Bárcena de Cicero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°25′30″N 3°31′16″O / 43.42500, -3.52111

Bárcena de Cicero
Barcena de Cicero Spain.svg
Escudo de Bárcena de Cicero.svg
Localización
Bárcena de Cicero (Cantabria) Mapa.svg
PaísEspaña
Comunidade AutónomaCantabria
ComarcaTrasmiera
Xeografía
Altitude10 msnm
Superficie36,63 km²
Demografía
Poboación3.988 hab. (2010)
Densidade108,87 hab./km²
Outros datos
Código postal39790
AlcaldeGumersindo Ranero Lavín (PRC) (2007)
www.barcenadecicero.es

Bárcena de Cicero é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, localizado na comarca de Trasmiera e pertencente ao Partido Xudicial de Santoña. Está limitado por Escalante, Laredo, Colindres, Voto, Solórzano, Hazas de Cesto e a Baía de Santoña formada pola desembocadura do río Asón, situado na ribeira esquerda deste río. É atravesado pola N-634, a Autovía A-8 e o ferrocarril FEVE Santander-Bilbao.

O municipio está composto por varias localidades, entre os cales se encontra Gama, que é a capital.

Localidades[editar | editar a fonte]

No termo municipal atopamos unha serie de localidades que á súa vez comprenden os chamados barrios. Estas son:

  • Adal, cos barrios de Coz de Monte, La Maza, Primosto e La Sierra.
  • Ambrosero, cos barrios de Casuso, La Escallada, Estián, La Iglesia, Madama, Pendón e San Andrés.
  • Bárcena de Cicero, Bárcena de Cicero, cos barrios de La Bodega, Cornocío, El Cristo, La Cuesta, La Iglesia, Lamadrid, El Manzanal, Palacio e Tuebre.
  • Cicero, cos barrios de El Bao, El Pomar, Carnerizas, La Ermita, La Fragua, Mazuecas, Paderne, Pomares, Rivaplumo, Rueda, San Pelayo, Sollagua e La Vía.
  • Gama, capital do municipio, coas
  • Moncalián, cos barrios de El Pico e La Tejera.
  • Treto, que ten o barrio de La Peña.
  • Vidular.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros documentos que se coñecen sobre este municipio son de 1082 e fan alusión á entrega ao Mosteiro de Puerto de Santoña dun quiñón en "Cesereo" (Cicero) e Kolindres (Colindres). Dous anos máis tarde unha dama chamada Teresa doou ao mesmo mosteiro as súas casas en Cicero e o que a elas pertencía, ademais de outras propiedades que tiña noutros sitios.

En 1136, Afonso VII de León concedeulle franquía á vila de Ambrosero e Afonso VIII de Castela en 1165 cedeulla a Santa María de Puerto. A igrexa de Santo Estevo e o núcleo de poboación que se desenvolveu ao seu redor (Moncalián) pasaron en 1254 a dominio do mosteiro de Santoña. Tamén, Bárcena de Cicero, antes de ser territorio de reguengo, estivo vinculado ao réxime solariego[1] da casa de Agüero.[2]

O concello actual está composto por algúns dos concellos que pertenceron á antiga Junta de Cesto (que á súa vez foi unha das Xuntas do Meiriñado de Trasmiera. Estes concellos foron ao principio de señoríos eclesiásticos e máis tarde foron de reguengo. Cos Reis Católicos, os Concellos integráronse no Correxemento das Catro Vilas da Costa, herdeiro da Irmandade do mesmo nome; as xuntas celebrábanse en Bárcena de Cicero (localidade) ou nos lugares que pertencían ao Correxemento, sempre de forma rotatoria. Este foi un feito de gran importancia que aparece recollido no escudo de armas do municipio, que mostra catro estrelas representantes das Vilas: San Vicente, Santander, Laredo e Castro Urdiales. As ondas mariñas que se ven no escudo simbolizan o carácter mariñeiro deste municipio.

En 1822 formouse o Ayuntamiento de Cicero, que en 1835 tomou o nome de Bárcena de Cicero.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Palacio de Rugama coa igrexa do Carme.

Todo o municipio é expoñente de arquitectura nobiliaria e fidalga de Cantabria. O conxunto urbano repartido entre os seus barrios é tamén mostra da arquitectura popular.

