Saltar ao contido

Ruiloba

Ruiloba
 Nome oficial
    Ruiloba (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
731 (2001) rexistro civil
729 (2002) rexistro civil
767 (2004) rexistro civil
756 (2005) rexistro civil
762 (2006) rexistro civil
743 (2007) rexistro civil
769 (2008) rexistro civil
773 (2009) rexistro civil
790 (2010) rexistro civil
799 (2011) rexistro civil
805 (2012) rexistro civil
790 (2013) rexistro civil
784 (2014) rexistro civil
768 (2015) rexistro civil
765 (2016) rexistro civil
748 (2017) rexistro civil
732 (2018) rexistro civil
740 (2019) rexistro civil
722 (2020) rexistro civil
741 (2021) rexistro civil
759 (2022) rexistro civil
778 (2023) rexistro civil
764 (2024) rexistro civil
769 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   362 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   378 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   15 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   35 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal39527 Editar o valor en Wikidata
Código INE39068 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap345147 Editar o valor en Wikidata
VIAF236984222 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/010x6g0n Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX4422498
Wikidata C:Commons

Ruiloba é un concello situado na comunidade autónoma de Cantabria (España), na comarca da Costa Occidental e partido xudicial de San Vicente de la Barquera. Ten pouca superficie, 15,13 quilómetros cadrados. O seu nome provén de río da Loba, o que delata unha orixe fluvial (v. hidrónimo en toponimia), frecuente en Cantabria. No seu escudo pódese ollar a figura dun lobo.

Limita polo norte co mar Cantábrico, polo oeste co municipio de Comillas e polo sur e leste co de Alfoz de Lloredo.

Localidades

[editar | editar a fonte]

Economía

[editar | editar a fonte]

Actualmente, a actividade económica que emprega practicamente á metade da poboación activa é o sector terciario, movido sobre todo polo turismo, que se beneficia da atracción dos concellos próximos como Santillana del Mar ou Comillas. Con todo, tamén se desenvolven actividades tradicionais como a agropecuaria ou a olería, en talleres do barrio de La Iglesia.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno720740760780800820200020052010201520202025RuilobaEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Administración

[editar | editar a fonte]
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
PartidoVotos %Concelleiros
PSOE 281 51,28 % 4
PP 137 25 % 2
PRC 121 22,08 % 1
  • Alcalde electo: Gregorio Escalante Barreda (PSC-PSOE).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
PartidoVotos %Concelleiros
PSOE 221 39,53 % 3
PRC 144 25,76 % 2
PP 118 21,11 % 2
  • Alcalde electo: Martín Remón Jaúregui (PRC).

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Casa do Concello, no barrio de La Iglesia, capital municipal.
Torre da Igrexa da Asunción.

Non existe neste municipio ningún Ben declarado de Interese Cultural. Poden, non obstante, mencionarse diversos puntos de interese:

En varias aldeas do municipio, como Casasola, Concha ou Pando, poden verse interesantes conxuntos de arquitectura popular propia das Asturias de Santillana, caracterizada por casas en ringleira, con balcóns corridos desde un hastial ata outro, con cantería e cachotería.

Praia de Luaña, entre Cóbreces en Alfoz de Lloredo, e Ruiloba. O arroio da Conchuga, ao fondo, marca o límite; o acantilado que se ve é territorio de Ruiloba.

Ruiloba é un municipio costeiro que linda co mar Cantábrico polo norte. Tres puntas destacan na liña costeira: Miradorio, Las Cornejas e Ruiloba. Ao leste de Miradorio atópase a enseada de Fonfría, onde existe unha piscifactoría. Varios regatos percorren Ruiloba, entre eles o chamado de La Conchuga, que delimita o concello polo leste separándoo de Alfoz de Lloredo, e que desemboca na praia de Luaña, compartida por ambos municipios (aínda que pertence na súa maior parte a Alfoz de Lloredo).

Esta situación permite que se practique a pesca a nivel afeccionado, o marisqueo e a recollida de algas.

No sur o terreo elévase un pouco, alcanzando os 303,6 metros no monte Cotalvio.

É zona de prado, con bosques de eucalipto e piñeiro para a súa explotación industrial. En lugares illados albíscanse carballos ou aciñeiras. Hai árbores destacadas na leira «La Castañera» de La Iglesia (unha aciñeira e un teixo) e na leira «La Casa de San Pedro» de Liandres (outra aciñeira).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]