Anievas
Coordenadas: 43°12′11″N 04°00′02″O / 43.20306, -4.00056
Anievas | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Val de Anievas | |||
Localización | |||
País | España | ||
Comunidade Autónoma | Cantabria | ||
Comarca | Comarca do Besaya | ||
Xeografía | |||
Altitude | 268 msnm | ||
Superficie | 20,90 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 363 hab. (2010) | ||
Densidade | 17,51 hab./km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 39451 | ||
Alcalde | José Díaz Gómez (PP) (2007) | ||
Páxina de Anievas |
Anievas é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte con Los Corrales de Buelna e San Felices de Buelna, polo oeste e sur con Arenas de Iguña e polo leste con Corvera de Toranzo. Este pequeno municipio, situado no centro xeográfico de Cantabria é un pequeno vale da cunca do río Besaya.
Localidades[editar | editar a fonte]
Os 361 habitantes de Anievas (INE, 2008) distribúense polas seguintes localidades:
- Barriopalacio, 102 hab.
- Calga, 47 hab.
- Cotillo (Capital), 129 hab.
- Villasuso, 83 hab.
Economía[editar | editar a fonte]
A principal actividade económica é a gandaría e a agricultura. Anievas presenta un equilibrio económico entre os sectores económicos, posto que o sector primario emprega o 23,5% da poboación, o secundario o 37,4%, e o terciario o 39,1%.
Festas[editar | editar a fonte]
- 26 de xullo, Santa Ana (Villasuso).
- 5 de agosto, A Virxe das Neves (Cotillo).
- 15 de agosto, A Nosa Señora da Asunción (Barriopalacio).
- 16 de agosto, San Roque (Calga).
Demografía[editar | editar a fonte]
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2005 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
661 | 722 | 705 | 622 | 716 | 663 | 634 | 603 | 499 | 477 | 381 | 381 |
Fonte: INE
Administración[editar | editar a fonte]
José Díaz Gómez (PP) é o actual alcalde dp municipio, tras revalidar o seu cargo nas eleccións municipais de 2007. Nestas táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas no ano 2003 e 2007.
|
|
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Ten dous dos bens de interese cultural de Cantabria. Por un lado, a igrexa de San Andrés en Cotillo, con categoría de Monumento. Por outro lado, é un dos municipios polos que se estende o Conxunto arqueolóxico de Espina del Gallego, Cildá, El Cantón e Campo de Las Cercas canda Corvera de Toranzo, Molledo, Arenas de Iguña, San Felices de Buelna e Puente Viesgo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anievas |