Cinco son os bens de interese cultural, con categoría de monumento, deste municipio:

  • Palacio e Capela de Rugama (casona de “El Carmen”), en Bárcena de Cicero, Bárcena de Cicero, cerca de Gama.[3] Trátase dun palacio levantado para Lorenzo de Rugama a mediados do século XVIII, composto por unha casa-torre e unha capela-panteón dedicada á Virxe do Carme.
  • Caserío de José de Mazarredo, (casona do marqués de mazarredo), en Gama. Consiste nunha enorme casa de pedra de area cun monumental escudo do apelido mazarredo, levantada a finais do século XVI.
  • Palacio de La Colina, que fora do mariño Juan Antonio de la Colina Rasines e que mantivo moitos anos o nome da familia de Colina y Llamosa, até pasar para mans da familia Portilla, actuais propietarios do sitio.
  • Portalada do Barrio do Cristo, na localidade de Bárcena de Cicero.
  • Palacio de Cerecedo, en Adal, Treto.

Ademais, son bens inventariados o palacio de Arredondo, que está moi cerca do Palacio de Rugama e a casa barroca no cruceiro do barrio de Gama, solar da familia Llamosa. A casa Indiana de Manuel y Francisco de la Llamosa, hoxe casa do concello, así como o antigo campo da feira que se atopa en terras doadas para o seu propio pobo por Don Francisco de la Llamosa y Fernández.

Economía[editar | editar a fonte]

Desde antigo, a economía deste municipio baseouse na agricultura e gandaría, así como a pesca e a caza.

En tempos modernos instalouse a fábrica FEMSA, polo que os artesáns abandonaron o seu oficio tradicional para traballar nesta industria e nos seus talleres. Tamén se fixo a construción do Polígono Industrial de Ambrosero. Outros postos de traballo creáronse en empresas de servizos.

Un 13,5 % da poboación do municipio emprégase no sector primario, un 14,4 % na construción, un 27,7 na industria e un 44,4 % no sector terciario. A taxa de actividade é do 54,7 % e a taxa de paro é do 11,7 %, cando a media en Cantabria está en 52,5 % e 14,2 % respectivamente.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2007
2.040 2.138 2.423 2.569 2.799 3.058 2.787 2.698 2.417 2.334 2.334 3.407

Fonte: INE

Administración[editar | editar a fonte]

Nas seguintes táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003 e 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 792 42,83 % 5
PSOE 553 23,69 % 3
PRC 438 29,91 % 3
  • Alcalde electo: Flavio Veci Rueda (PP).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PP 835 38,62 % 5
PRC 615 28,45 % 3
PSOE 529 24,47 % 3
  • Alcalde electo: Gumersindo Ranero Lavín (PRC).

Escola[editar | editar a fonte]

Arredor de 150 escolares acoden ao centro público de Educación Infantil e Primaria chamado Flavio San Román (en Cicero, barrio de La Ermita).[4]

Biblioteca[editar | editar a fonte]

Existe unha biblioteca pública co nome de Baldomero Fernández Moreno, poeta arxentino de pais cántabros que pasou algúns anos da súa infancia neste municipio, que recorda en La patria desconocida e Aldea española.

Festas[editar | editar a fonte]

  • En Gama é importante a festividade do Corpus Christi.
  • Na ermida situada no barrio de La Vía (de Cicero) celebran o San Antonio o 13 de xuño.
  • En Bárcena de Cicero, celébrase o 29 de xuño o San Pedro, ademais de a Nosa Señora de Gracia o 8 de setembro e o San Pelaio o 26 de xuño.[5]
  • En Ambrosero, a Santa Ana o 26 de xullo.
  • En Moncalián, o Santo Estevo o 3 de agosto.
  • En Adal-Treto, o San Cipriano o 16 de setembro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Foi en principio un réxime moi duro para a xente, de case escravitude. No Foro Vello de Castela ((Lei 1ª, Tít. VII, Lib. I)), descríbese: Esto es fuero de Castiella que a todo solariego puede tomarle el señor el cuerpo e todo cuanto en el mundo ovier .
  2. Libro de las Merindades de Castilla, 1351.
  3. Nalgúns manuais ou libros de turismo dise que pertence a Gama. No diccionario de Cantabria citado na bibliografía sitúao na localidade de Bárcena de Cicero.
  4. Flavio San Román foi un pintor que naceu o 27 de outubro de 1889 no barrio de Paderne, do pobo de Cicero.
  5. Nesta localidade son famosos os bailes con arcos floridos e varas e a actuación do zorromoco, un personaxe tradicional encargado de espantar á chiquillería e de molestar aos danzantes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pedro Arce Díez. Diccionario de Cantabria. Geográfico, histórico, artístico, estadístico y turístico. Editorial Estudio, Santander 2006. ISBN 84-95742-55-1
  • Linares Argüelles, Mariano; Pindado Uslé, Jesús; Aedo Pérez, Carlos. Gran enciclopedia de Cantabria. Editorial Cantabria. 1985. ISBN 84-86420-00-8 (Obra completa). ISBN 84-86420-08-3 (Tomo VIII).