) ou El Berrón. Tamén hai diversos cabos (Sonabia, Islares, Rebanal, Cotolino, Saltacaballos e Ontón). O río Agüera forma un esteiro na ría de Oriñón.

A rexión conta cun clima atlántico húmido, con frecuentes choivas. A proximidade ao mar provoca unha feble oscilación térmica. Con todo, a temperatura é reducida por mor da corrente do Golfo.

Prehistoria

[editar | editar a fonte]

A zona xa estaba poboada na prehistoria, como mostran as pinturas rupestres atopadas nas covas de La Peña del Cuco, Urdiales, La Lastrilla, La Dársena e no Macizo de Juan Gómez.

Atopáronse poboados castrexos na peña de Santullán,[1] Cotolino,[2] o monte Cueto[3] e a punta do Rebanal[4].

Época romana

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Flaviobriga.

Antes da romanización, xa Plinio o Vello menciona en Naturalis Historia a existencia do Portus Amanus (porto dos Amanos), que forma parte dos Autrigones e do Castrum Vardulies (castro dos várdulos). Neste poboado habitaban os sámanos, que deron nome ao río e o val de Sámano. Porén, Tolomeo di que esa parte da costa pertencía ás terras dos autrigóns, se ben quizais os caristios e mailos autrigóns formasen parte dos várdulos.

Na zona atopouse unha escultura de bronce de 14 cm de altura coñecida como "Neptuno Cántabro", cun golfiño nunha man e o que semella un tridente na outra, quizais representando unha divindade indíxena. Este grupo dedicábase á pesca, agricultura e gandaría. Atopáronse restos de cerámicas de bronce e ferro e restos de trigo, cunchas e excrementos.

No ano 74 estableceuse no territorio a colonia romana de Flaviobriga (cidade de Flavio). Tiña xurisdición sobre nove cidades: Uxama, Segisamunculo, Antecuja, Deóbriga, Vindelia, Salionica, Tritium, Metallum e Viruesca.

Idade Media

[editar | editar a fonte]

Segundo Luitprando, no século X Flaviobriga era a capital dos pobos Amanos, que forman parte dos Autrigóns.

A principal actividade da vila era do sector marítimo: a pesca e maila construción naval nos estaleiros, tanto de naves de pesca (baixura e baleas), comercio e buques para a mariña do reino de Castela.

En 1163 Afonso VIII de Castela concedeu a Castro Urdiales o título de vila mediante o Foro de Logroño. Na época de Fernando III as naves de Castro Urdiales participaron na conquista de Sevilla. Trala conquista de Cádiz por Afonso X, en 1262 veciños da vila participaron na repoboación da cidade.

Igrexa de Santa María de la Asunción e faro do castelo de Santa Ana.

No século XIII construíuse a igrexa de Santa María da Asunción. En 1296 creouse a irmandade da Marina de Castilla, xunto a San Vicente de la Barquera, Santander, Laredo, Bermeo, Getaria, Donostia e Vitoria, co obxectivo de protexer o comercio marítimo. A Irmandade tivo enfrontamentos co reino de Inglaterra, especialmente cos asentados en Baiona.

En 1394 a vila uniuse ao señorío de Biscaia buscando protección, deixándoo en 1471 a través dunha cédula do conde de Haro, Pedro Fernández de Velasco.

Idade Moderna

[editar | editar a fonte]

Trala chegada de Cristovo Colón a América tivo lugar un rexurdimento comercial da vila, dedicándose case en exclusiva á actividade mercantil coas colonias de ultramar e abandonando practicamente o comercio coa Europa Atlántica.

A finais do século XVI descendeu a poboación por mor de varias pestes e os continuos temporais. En 1588 formou parte da Armada Invencible con 15 naves e uns 400 homes baixo mando de Antonio Hurtado de Mendoza.

Idade Contemporánea

[editar | editar a fonte]
Praia de Brazomar en Castro Urdiales.

O 11 de maio de 1813 foi tomada polas tropas napoleónicas franco-italianas do Xeneral Foix. A cidade quedou practicamente destruída, e parte dos defensores conseguiron escapar en buques ingleses[5]. A mediados do século XIX houbo un rexurdimento da vila mercede ás actividades mineiras e á crecente importancia da pesca e as fábricas de conservas de peixe.

Na actualidade é unha vila turística e residencial, sendo o terceiro concello con máis poboación de Cantabria.

Poboación

[editar | editar a fonte]

Ten unha poboación de dereito de máis de 30.000 habitantes, pero non obstante se contamos a poboación de feito este número podería incluso a chegar a dobrarse. En 1996 o concello apenas superaba os 15.000 habitantes dobrando este cantidade en apenas 12 anos.

  1. "Castro de la Peña de Santullán" Arquivado 17 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine., artigo en www.castillos.net (en castelán).
  2. "Castro de Cotolino-Arcisero" Arquivado 14 de outubro de 2008 en Wayback Machine. artigo en www.castillos.net (en castelán).
  3. [https://web.archive.org/web/20080906110912/http://www.castillosnet.org/santander/S-CAS-007.shtml Arquivado 06 de setembro de 2008 en Wayback Machine. "Castro de Monte Cueto" artigo en www.castillos.net (en castelán).
  4. "Castro de Rebanal-Urdiales-Encinar de Allendelagua" Arquivado 07 de setembro de 2008 en Wayback Machine. artigo en www.castillos.net (en castelán).
  5. "Especial 2 de Mayo", artigo en www.1808-1814.org (en castelán).