Camaleño
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Camaleño (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 963 (2023) (5,95 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 161,8 km² | ||||
Altitude | 400 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Oscar Casares Alonso (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39587 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39015 | ||||
Páxina web | aytocamaleno.org |
Camaleño é un municipio situado no linde occidental da comunidade Autónoma de Cantabria (España), na comarca de Liébana. Limita polo sur con Vega de Liébana, polo leste con Potes, polo norte e leste con Cillórigo de Liébana, polo noroeste co concello asturiano de Cabrales e polo oeste cos municipios leoneses de Posada de Valdeón e Boca de Huérgano. Atópase no val homónimo, coñecido tamén como Valdebaró.
As actividades económicas principais de Camaleño son a gandaría, a agricultura e tamén o sector servizos, grazas aos visitantes que recibe esta pequena poboación pola súa situación no Parque nacional dos Picos de Europa, ademais da súa gastronomía e a seu patrimonio artístico.
Da actividade gandeira obtéñense os Quesucos de Liébana con Denominación de Orixe, e para a fabricación do augardente lebaniego recóllese o té do porto, nos portos de Áliva (Picos de Europa) a onde se sobe no popular teleférico de Fuente Dé.
Cabe destacar que Camaleño alberga o Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, un dos cinco lugares santos da cristiandade; sendo unha Cidade Santa, por ter o que a tradición católica considera o maior cacho da cruz de Xesucristo.
O patrimonio natural, como xa se comentou, ten como gran protagonista os Picos de Europa, pero o concello tamén é atravesado polo río Deva, que nace no dito macizo montañoso e recolle as augas de varios afluentes ao seu paso por Camaleño.
Localidades
[editar | editar a fonte]- Areños, 53 hab. (2006, INE)
- Argüébanes, 46 hab.
- Bárcena, 18 hab.
- Baró, 12 hab.
- Beares, 4 hab.
- Besoy, 8 hab.
- Bodia, 10 hab.
- Brez, 36 hab.
- Camaleño (Capital), 46 hab.
- Congarna, 15 hab.
- Cosgaya, 47 hab.
- Enterría, 1 hab.
- Espinama, 128 hab.
- La Frecha, 26 hab.
- Fuente Dé, 7 hab.
- Las Ilces, 12 hab.
- Lon, 69 hab.
- Los Llanos, 26 hab.
- Llaves, 29 hab.
- Mieses, Camaleño, 36 hab.
- Mogrovejo, 46 hab.
- La Molina, 18 hab.
- Pembes, 68 hab.
- Pido, 127 hab.
- Quintana, 8 hab.
- Redo, 14 hab.
- San Pelayo, 21 hab.
- Santo Toribio, 3 hab.
- Sebrango, 10 hab.
- Tanarrio, 30 hab.
- Treviño, 10 hab.
- Turieno, 98 hab.
- Vallejo, 6 hab.
Núcleo de poboación
[editar | editar a fonte]Camaleño é tamén o nome da localidade capital do concello. Atópase no río Deva, a unha altitude de 380 msnm. Dista 125 quilómetros de Santander, a capital da comunidade. Celebra a festividade da Virxe do Pilar (o 12 de outubro), cunha feira de gando. Da súa arquitectura destaca a casa dos Gómez de Enterría, onde pode verse un hórreo ben conservado e unha ermida moi rústica.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Tres son os bens de interese cultural deste municipio:
- O Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, en Santo Toribio, con categoría de monumento.
- O lugar de Mogrovejo, con categoría de conxunto histórico.
- A Ruta Lebaniega, que enlaza o Camiño de Santiago da costa co Camiño Francés, con categoría de "outros" e que afecta, ademais de a este municipio, aos de San Vicente de la Barquera, Val de San Vicente, Herrerías, Lamasón, Cillorigo de Liébana, Potes, Cabezón de Liébana e Vega de Liébana.
Demografía
[editar | editar a fonte]1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2.686 | 2.492 | 2.591 | 2.587 | 2.701 | 2.526 | 2.236 | 1.807 | 1.402 | 1.327 | 1.101 | 1.100 |
Fonte: INE
Administración
[editar | editar a fonte]Juan Manuel Guerra García (PRC), é o actual alcalde do municipio. As seguintes táboas amosan os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.
|
|
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camaleño |